17.9.10

Opinión: Jesús Casais Millán fálalle aos mozos logo de ver a un boirense nun programa de televisión

Escoita "Meu"

Non é de estrañar que a xuventude ande algo desnortada e busque refuxio no avatárico mundo de internet ou na cañeira en que se converteu a televisión. Se a LOXSE (Lei de Ordenación Xeral do Sistema Educativo) conseguiu estragar o xa agonizante sistema de educación, a súa herdeira, a LOE (Lei Orgánica de Educación) veu darlle-la extrema unción, certificando así a morte, por inanición, da Cultura. Isto, sumado á carencia case absoluta de límites por parte dos pais de hoxe, os postmodernos da década dos 80 (os verdadeiros precursores do Carpe Diem e do consumo masivo de fármacos e psicotrópicos) vén dar como resultado unha xeración sen máis valores que os ditados polas series televisivas para adolescentes e as redes sociais de internet.

A día de hoxe, un adolescente estándar prefire entrar no “Gran Hermano” que nunha facultade. Por que? A resposta é máis sinxela do que poida parecer nun principio. O que non sae na “tele” non existe. E se o que sae na “tele” logo se colga en “You Tube” xa é a monda lironda, o cénit da popularidade.

Ti, colega, que naciches mentres derrubaban o muro vergoñento que separaba as dúas Alemañas, (si, colega si, antes habíache dúas) a ti me refiro, a ti para quen Telecinco e Antena 3 son canais “de toda a vida”. A ti que pasas de ideais, a ti che falo, se me escoitas con ese reaggeton tan abrouxante coma efémero co que esmigallas os miolos. Xa sei que non se debe xeneralizar por iso mesmo me refiro a ti, que nin traballas nin estudas, a ti que fagocitas ós teus pais escudándote na súa propia pasividade, a ti que fas do botellón unha forma de vida e pensas que o futuro queda demasiado lonxe coma para comezar a preocuparte hoxe. A ti, que gastas coche tunning subvencionado por un papá que dende que as súas eternas guedellas deron paso a unha crecente calvicie bascula en ti as súas ilusións, o mesmo papaíño que che sufraga as tatuaxes e os piercings que desexou con 18 anos, a ti, que non das pancada...
Quo vadis colega? Onde vas, co teu andar miudiño? Para facercho máis “suave”: Onde vas, triste de ti?

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Entrevista política: Vitoria Rei Mariño, primeira candidata á alcaldía da historia de Dodro


Vitoria Rei, concelleira de Igualdade e Benestar de Dodro, asume a tenencia de alcaldía a partires do mes de outubro, aínda que foi hoxe cando se anunciou o relevo do antigo tenente, Anxo Franco.
Vitoria Rei é licenciada en psicoloxía, con diferentes postgrados en xestión de Servizos Sociais, Políticas de Igualdade e no último ano o de Xestión da Administración Local. Ten experiencia como asesora no goberno da Xunta de Galicia, asi como de coordinadora de equipos de traballo no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Militante nacionalista dende hai vinte
anos, encadrouse nas listas do BNG de Dodro nas últimas eleccións municipais asi como nas listas electorais do BNG ao Parlamento galego.

Como afronta ser a primeira candidata a alcaldia na historia do concello de Dodro?

Co apoio da xente temos a posibilidade de facer historia e ser a primeira alcaldesa no concello de Dodro, pois as nosas nais e avoas a pesar de que traballaron moito e gobernaron nas súas casas non tiveron esta oportunidade. Penso que nesta lexislatura quedou demostrado que a capacidade de xestión non esta vinculada co sexo. O BNG Dodro está totalmente convencido da capacidade das mulleres para liderar proxetos e o bó goberno.

Comeza unha nova etapa?
É a culminación dunha etapa, na cal tiven unha dedicaciòn intensa, dentro das miñas posibilidades, pero a partires de agora a dedicación sera exclusiva para traballar nos proxectos do BNG no concello, moitos iniciados xa polo anterior tenente de alcalde, ao cal temos que agradecerlle a súa adicación e dispoñibilidade.

Como considera que vai levar a tenencia de alcaldia?

Con moita ilusión por poder adicarme plenamente o goberno do concello, sen esquecer a concelleria de Igualdade e Benestar na que sigo mantendo o compromiso e responsabilidade. Esta nova adicación vaime permitir estar no concello e recibir á xente para escoitar os seus problemas e tentar darlle solución na medida das miñas posibilidades para o cal ademais das mañás vou estar unha tarde na casa do concello, así como andar polas aldeas para escoitar os problemas e as demandas da veciñanza.

Que resaltaría do traballo feito ata agora?

O de crear e manter servizos públicos no rural a pesar do goberno Feijóo, que nolo está poñendo moi difícil. Vivir neste concello é un privilexio pois temos unha escola infantil con máis profesionais que a maioria, un centro de dia marabilloso, un servizo de axuda no fogar sen lista de espera ( non como outros concellos) e servicios únicos como a perruquería ou podoloxía a domicilio. A día de hoxe estamos orgullosos de sermos o único concello do país que oferta estes servizos públicos, o que coloca Dodro como un concello líder en toda Galicia.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Opinión: o nacionalista Anxo Franco despídese dos veciños de Dodro como tenente de alcalde


DEICA LOGO, DODRO

Escríbovos hoxe a todos os veciños e veciñas deste concello para despedirme como tenente alcalde. Deixo o meu posto de concelleiro para que outras persoas, con moitas ilusións e gañas continúen a labor do BNG no goberno municipal. Tiven a oportunidade de gobernar o concello onde nacín e vivo, e non hai maior orgullo para unha persoa que contar ca confianza dos seus veciños e veciñas, que vos, libremente, me déchedes hai máis de tres anos.

Neste tempo tomei centos de decisións, algunhas en cuestión de segundos, sen tempo para a reflexión. Seguro que errei varias veces. Por todas elas, as miñas desculpas. En calquera caso deixo o posto orgulloso do meu traballo á fronte do BNG no goberno municipal, xa que se aprecia que, no global, a xestión foi moi positiva, e as decisións máis importantes para o porvir do concello foron, na súa maioría, acertadas, e ás probas me remito. Basta con facer unha radiografía da situación política e social do noso concello antes da entrada do BNG no goberno municipal: O concello de Dodro estaba moitos anos por detrás dos concellos da nosa contorna, había unha parálise administrativa evidente. E, ao mesmo tempo, o goberno municipal estaba ausente e non encontraba solucións, na atualidade, gústelle ou non ao PP, quen gobernan son as persoas que os veciños e veciñas, libremente, elexiron precisamente para iso. E está a dar bos resultados: estamos a ofrecerlle servizos á cidadanía comúns, cando non superiores, aos que se ofertan noutros concellos.

Nas anteriores eleccións municipais propuxémonos gobernar para devolverlle a vida ás aldeas, ofertándolles os servizos necesarios –tamén de ocio e lecer– para incrementar a calidade de vida da veciñanza. Concretando en accións esta estratexia, dende a Concellaría de Cultura e Patrimonio creamos a Rede de Locais Culturais que permita a descentralización da oferta
cultural. Así, abrimos ao público o Local Cultural de Lestrove, a Escola de arriba de Imo e a Escola de Traxeito. E, en breve, tamén disfrutaremos da “Casa do Regadío”. Tamén melloramos o uso da biblioteca e ofertamos unha ampla e diversa oferta cultural: maxia, títeres, concertos, clases de música (gaita, guitarra, música e movemeto, etc.), magosto, entroido, cabalgata de reis, etc., recuperando, na medida do posible e en colaboración con outras asociacións, festas tradicionais.

En canto ao patrimonio, fixemos numerosas rehabilitacións e acondicionamento do seu entorno, a saber: a Eira da Malla en Bexo, os soutos de Manselle, Reboiras, de Vigo e de Revixós, o lavadoiros de Bexo, de Teaio, de Lestrove, de Revixós e de Manselle. Algunhas destas obras ainda non están finalizadas, e ainda queda moito por facer, pero só van alá tres anos.
En definitiva, moitas accións que siguen a estratexia que se marcou o BNG no goberno municipal: devolverlle a vida ás aldeas, con máis servizos, descentralizados, para o que é necesaria a Rede de Locais Culturais, e implicar neste obxectivo ás  asociacións e á veciñanza, porque só ca unión de todos podemos conseguilo. Levar a cabo todo isto non foi fácil. E máis cando se comeza de cero, sen ningunha estructura de traballo de gobernos anteriores e tampouco se dispón dos recursos necesarios para acometer estes proxectos como a un lle gustaría. Pero con moito esforzo e dedicación conseguiuse.
Benqueridos amigos e amigas, nestas datas anuncio a miña dimisión e polo tanto o meu abandono do mundo da política para atender a asuntos persoais e particulares. Deixo, polo tanto, o camiño emprendido a outras persoas con renovadas ilusións e ideas que van a continuar con este proxecto.

Anxo Franco Vidal

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: Vitoria Rei postúlase para a alcaldía en 2011 polo Bng ao asumir a tenencia de alcalde, que deixa Anxo Franco


Vitoria Rei Mariño e Anxo Franco dando a noticia do seu relevo
Dodro, 17 de setembro de 2010
. O BNG de Dodro comunicou hoxe a dimisión de Anxo Franco da tenencia de alcaldía "para atender asuntos persoais e particulares". Vitoria Rei vai ser a substituta, e porén candidata á alcaldía polos nacionalistas nas vindeiras eleccións municipais de maio de 2011.
Anxo Franco fora escollido por primeira vez concelleiro no ano 2007, co que entrou ao goberno municipal trala coalición co Psoe e asumiu a tenencia de alcaldía. Segundo o Bng, Franco "abandona o seu cargo tras unha fructífera xestión no Concello de Dodro. Xa lle comunicara a súa decisión á dirección do BNG local a finais de xuño, polo que dende esa data até o día de hoxe, o BNG aproveitou, con discreción e sixilo, para reorganizarse e asumir o cambio nas mellores condicións posibles".

Vitoria Rei, sempre segundo o Bng, "até agora concelleira moi brillante no goberno municipal á fronte da área de Igualdade e Benestar, asumirá a tenencia de alcaldía e non vai ser unha solución temporal, senón que afronta o momento posta a vista nas
seguintes eleccións municipais, xa que foi elexida, unanimemente, a próxima candidata do BNG".

Na área de Cultura e Patrimonio, que tamén levaba Anxo Franco, o substituto será Abel Tarrío Abuín.

Primeira vez que un partido en Dodro presenta de número 1 a unha muller

Os nacionalistas de Dodro aseguran que será "a primeira vez que unha forza política presenta unha muller no primeiro posto en Dodro. Esta situación demostra que o BNG de Dodro non busca o poder polo poder, nin ocupar o sillón porque si, senón que realmente ten un proxecto, cre nel e quere levalo a cabo dende o goberno municipal, sen intereses particulares, nin partidistas nin apego ao sillón. E é esta filosofía precisamente a base do seu éxito".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a primeira Lan Party será do 8 ao 10 de outubro no pavillón de Coroso

“Uxía.net 1.0” ten apoio do Concello e abre a inscrición o mércores 22 de setembro en http://uxianet.com


Ribeira, 17 de setembro de 2010.– O Concello de Ribeira, a través do seus Departamentos de Xuventude e Turismo e de Cultura e Festexos, vai organizar durante os próximos días 8, 9 e 10 de outubro (de venres a domingo, coincidindo coa ponte do Pilar) a primeira lan party do municipio barbanzano: “Uxíanet 1.0.”, que abrirá as súas portas ás 10 da mañá do venres día 8 e se prolongara ininterrompidamente ata as 10 da noite do domingo 10.

Vicente García e Luciano Fernández, concelleiros de Xuventude e Turismo e de Cultura e Festexos, foron os encargados de presentar este evento, concibido para reunir a un amplo número de persoas interesadas en xogar en rede coas súas computadoras e intercambiar e compartir información. Tamén participou Gustavo Llovo, da empresa PHR Software Factory SL, que se encarga da dirección técnica do acontecemento.

Segundo informou Vicente García, a organización considera seguras a 70 persoas no evento, se ben vai estar preparada para albergar a 100 no recinto de Coroso, ampliable a 150 se fose necesario: algo sumamente improbable por tratarse dunha primeira edición, segundo manifestou Gustavo Llovo. Vicente García tamén mostrou o desexo da Corporación Local de que esta iniciativa sexa un éxito que permita darlle continuidade no futuro: unha pretensión á que se sumou Luciano Fernández, quen aproveitou para convidar a todos os afeccionados da comarca a que participen no evento.

Dúas zonas diferenciadas e programa sen pechar

A lan party constará de dúas zonas diferenciadas. Por unha parte,  propia festa en si, cuxa inscrición poderá facerse a partir do próximo mércores 22 de setembro a través da páxina web específica http://www.uxianet.com, na que se indicará un número de conta para facer o pagamento. O prezo: 20 euros se se abonan de xeito anticipado, mentres que se un se quere anotar na propia party deberá abonar 25 euros na entrada ou 20 se se quere participar unicamente sábado e domingo.

Inscribirse da dereito a acudir ao evento (co seu propio ordenador) e dispor dunha rede interna dun xigaherzio, conexión eléctrica e conexión a internet (cuxas especificacións técnicas aínda non están confirmadas). Os inscritos poderán participar tamén en concursos de modding (o equivalente ao tuning automobilístico), deseño, fotografía ou xogos online, entre outros. 

Por outra parte, haberá unha zona de acceso libre con charlas sobre tecnoloxía e informática, obradoiros de mellora de ordenadores e unha pequena exposición sobre a historia da microinformática. O programa da lan party aínda non está pechado.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Opinión: Tamara Peña fala de ilusións postas en Cuba e desbotadas por uns timadores

TIMO

Vista de La Habana


“Timáronnos! Non vamos a Cuba!". Así me anunciou Natalia o que xa me temía. O malestar logo de ler o xornal e atopar aquel nome de axencia case ilexible nunha noticia de El País confirmouse. Agravouse até extremos case inimaxinables.

Despois de todo un ano recadando cartos para a tan famosa viaxe de Paso de Ecuador, esa que se fai cando se pasa a metade dos anos de licenciatura, e logo de pelexar tanto para que o destino fora o país caribeño, a ilusión albergada durante todo un ano escolar marchou coa mesma rapidez con que escorre a auga polo váter.

Despois, baixamos ao bar, miramos todos os xornais e máis que confirmamos o sabido: Que nos quedamos sen  viaxe, así como soa! A empresa encargada de organizar o noso salto polo charco non pagou unha viaxe anterior á nosa: o que o sentido común preconiza acabará afectándonos.

Malecón de El Morro, onde Che Guevara tiña a súa comandancia


Dunha maneira ou de outra esta viaxe está marcada cunha cruz que non sabemos se é azul ou vermella, é dicir, que ignoramos se se chatou para ben ou para mal. A saber!

Para quen non o saiba, que será a maioría, para recadar cartiños para Cuba organizamos un festival de premios con posterior cea que incluía todo un día de actividades. A todo o tempo que tivemos que estar alí para que o chiringuito non se desnortase cómpre engadirlle a organización e a preocupación que calquera acto desta  magnitude conleva.



O dito: unha morea de traballo tirado pola borda, ou non. Ou quen sabe, porque o peor é que estamos nunha corda frouxa de non saber que facer. Se vamos ir ou se non. Na corda frouxa cunha morea de ilusións ás nosas cóstas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o secretario xeral de UXT, Méndez, e o de Comisións Obreiras, Toxo, estiveron en Jealsa quentando motores para a folga xeral do 29

Nota de UXT:

Cándido Méndez: “Cuando decimos NO a las políticas de ajuste del Gobierno, estamos diciendo SÍ a un futuro mejor”

El Secretario General de UGT, Cándido Méndez, ha afirmado que “las organizaciones sindicales combatimos una reforma laboral que puede agravar la precariedad laboral y puede provocar un aumento del paro. Cuando decimos que NO a las políticas de ajuste del Gobierno estamos diciendo SÍ a un futuro mejor, a que los sacrificios se repartan de manera equilibrada y no única y exclusivamente sobre las espaldas de los que han sido las víctimas de esta situación”.

Cándido Méndez ha realizado estas declaraciones en su visita a la empresa Jealsa de Boiro (A Coruña), donde ha destacado la filosofía de dicha empresa “para obtener beneficios, que no es la del pelotazo, sino que es la de la inversión a largo plazo vinculándose fuertemente al ámbito territorial donde desarrollan su actividad e invirtiendo en tecnología y en buscar elementos de equilibrio en el ámbito de la plantilla”.

El Secretario General de UGT ha recordado que esta huelga es una huelga “cargada de futuro. Es el ejercicio de un derecho constitucional, y con ese derecho digno y respaldado por la Constitución queremos cambiar el signo de los acontecimientos”. “Queremos que se apueste por la inversión productiva, por la innovación, que se reconozca la libertad del trabajo, que se estimule la estabilidad en el empleo y que se protejan los derechos sociales y laborales de las familias españolas, que es por quién hemos convocado la Huelga General”, ha afirmado.

Por ello, Cándido Méndez ha asegurado que “digan lo que digan, conseguiremos cambiar el curso de los acontecimientos. Tendrán que rectificar, tendrán que volver al buen camino, porque sino la población española pasará a un estadio de indignación que provocará ciertos cambios en beneficio del conjunto de la sociedad”.

Nota de Comisións Obreiras:

Toxo: "No hay ninguna huelga perdida, la única batalla que se pierde es aquella que no se libra".

17-09-2010. Los secretarios generales de CCOO y UGT, Ignacio Fernández Toxo y Cándido Méndez, participaron en el Palacio de Congresos de Santiago de Compostela en una asamblea a la que asistieron 1.500 delegados y delegadas sindicales, en la que manifestaron su convencimiento sobre el éxito de la huelga general. Toxo, que intervino por la mañana en una asemblea con trabajadores y trabajadoras de la conservera Jealsa, en Boiro, avanzó que se producirá "una muy importante huelga general que hará rectificar la política del Gobierno".

Toxo, que intervino en gallego en la asamblea de la empresa Jealsa, en Boiro. comenzó su discurso preguntando al auditorio quién está solo. "Estamos en compañía de la inmensa mayoría de la clase obrera", afirmó para animar a una hacer una "movilización imparable. "La clase trabajadora está movilizada y va a haber una huelga muy importante", aseguró.

Asimismo, pidió al Presidente del Gobierno que "haga memoria", pues también se dijo de las anteriores huelgas generales serían una pérdida de tiempo pero provocaron cambios. "No hay ninguna huelga perdida. La única lucha que se pierde es aquella que no se libra", dijo, "y que tenga claro Zapatero que la reforma laboral va a cambiar tarde o temprano o, si no, va a cambiar el Gobierno", avisó.

Toxo afirmó que España "no es un país apático, impotente y resignado". "Si la gente nos sigue, y lo hará, - afirmó - en España no se va a retrasar la edad de jubilación. En este sentido, "la huelga del próximo 29, ha dicho, es también "preventiva", para evitar más recortes, concluyó.

Por su parte, el secretario general de CCOO de Galicia, Xosé Manuel Pérez Aguión, señaló que el precio de la crisis es "un aumento de la pobreza" y criticó una reforma que "carga gravemente contra los derechos fundamentales de los trabajadores". "Hay que dar una respuesta clara y contundente", finalizó.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cinema: "Retornos", do noiés Luís Avilés Baquero, competirá na Seminci de Valladolid en outubro

Noia, 17 de setembro de 2010. A organización da Semana Internacional de Cine de Valladolid, máis coñecida como a Seminci, o festival máis lonxevo de España, xa confirmou na súa programación a presenza da película "Retornos", do director noiés Luís Avilés Baquero, que xa a presentou no prestixioso Festival de Montreal, en Canadá.

A película, rodada en parte en Noia (nas inmediacións de Pontenafonso graváronse esceas centrais da mesma) está producida por Vaca Films, a mesma produtora que apostou pola multipremiada e agora na carreira dos Óscar de Hollywood, Cela 211. Vaise estrear nos cinemas de toda España o 29 de outubro, xusto un dos días nos que se desenvolve a Seminci, que vai este ano do 23 ao 30 de outubro.
 

Argumento

Cóntase a historia de Álvaro, a quen encarna Xabier Estévez, un exiliado do seu pobo natal e cun pasado cheo de erros. Volta á casa, logo de dez anos fóra, para soterrar ao seu recén finado pai, Polo medio, tramas de prostitución en clubs galegos. Xa hai críticos que a consideran unha especie de Twin Peaks á galega, pero nun só episodio.

Relacionada:

Noia: a primeira longametraxe de Luís Avilés Baquero, "Retornos", seleccionada para o Festival Internacional de Cine de Montreal. Máis


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical