17.9.10

Entrevista política: Vitoria Rei Mariño, primeira candidata á alcaldía da historia de Dodro


Vitoria Rei, concelleira de Igualdade e Benestar de Dodro, asume a tenencia de alcaldía a partires do mes de outubro, aínda que foi hoxe cando se anunciou o relevo do antigo tenente, Anxo Franco.
Vitoria Rei é licenciada en psicoloxía, con diferentes postgrados en xestión de Servizos Sociais, Políticas de Igualdade e no último ano o de Xestión da Administración Local. Ten experiencia como asesora no goberno da Xunta de Galicia, asi como de coordinadora de equipos de traballo no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Militante nacionalista dende hai vinte
anos, encadrouse nas listas do BNG de Dodro nas últimas eleccións municipais asi como nas listas electorais do BNG ao Parlamento galego.

Como afronta ser a primeira candidata a alcaldia na historia do concello de Dodro?

Co apoio da xente temos a posibilidade de facer historia e ser a primeira alcaldesa no concello de Dodro, pois as nosas nais e avoas a pesar de que traballaron moito e gobernaron nas súas casas non tiveron esta oportunidade. Penso que nesta lexislatura quedou demostrado que a capacidade de xestión non esta vinculada co sexo. O BNG Dodro está totalmente convencido da capacidade das mulleres para liderar proxetos e o bó goberno.

Comeza unha nova etapa?
É a culminación dunha etapa, na cal tiven unha dedicaciòn intensa, dentro das miñas posibilidades, pero a partires de agora a dedicación sera exclusiva para traballar nos proxectos do BNG no concello, moitos iniciados xa polo anterior tenente de alcalde, ao cal temos que agradecerlle a súa adicación e dispoñibilidade.

Como considera que vai levar a tenencia de alcaldia?

Con moita ilusión por poder adicarme plenamente o goberno do concello, sen esquecer a concelleria de Igualdade e Benestar na que sigo mantendo o compromiso e responsabilidade. Esta nova adicación vaime permitir estar no concello e recibir á xente para escoitar os seus problemas e tentar darlle solución na medida das miñas posibilidades para o cal ademais das mañás vou estar unha tarde na casa do concello, así como andar polas aldeas para escoitar os problemas e as demandas da veciñanza.

Que resaltaría do traballo feito ata agora?

O de crear e manter servizos públicos no rural a pesar do goberno Feijóo, que nolo está poñendo moi difícil. Vivir neste concello é un privilexio pois temos unha escola infantil con máis profesionais que a maioria, un centro de dia marabilloso, un servizo de axuda no fogar sen lista de espera ( non como outros concellos) e servicios únicos como a perruquería ou podoloxía a domicilio. A día de hoxe estamos orgullosos de sermos o único concello do país que oferta estes servizos públicos, o que coloca Dodro como un concello líder en toda Galicia.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical