20.4.10

Fotografía: a foto máis vista hoxe no Flickr de Certo

A saber do que están a falar... Alguén coñece o cirílico? ruso? Case todas as entradas nesta imaxe veñen de http://greenbat.livejournal.com/411382.html?view=11536886

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Entrevista: Jimmy Barnatán, actor, músico y escritor

El 24 podremos verlo en Noia en el San Marcos. Tamara Peña descubre en esta entrevista las diversas facetas de este artista.
http://certo.es/index.php?page=jimmy_barnatan

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: a asociación Francisco Lorenzo organiza unha peregrinación a Santiago para pedir párroco para Aguiño


Cesures, co barco que levará aos peregrinos ribeirenses

Ribeira, 20 de abril de 2010. O vindeiro 5 de xuño un número indeterminado de aguiñenses -hai que irse apuntando- farán o camiño de Santiago polo mar de Arousa para reivindicar -e rezarlle ao Apóstol por el- un novo párroco para Aguiño. A organización, non podía ser doutro xeito, corre a cargo da asociación constituída para honrar ao anterior párroco, Francisco Lorenzo Mariño.

As etapas serán as seguintes:

De Aguiño a Ribeira.
En catamarán de Ribeira a Cesures-Padrón con degustación a bordo, visita a Padrón e obtención da Carta de Pedronía.
De Padrón a pé até Santiago con xantar compartido, Misa na Catedral e regreso en bus.

O prezo será de 15 € para os que se anoten (o total é de 30 € pero a entidade asume o 50% da actividade), e inclúe viaxes, chaleco reflectante e gorra -ambos obxectos serigrafiados-.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Cinema: se es fan da Saga da Guerra das Galaxias, o 21 de maio tes cita en Santiago

Hai tropa de Star Wars abondo en Barbanza e Noia para facer un obradoiro?
Pode ser outro entroido, xa que os disfraces a escoller levan un fío temático, pero son ben diversos! E logo xa os que queiran matar varios paxaros dun tiro, poden cruzar a Porta Santa vestidos de Jedi e gañar o Xacobeo!
Tedes toda a información en http://www.imperialstormtroopers.com

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: novo curso de acceso ao Conservatorio de Música para nenos de 8 a 10 anos

Nas imaxes, de esquerda a dereita, José Fungueiriño, Álvaro López, Juana Ermitas Crugeiras, Susana Martínez e Natalia Rey.

O novo curso, pensado para que os rapaces se preparen para ingresar no conservatorio, comeza mañá coas 20 prazas ofertadas cubertas

Ribeira, 20 de abril de 2010.- O Conservatorio Profesional de Música incorpora este ano unha novidade aos ciclos informativos que alí se imparten: un curso dirixido a nenos e nenas con idades de 8 a 10 anos (cumpridos neste ano) que queiran facer a proba de acceso aos estudos oficiais que, no curso 2010/2011, se impartirán nesas instalacións.

A nova actividade foi presentada hoxe pola concelleira de Educación, Juana Ermitas Crujeiras Vidal, o equipo directivo do Conservatorio (Alvaro López González, director; Natalia Rey Rey, xefa de Estudos; e José Fungueiriño Ramos, secretario), ademais da profesora encargada de impartir o curso, Susana Martínez Lustres.


Piano e saxofón

Juana Ermitas Crugeiras lembrou que neste ciclo 2009/2010 o Conservatorio xa organizou outros dous cursos destinados ao alumnado que xa está estudando nel co fin de que reciban unha formación complementaria a cargo de profesores de gran prestixio. Referíase ao Curso de Piano, Música de Cámara e Composición que tivo lugar na pasada Semana Santa, e que foi impartido polo reputado mestre cubano Andrés Alén, da Escola de Música Creativa de Madrid; e á Aula Galega de Saxofón que se ven desenvolvendo unha vez ao mes, a cargo do profesor Rodrigo Vila, do Conservatorio Superior das Illas Baleares. “Agora damos un paso máis noutra dirección, e por primeira vez imos impartir un curso para nenos e nenas que aínda non están estudando no Conservatorio, pero que teñen intención de facelo”, declarou a edil de Educación.

Segundo informou o seu director Álvaro López, trátase dun curso de carácter gratuíto no que durante seis semanas se traballarán os contidos que van integrar a proba de acceso ao primeiro curso de Grao Elemental: unha proba de carácter obrigatorio que terá lugar a mediados do mes de xuño. Ademais, os alumnos terán unha primeira toma de contacto coas distintas especialidades que se imparten no Conservatorio, ofrecéndolles unhas nocións básicas sobre cada instrumento, co fin de axudalos á hora de seleccionar a especialidade que no futuro inmediato queren estudar.

Seis clases

A mestra Susana Martínez encargouse de afondar nestes puntos, e explicou que cada unha das seis clases constará de dúas partes, a primeira das cales albergaría exercicios que entrarán na proba de acceso ao Conservatorio (tales como altura, duración, intensidade e timbre), mentres que a segunda servirá para que os pequenos coñezan as características e posibilidades de seis instrumentos musicais: violín, clarinete, trompeta, saxofón, violonchelo e frauta.

O curso comezará mañá na Aula 5 do Conservatorio e prolongarase durante todos os mércores en horario de 18.35 a 19.25 horas. A aceptación do mesmo foi tal que se cubriron as 20 prazas ofertadas.


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: a Escola de Música organiza o II Obradoiro Musical e un concerto de clarinetes o sábado 24 de abril

Rianxo, 20 de abril de 2010. A Escola de Música de Rianxo vai realizar o seu II Obradoiro Musical, para nenos/as de 4 a 7 anos, durante os meses de maio a xullo. As xornadas serán os xoves pola tarde. Máis información nas oficinas do auditorio de 10h00 a 13h00 ou no teléfono 671 058 555.

Asemade, este sábado, 24 de abril, terá lugar o terceiro dos concertos do Ciclo de Música de Cámara 2010. Será ás oito da tarde (20:00 horas) no Auditorio de Rianxo. Nesta ocasión haberá oportunidade de escoitar ao Grupo de Clarinetes da Escola de Música de Rianxo.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Deportes: máis de medio milleiro de imaxes da carreira do Corgo, por Xandra&Billa

A Pobra: crítica do libro póstumo "A noite do moucho", de Anxo Rei Ballesteros, o gladiador demónico

Download now or preview on posterous
Protexta 13 Pax 4.pdf (3627 KB)

Vaian á páxina 4 deste Protexta 13 (suplemento literario da revista Tempos Novos).

"Que caste de gladiador demónico era Anxo Rei Ballesteros sábeo pouca xente, o que era popular é que bebía moito", escribe Óscar Iglesias. Paga moito a pena ler a crítica. Agardamos que máis o libro, A noite do Moucho, en Galaxia.

Vía culturagalega.org


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: blog de "Agra do Mar"

Todo se pega. Ata no inconsciente. A famosa frase de Franco "queda inaugurado este pantano" pasou á posteridade. Entón, o 18 de outubro de 2009, quedou "inaugurado este blog".
http://agradomarnoia.blogspot.com/

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Fotografía: panorámica de Noia

MMMhhh, non saíu moi favorecida a Ría, non. Pero é o que hai!
Foto do usuario de flickr JuanFigueras16.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Música: Actuacións no festival "Música contra o decretazo!

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical