25.3.11

Pesca: o Psoe presentará mocións en todos os concellos costeiros para que a Xunta restitúa a pensión das mariscadoras

MOCIÓN MUNICIPAL SOBRE PENSIÓN MARISCADORAS.doc Download this file

Marisol Soneira e José Manuel Lage critican a supresión da axuda ás mariscadoras que non tiveran os 15 anos cotizados para acceder á pensión contributiva

Media_httpfarm5static_uhymf

Noia, 25 de marzo de 11. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, e o parlamentario noiés José Manuel Lage, anunciaron hoxe en Noia a presentación dunha moción para reclamar á Xunta a restitución da pensión ás mariscadoras. Esta moción será presentada en tódolos concellos costeiros que conten con agrupacións de mariscadoras.

Os socialistas reclaman que o Executivo autonómico restitúa “con carácter de urxencia” esta axuda de 557 euros “para as mariscadoras que, cumpridos os 65 anos, necesitan seguir cotizando ao Réxime Especial do Mar para completar o período mínimo que da dereito a unha pensión contributiva da Seguridade Social”.

Os parlamentarios socialistas lembran que esta axuda foi cancelada pola Xunta de Galicia por considerala “un privilexio” para as traballadoras que non teñen o período mínimo cotizado por medio do convenio coa Seguridade Social. 

Os socialistas galegos consideran que “trátase dun dereito para un colectivo de traballadoras que non obtén ningún tipo de ingresos e polo tanto impide o seu acceso a ningún tipo de axuda de subsistencia, como unha pensión non contributiva”.

Sinalan que a obrigatoriedade de cotizar á Seguridade Social para poder acceder a un Pérmex de marisqueo a pé está en vigor dende o ano 2000, o que fixo necesario corrixir as normas e recoñecer a actividade dentro do Réxime Especial do Mar”. Esta data de inicio impide que as mulleres de mais de 50 anos que nunca cotizaran puideran xubilarse aos 65 anos. 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deputación: obras aprobadas para as bisbarras de Barbanza e Noia


Barbanza-Noia, 25 de marzo do 2011. O Pleno da Deputación da Coruña aproba investimentos por importe de 16 millóns de euros nos municipios de provincia na sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de marzo, Entre os asuntos aprobados hoxe figura a 2ª Fase Plan de Cooperación cos Concellos (PCC) 2011, cun orzamento de 1.405.824   euros, que inclúe as seguintes obras:
 

 No Pleno de hoxe aprobáronse investimentos en estradas provinciais por importe de 2,7 millóns de euros, entre as que se inclúen os seguintes proxectos de mellora e ampliación de estradas, construción de sendas peonís e travesías:
 Rianxo: Ensanche e mellora sobre o río Te en a DP 7203 de Taragoña a Pazo no P.K. 1,180 (159.018,82 euros)
 Ribeira: Construción da Glorieta no cruzamento do Vilar na DP 7305 (150.654,92 euros)
 
 
Sendas peonís (426.426,19)
 Boiro: Mellora da seguridade viaria na DP 1105 de Noia a Cabo de Cruz- construción de Sendas peonís desde o P.K. 7,230 ao 7,930 (Moimenta) e do P.K. 11,170 ao 11,980 (Comoxo) (273.983,84 euros).

 Durante o Pleno acordouse ademais o reinvestimento de Remanentes da PAC-2 (anualidade 2011) que inclúe investimentos por importe de 791.520 euros para a realización de obras en 16 concellos. As obras aprobadas son as seguintes:
Boiro: Proxecto de mellora da contorna da Praza de Galicia (61.763,99 euros); Outes: subministración material para o servizo mantemento rede iluminación pública (30.128,82 euros); Ribeira: Reparación iluminación pública rúa Lepanto (34.089,99 euros);
 
Actividades culturais
 O Pleno da Deputación probou ademais investimentos por importe de 324.800 euros para actividades culturais, que se realizarán a través de convenios coas seguintes entidades e institucións:
  Convenio co concello de Porto do Son para financiar o programa de actividades do Centro de Interpretación do Castro de Baroña (30.000 euros).
 Así mesmo, deuse luz verde a un expediente modificativo de créditos por importe de 10.497.321,46 euros, que se destinarán a financiar numerosas actividades, entre as que se atopan varios proxectos de cooperación exterior, accións de apoio á comunidade galega en Hispanoamérica, accións culturais e de dinamización turística e obras en concellos, entre as cales se atopan: 

Concello de Noia: obras de urbanización leira Casa do Calvario(90.287 euros) e Adquisición Casa do Calvario (259.667 euros).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o alcaldable do PP quere implantar Wimax de balde para conectarse á Rede dende as prazas da cidade

Wifi_zone

A lexislación e o tribunal de defensa da competencia non o permiten na maior parte de España, polas reticencias das operadoras de telefonía

Ribeira, 25 de marzo de 2011. O candidato á alcaldía polo Partido Popular, Manuel Ruiz Rivas, quérese comprometer publicamente a instaurar unha rede WIMAX de uso gratuíto nas prazas e espazos públicos do municipio. Así o manifestou en resposta a unha das suxestións recibidas durante o Taller de Ideas que o candidato desenvolveu fai uns días en Santa Uxía.

“Fixen as indagacións oportunas e sei que o actual equipo de Goberno do Concello está dando pasos neste sentido, pero se ao finalizar a lexislatura non é unha realidade, eu me comprometo a poñer en marcha este servizo nos primeiros meses do meu mandato”, expresou.

O sistema WIMAX (acrónimo de Worldwide Interoperability for Microwave Access) proporciona entre outras vantaxes a de poder conectarse a Internet sen necesidade de cables a través de distintos dispositivos: portátiles, PDAs, teléfonos móbiles... Esta tecnoloxía, máis avanzada e segura que o tradicional WIFI, é capaz de soportar centos de usuarios cun gran ancho de banda.

Zonas de sombra

Asemade, a instalación  do sistema WIMAX permitiría acceder á Rede aos internautas de certos lugares que agora mesmo teñen dificultades para conectarse por estar en “zonas de sombra”, como é o caso de certos puntos de Oleiros.

 “Quero que todos os meus veciños estean en igualdade de condicións á hora de disfrutar das vantaxes da Sociedade da Información”, declarou Ruiz Rivas, quen salientou os beneficios de que se poden aproveitar os usuarios, como, por exemplo, o de facer xestións coas Administracións sen ter que desprazarse fisicamente á sede oportuna.

O candidato popular matizou que a posta en práctica deste servizo levará aparelladas as correspondentes medidas de seguridade que eviten un uso delictivo ou fraudulento da rede. Por último, Manuel Ruiz agradeceu á cidadanía as numerosas e interesantes propostas que está a recibir, tanto durante o Taller de Ideas e os seus encontros veciñais nas parroquias como a través da Rede.

Problemas en toda España

A actual lexislación restrictiva en España, con regulamentos aplicados pola Comisión de Telecomunicacións (CMT) non permite unha wimax axeitada. A que se pode poñer sería de moi pouca potencia e limitadísimo ancho de banda, para ver o correo electrónico, ler xornais dixitais e pouco máis. Estamos a falar de velocidades entre 3,7 mbps e 5 mbps como máximo a repartir entre todos os usuarios, cando hoxe un usuario de adsl básico acada os 6 mbps só para el, sen partillalo con ninguén. Hai experiencias como a que propón o candidato á alcaldía polo PP en moitos concellos, e cada unha delas tivo problemas cos Tribunais da Competencia (as operadoras, loxicamente, rexeitan que se dea de balde, ou perden o seu negocio).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: os socialistas denuncian o "afán privatizador" da Xunta ao poñer en mans privadas a diálise do Hospital

62796-PNP Ampliación servizo diálise Hospital Barbanza.pdf Download this file

Para o deputado Lage Tuñas, están a empregar o Hospital da Barbanza "como coelliño de Indias para a privatización e externalización dos servizos dos hospitais comarcais"

-O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista desprazouse hoxe a Ribeira para participar xunto ao candidato socialista á alcaldía, Andrés Fariña, nunha rolda de prensa sobre a situación da sanidade no Barbanza.

Ribeira, 25 de marzo de 2011. O portavoz de Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage e máis o candidato socialista á alcaldía de Ribeira, Andrés Fariña recolleron hoxe a denuncia feita pública onte polo Comité de Empresa do Hospital do Barbanza na que daban conta da visita de técnicos dunha entidade privada para coñecer o funcionamento actual do servizo de diálise do complexo hospitalario asentado en Ribeira.

Lage Tuñas anunciou hoxe o rexistro dunha proposición non e lei no parlamento de Galicia co obxecto de que se amplíe o servizo de diálise do hospital e evitar a súa privatización. ”O Partido Popular está preparando a privatización do servizo de diálise, e non imos a quedar calados." asegurou Andrés Fariña. O deputado socialista dixo-en referencia ao goberno-que“están utilizando o hospital do Barbanza como “coello de indias” para a privatización e externalización dos servizos dos hospitais comarcais ”

Os dirixentes socialistas dixeron que esta decisión do goberno galego presidido por Feijóo “é unha volta ao pasado”, e nese sentido o parlamentario Lage Tuñas recordaba que “a conversión dos hospitais comarcais de Barbanza e Costa da Morte en Fundacións fíxose por parte dun goberno no que o Sr. Núñez Feijóo era o secretario xeral da consellería de Sanidade.”

José Manuel Lage explicaba hoxe que “na actualidade existe un importante número de peticións dos pacientes da zona que teñen que ir a dializarse ao hospital Clínico de Santiago de Compostela, porque non existen prazas actualmente no hospital barbanzano.” “As palabras do Xerente do Hospital do Barbanza certifican que a consellería de Sanidade optará por privatizar o servizo en vez de aumentalo. Neste momento o servizo préstase luns, mércores e venres, e poderíase ampliar a martes, xoves e sábado, no caso de que houbese persoal suficiente no centro hospitalario, e iso é o que pedimos” dixo Lage Tuñas.

“Esta posible privatización prodúcese despois de que o deputado Manuel Ruiz Rivas fixera pública unha reunión que dixo manter coa xerente do Sergas para abordar melloras no hospital”, dixo o candidato socialista Andrés Fariña.

“O afán privatizador do goberno de Feijóo vese na decisión de sufragar os gastos do servizo a través dunha entidade privada e non dotando ao centro hospitalario con máis recursos humanos. Por iso creemos que teñen que rectificar e ampliar o servizo do hospital”, explica José Manuel Lage.

“Esta decisión ractificaría unha vez máis a idea que ten o Partido Popular sobre os servizos de Sanidade, xa que a ven como un negocio e non como un servizo público", opinan os socialistas, que se manifestaron orgullosos de “ter disolto as fundacións que xestionaban os hospitais comarcais, favorecendo a integración do Hospital do Barbanza, como outros comarcais, na rede pública do Sergas” e engadiron que “foi un importante paso dado na pasada lexislatura que agora comeza a verse afectado por unha especie de volta ao pasado polo afán privatizador do goberno que preside Alberto Núñez Feijóo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Bng caulifica como "puro engado á cidadanía" a limpeza anunciada onte por Medio Marino

Subela N.11.pdf Download this file

Media_httpfarm5static_hhysg

Os nacionalistas din que será o futuro goberno local quen teña a última palabra sobre a escolleira

Noia, 25 de marzo de 2011. O Bng emitiu hoxe unha nota de prensa na que volta a criticar a limpeza da Ría de Noia que vai acometer o Estado e cuxa Declaración de Impacto Ambiental aprobada foi anunciada onte. Como é costume, emitimos íntegra a súa nota e colgamos A Subela na que falan do mesmo asunto.

Nota do Bng de Noia:

"Non nos fartaremos de repetir que o proxecto do Ministerio de Medio Ambiente, pretendidamente denominado de rexeneración do esteiro interior da Ría de Noia, é un puro engado para o conxunto da cidadanía. Os promotores do proxecto din que coa eliminación da escollera, os fangos e limos depositados no esteiro vanse diluir, case por arte de maxia, polo efecto natural do arrastre dos ríos que desembocan no mesmo. Totalmente falso, sin a intervención do home, mediante procesos mecánicos, a lama acumulada nas últimas décadas no citado medio non só vai a permanecer nel, senón que co transcurso dos anos, o esteiro acabará colmatándose ata converterse nunha verdadeira canaveira como lle ocurreo ao esteiro do Río Tines na Serra de Outes.

A maiores, a demolición da escollera, vai a condenar de xeito definitivo a posibilidade de que a vila de Noia, volva a recuperar o carácter portuario que non seu día tivo, e que sería posible facelo si se actuase desde os poderes públicos con sensatez e sentido común. Neste aspecto, o BNG leva explicado, desde o mes de setembro do pasado ano cal debía ser a solución a esta cuestión. Plantexamos o que para nós sería a solución dunha nova ordenación do sistema portuario de Noia, co mantemento e conclusión da canle de acceso ao Peirao do Marqués, a súa transformación en barras de atraque, o dragado do propio canal, e a conversión das ribeiras de Labarta e de Barro nunha grande praia urbana.
O BNG aposta decididamente pola proposta mencionada e combateremos o intento de engano promovido polo Ministerio de Medio Ambiente e o Alcalde de Noia, sin deixar de constatar que será o futuro goberno local quen teña a última palabra sobre este asunto".

Non ven en Certo a versión sobre este asunto do PP nin do novo partido escindido deste? Será que non nos coñecen: se son dalgún deses partidos, coméntenlles que Certo publica a todo o mundo. De balde, se son noticias para as comunidades de Barbanza e Noia.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: os escolares axudaron a plantar vinte castiñeiros para festexar o Día da Árbore

Ribeira, Día Internacional da Árbore de 2011. Vinte novos castiñeiros locen dende hoxe no parque natural. Foron plantados entre os máis 300 nenos de 3º e 4º de Primaria que, en compañía dos seus profesores, se achegaron hoxe ás inmediacións do Centro de Interpretación CIELGA, no Vilar, para conmemorar o Día da Árbore nun acto organizado polo Concello de Ribeira. Tamén estivo presente unha representación da Asociación Ámbar.

Este programa de educación e sensibilización ambiental está desenvolvido polas Áreas Municipais de Medio Ambiente e Educación, cuxas titulares, Elvira Pereira e Juana Ermitas Crugeiras participaron activamente no acontecemento, ao igual que o alcalde José Luis Torres Colomer e a directora do parque, África Núñez.

Os nenos chegaron ao complexo en torno ás once da mañá, hora a partir da cal estiveron practicando diversos xogos en contacto coa natureza, coa asistencia de distintos monitores de ocio e tempo libre. 

Contra as doce e medio da mañá foi o momento de plantar os castiñeiros xunto á estrada que da acceso ao CIELGA e a continuación participaron nun xantar ao aire libre. Estaba previsto que a primeira hora da tarde seguisen compartido este momento de espallamento con máis xogos da natureza.

Outro ano publicamos:

Galicia, pioneira mundial en celebrar a Festa da Árbore

Fachada da catedral de Mondoñedo(Vía culturagalega.org)

O Día Forestal Mundial celébrase dende 1971, organizado pola FAO (Food and Agriculture Organization).O estado de Nebraska reivindica aínda que foi primeiro lugar que fixo unha Festa da Árbore. O gobernador deste estado en 1872, Henry Morlon, foi pioneiro en celebrar unha plantación conmemorativa. A súa idea estendeuse logo con rapidez por Estados Unidos e ao longo do século XX chegou a Europa e ao resto do mundo. Foi por entón cando se descubriu que a Morlon se lle adiantara o concello cacereño de Villanueva de la Sierra, que tería iniciado unha celebración semellante en 1805, segundo sostiña Joaquín Costa.

"La fiesta del árbol tiene una gran relevancia en Villanueva de la Sierra. Ya en 1805, época de los vientos libertadores de la Revolución Francesa , son cortados los árboles de raíz por Napoleón Bonarte, emperador que extenderá sus dominios por buena parte del territorio Europeo, y en lo tocante a España, instaurará la monarquía cuyo frente coronará a su hermano José Bonaparte, Pepe Botella para los hispanos.
En Villanueva de la Sierra, un pueblo de la Sierra de Gata, un cura llamado D. Ramón Vacas Roxo , acompañados de los maestros y niños de la Escuela del pueblo, deciden que en la fiesta del martes de Carnaval, plantarán árboles en conmemoración de la Libertad. El sitio escogido será el ejido del pueblo y la arrollada de la Mora, enclaves húmedos en la periferia del caserío, donde son apropiados los álamos por su apetencia a la humedad, buena sombra y rápido crecimiento .De esta decisión se da cuentas a las autoridades, que rápidamente se suman a la idea y son los alcaldes D. Pedro Barquero y D. Andrés Hernández quienes deciden organizar tres días de Fiestas, a los que se suman todo el vecindario, alegrando el ambiente con música de tamboril y regado con buen vino gratis para los asistentes, cono así consta en los archivos municipales, en crónicas de D. Ezequiel Solana.
No será hasta D. Joaquín Costa (1846-1911), notable jurista y político aragonés , principal cabeza del Regeneracionismo, movimiento en la lucha contra el caciquismo imperante, cuando se reinvindique para España, y concretamente para Villanueva de la Sierra, la autoría de la Fiesta del Árbol , basándose en la documentación aportada por el insigne botánico D. Francisco Antonio Fernández Zea, que describe tal celebración en el semanario Agricultura y Arte, con fecha 24 de Octubre de 1804", explican na web municipal deste concello cacereño.


Mondoñedo, berce de Álvaro Cunqueiro


Mais foi Eduardo Lence-Santar y Guitián, cronista oficial de Mondoñedo durante primeira metade do século XX, o investigador que que descubriu que esta cidade creou unha primeira festa da árbore, cunha data que varía segundo a fonte (uns póñena en 1569, outros en 1594).

"Corría el año de 1594 cuando D. Luís de Luaces, Regidor Perpetuo de la Ciudad de Mondoñedo, plantó la arboleda que está al partir de la ciudad, camino de Abadín, donde hay una ermita dedicada a Nosa Señora dos Remedios y dicen en esta tierra que cuando la plantó convocó a los comarcos y a todos los niños y les dio un gran banquete para que quedase en memoria de que él había sido el que había plantado la arboleda, motivo por el cual se celebra la actual fiesta de árbol en muchos lugares de Europa.

Su hija Doña Magdalena Fernández de Luaces Estoa y Miranda, casada con el Almirante D. Gonzalo Méndez de Cancio y Donlebún, gobernador y Capitán General de La Florida, a su regreso a España del continente americano en el año 1604, trae varias arcas con semillas de maiz, planta que se introduce en Europa a través de la siembra en los muchos lugares de Galicia y Asturias de que disponían estas familias. Las dichas arcas las conservan hoy descendientes de estas casas", cóntase na Wikipedia.


Volta da festa
Aínda que se continuou celebrando no tempo a plantación daquel arboredo, a festa tivo interrupcións nos máis de catro séculos que transcorreron desde a súa posta en marcha, e non colleu unha certa continuidade ata comezos do século XX. Foi por aquel entón cando apareceron celebracións semellantes por todo o país. Segundo asegura Francisco Díaz-Fierros no seu libro "A cuestión ambiental en Galicia", o actual formato de festa adoptouse a imitación dunha iniciativa catalá. En 1898 comezou en Barcelona, por proposta de Rafael Puig i Valls, un evento que tentaba promover nas escolas o amor polas árbores mediante plantacións masivas un día sinalado. A idea propagouse rapidamente, ata que en 1914 foi oficializada a nivel estatal. Segundo os datos desta obra, en 1910 fíxose a primeira das festas con este carácter en Galicia, máis concretamente en Tui, por iniciativa do enxeñeiro de montes Rafael Areses. O mesmo ano houbo eventos semellantes en Vigo e en Xunqueira de Ambía. Sen datas concretas, as plantacións celebrábanse normalmente a finais ou a comezos do ano, principalmente por ser a época máis propicia para prenderen as árbores.

O xeito das festas
Consérvase un texto de 1.927 da revista de Acción Social, que amosa que en Mondoñedo esta celebración era todo un acontecemento local e que xa se incorporara ao xeito coetáneo de facer a festa. Segundo ese artigo, o programa daquel ano comprendía un día enteiro. Entre os actos previstos había procesión civil, misa de campaña, banda de música, nenos a entoar o "himno á árbore", merendas, canto e baile tradicional e discursos por parte das principais autoridades civís e militares (ata sete oradores aparecen recollidos entre alcalde, mestres de escola e párrocos entre outros). Como non podía ser menos, o evento incluía a plantación de árbores en conmemoración daqueles que no seu día fincara Luís de Luaces, a cargo dos nenos das escolas locais. En xeral, e polos datos que achega Díaz-Fierros, este esquema repetíase con poucas variacións en todas as festas que se facían na época.

A expansión do monocultivo do eucalipto ameaza a diversidade da fraga galega

A explosión verde
E é que coincidindo con este renacer de comezos de século, as celebracións arbóreas estendéronse por todo o país. "A Festa da Árbore foi, con toda probabilidade, a actividade que máis influíu na creación dunhas condicións que actuaron moi positivamente no xermolar dun compromiso ambiental dos galegos" sinala Díaz-Fierros. Segundo recolle este autor, en 1918 hai testemuño de vinte eventos deste tipo só na provincia da Coruña, o que nos dá a idea da súa extensión. Co pasar do tempo e a aparición de novas formas de reivindicación ambiental, aos poucos estas festas foron perdendo fama e moitas deixaron de celebrarse. No entanto, non é estraño a día de hoxe que calquera colexio do noso país reserve unha data na que os alumnos se achegan ao campo e fan unha simbólica plantación.


 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: orde do día do pleno do luns 28 de marzo de 2011

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical