Para o deputado Lage Tuñas, están a empregar o Hospital da Barbanza "como coelliño de Indias para a privatización e externalización dos servizos dos hospitais comarcais"
-O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista desprazouse hoxe a Ribeira para participar xunto ao candidato socialista á alcaldía, Andrés Fariña, nunha rolda de prensa sobre a situación da sanidade no Barbanza. Ribeira, 25 de marzo de 2011. O portavoz de Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage e máis o candidato socialista á alcaldía de Ribeira, Andrés Fariña recolleron hoxe a denuncia feita pública onte polo Comité de Empresa do Hospital do Barbanza na que daban conta da visita de técnicos dunha entidade privada para coñecer o funcionamento actual do servizo de diálise do complexo hospitalario asentado en Ribeira. Lage Tuñas anunciou hoxe o rexistro dunha proposición non e lei no parlamento de Galicia co obxecto de que se amplíe o servizo de diálise do hospital e evitar a súa privatización. ”O Partido Popular está preparando a privatización do servizo de diálise, e non imos a quedar calados." asegurou Andrés Fariña. O deputado socialista dixo-en referencia ao goberno-que“están utilizando o hospital do Barbanza como “coello de indias” para a privatización e externalización dos servizos dos hospitais comarcais ” Os dirixentes socialistas dixeron que esta decisión do goberno galego presidido por Feijóo “é unha volta ao pasado”, e nese sentido o parlamentario Lage Tuñas recordaba que “a conversión dos hospitais comarcais de Barbanza e Costa da Morte en Fundacións fíxose por parte dun goberno no que o Sr. Núñez Feijóo era o secretario xeral da consellería de Sanidade.” José Manuel Lage explicaba hoxe que “na actualidade existe un importante número de peticións dos pacientes da zona que teñen que ir a dializarse ao hospital Clínico de Santiago de Compostela, porque non existen prazas actualmente no hospital barbanzano.” “As palabras do Xerente do Hospital do Barbanza certifican que a consellería de Sanidade optará por privatizar o servizo en vez de aumentalo. Neste momento o servizo préstase luns, mércores e venres, e poderíase ampliar a martes, xoves e sábado, no caso de que houbese persoal suficiente no centro hospitalario, e iso é o que pedimos” dixo Lage Tuñas. “Esta posible privatización prodúcese despois de que o deputado Manuel Ruiz Rivas fixera pública unha reunión que dixo manter coa xerente do Sergas para abordar melloras no hospital”, dixo o candidato socialista Andrés Fariña. “O afán privatizador do goberno de Feijóo vese na decisión de sufragar os gastos do servizo a través dunha entidade privada e non dotando ao centro hospitalario con máis recursos humanos. Por iso creemos que teñen que rectificar e ampliar o servizo do hospital”, explica José Manuel Lage. “Esta decisión ractificaría unha vez máis a idea que ten o Partido Popular sobre os servizos de Sanidade, xa que a ven como un negocio e non como un servizo público", opinan os socialistas, que se manifestaron orgullosos de “ter disolto as fundacións que xestionaban os hospitais comarcais, favorecendo a integración do Hospital do Barbanza, como outros comarcais, na rede pública do Sergas” e engadiron que “foi un importante paso dado na pasada lexislatura que agora comeza a verse afectado por unha especie de volta ao pasado polo afán privatizador do goberno que preside Alberto Núñez Feijóo.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario