6.3.13

Mar: o PSdeG leva ao Parlamento as gaiolas de salmón de Muros e pide que se avalíe o seu impacto

3 PNC gaiolas salmon ria muros 010213 JRVAL 090002894.pdf Download this file

 

  • O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, presenta mañá na Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia unha Proposición non de Lei “sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto do proxecto de implantación de gaiolas para a cría de salmón na ría de Muros”.
  • A iniciativa será debatida e votada na Comisión de Pesca que comeza ás 16,30 h. da tarde
  • Como se observa no texto da iniciativa, os socialistas inda non falan dos moluscos invasores que presuntamente chegaron con esas gaiolas

Relacionadas:



 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o colexio Castelao, único gañador a nivel Galicia do certame da Xunta de exposicións sobre Roberto Vidal Bolaño

  • Recibirá 2.500 euros polo proxecto de exposición "Autor, actor e público do aquí"
  • A mostra dos nenos e profesores de Rianxo vai ser imprimida e distribuída en máis de 1.600 puntos de Galicia e do exterior, tales como centros de ensino, centros de estudos galegos, centros da emigración, bibliotecas municipais e casas da cultura, entre outros. Nela figurarán a imaxe gráfica da Xunta de Galicia e o nome do centro gañador.

Media_httpwwweduxunta_cveas

  • Os obxectivos deste certame de creación de mostras sobre Vidal Bolaño, autor homenaxeado este ano coas Letras Galegas, son os seguintes: 
  1. Potenciar o estudo da obra e da época de Roberto Vidal Bolaño.
  2. Propiciar a reflexión sociolingüística sobre esta etapa histórica.
  3. Fomentar a valoración das contribucións individuais e colectivas na dignificación e normalización da lingua galega.
  4. Impulsar a realización de actividades que fomenten a colaboración interdepartamental e que potencien a implicación activa do profesorado e do alumnado.
  5. Fomentar e difundir unha visión persoal por parte da comunidade educativa sobre a figura deste autor.
  6. Enriquecer a oferta de materiais existentes en lingua galega e promover a súa divulgación como referentes para outros centros.
  • As outras categorías deste certame quedaron desertos, ao parecer pola baixa calidade dos traballos presentados

Media_httpfarm9static_gcstv

O colexio Castelao tenlle collida a medida xa aos premios da Xunta: o ano pasado gañou o das Letras Galegas 2012 cun traballo sobre Paz Andrade

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este venres 8, 40 candidatos a 17 premios na VIII Gala do Deporte

Presentacin_gala_do_deporte_-_

  • Tres mencións especiais: a Moncho Sampedro e, xa a título póstumo, a Mariscal e Miguel Rodríguez

Ribeira, 6 de marzo de 2013.- O concelleiro de Deportes Juan Luis Martínez Queiruga deu hoxe algunhas pinceladas do que será a VIII Gala do Deporte, pero tamén quixo reservarse certas sorpresas, principalmente a identidade dos 17 gañadores e gañadoras deste certame que se celebrará ás 20 horas do venres no Auditorio Municipal.

Segundo informou o edil, este ano presentáronse 40 candidaturas para un total 17 galardóns: un máis que o ano pasado, xa que ás 16 categorías xa existentes se engade un novo premio para distinguir o mellor labor investigador.

O que si desvelou Martínez Queiruga foi o nome das tres mencións especiais que se entregarán no evento. Unha delas terá por destinatario a Moncho Sampedro, especialista en sendeirismo pertencente á Asociación As Miñoteiras; mentres que as outras dúas se concederán a título póstumo a José Manuel Pérez Sampedro, ‘Mariscal’ (persoa moi ligada ao deporte local, especialmente a través das funcións que exerceu no Atlético Riveira) e a Miguel Rodríguez, Miguel do Áncora, quen fora fundador da liga de fútbol sala en 1976.

Sobre o evento, o concelleiro manifestou que durará  entre 80 e 90 minutos e estará dividido en cinco bloques. Tamén avanzou que no seu transcurso actuará un humorista monologuista.

A entrada é libre e gratuíta. Os interesados en asistir poderán retirar as súas entradas ás 19.30 horas, é  dicir, media hora antes do inicio da gala.

Cada premiado recibirá un galardón consistente nunha réplica do León de Padín obra do artista local Jontxu Argibay.

As 17 categorías son:

  1. Mellor Deportista feminina discapacitada
  1. Mellor deportista masculino discapacitado
  1. Mellor xuíz / árbitro
  1. Galardón especial ao labor investigador
  1. Patrocinio deportivo
  1. Deportista revelación masculino (sub 18)
  1. Deportista revelación feminina (sub 18)
  1. Mellor equipo masculino
  1. Mellor equipo feminino
  1. Mellor deportista feminino
  1. Mellor deportista masculino
  1. Mellor Club local
  1. Mellor entidade na promoción do deporte base e do deporte para todos
  1. Mellor labor informativa
  1. Mellor evento deportivo
  1. Mellor adestrador
  1. Mellor club educativo na promoción do deporte escolar

E ao día seguinte:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: presentado o protocolo contra a violencia de xénero

Img_9502

Dodro, 6 de marzo de 2013. Onte, no Salón de Plenos do Concello, presentouse o Protocolo Municipal contra a violencia de xénero coa presenza da Secretaria xeral da igualdade, Susana López Abella, os alcaldes e as concelleiras das áreas de Igualdade dos concellos de Padrón e Rois.

No acto tamén estiveron presentes o persoal que colaborou na elaboración de este protocolo, persoal técnico implicado no tratamento e atención ás vítimas, da sanidade, da seguridade do estado, de protección civil, da administración de xustiza, dos centros educativos e dos servizos sociais do Concello. 

Abriu o acto a Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Marisol Boga Grela, que reivindicou os dereitos das mulleres recordando que hai que seguir avanzando para conseguir a igualdade entre homes e mulleres e erradicar a discriminación e a violencia de xénero. Enumerou os programas específicos que o Concello leva a cabo ao longo do ano dirixidos á educación en valores, conciliación e formación, prevención e sensibilización da violencia de xénero.

Presentou o protocolo como “unha ferramenta moi importante para dar unha resposta eficaz ante casos de violencia machista”, rematando que o concello ten a intención de seguir traballando nesta liña para que algún día por fin se acaden estes obxectivos.

A Secretaria xeral de Igualdade na súa intervención alabou a iniciativa  do concello coa elaboración do protocolo, animándoo a traballar nesta liña e recalcou a necesidade de seguir colaborando para lograr unha sociedade de benestar onde non teña cabida a violencia de xénero. Pechou o acto o alcalde de Dodro, Valentin Alfonsín Somoza, quen agradeceu o bo traballo a todas as persoas que colaboraron na elaboración do protocolo.

Destacou que con este protocolo a mensaxe é que “estamos preparados e coordinados para enfrontarnos a quen exerce a Violencia contra as mulleres”, que contra a violencia de xénero " a permisividade debe ser cero e contundencia máxima e que cada caso de violencia de xénero é un fracaso da nosa sociedade".

Relacionada:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical