- Tres mencións especiais: a Moncho Sampedro e, xa a título póstumo, a Mariscal e Miguel Rodríguez
Ribeira, 6 de marzo de 2013.- O concelleiro de Deportes Juan Luis Martínez Queiruga deu hoxe algunhas pinceladas do que será a VIII Gala do Deporte, pero tamén quixo reservarse certas sorpresas, principalmente a identidade dos 17 gañadores e gañadoras deste certame que se celebrará ás 20 horas do venres no Auditorio Municipal.
Segundo informou o edil, este ano presentáronse 40 candidaturas para un total 17 galardóns: un máis que o ano pasado, xa que ás 16 categorías xa existentes se engade un novo premio para distinguir o mellor labor investigador.
O que si desvelou Martínez Queiruga foi o nome das tres mencións especiais que se entregarán no evento. Unha delas terá por destinatario a Moncho Sampedro, especialista en sendeirismo pertencente á Asociación As Miñoteiras; mentres que as outras dúas se concederán a título póstumo a José Manuel Pérez Sampedro, ‘Mariscal’ (persoa moi ligada ao deporte local, especialmente a través das funcións que exerceu no Atlético Riveira) e a Miguel Rodríguez, Miguel do Áncora, quen fora fundador da liga de fútbol sala en 1976.
Sobre o evento, o concelleiro manifestou que durará entre 80 e 90 minutos e estará dividido en cinco bloques. Tamén avanzou que no seu transcurso actuará un humorista monologuista.
A entrada é libre e gratuíta. Os interesados en asistir poderán retirar as súas entradas ás 19.30 horas, é dicir, media hora antes do inicio da gala.
Cada premiado recibirá un galardón consistente nunha réplica do León de Padín obra do artista local Jontxu Argibay.
As 17 categorías son:
- Mellor Deportista feminina discapacitada
- Mellor deportista masculino discapacitado
- Mellor xuíz / árbitro
- Galardón especial ao labor investigador
- Patrocinio deportivo
- Deportista revelación masculino (sub 18)
- Deportista revelación feminina (sub 18)
- Mellor equipo masculino
- Mellor equipo feminino
- Mellor deportista feminino
- Mellor deportista masculino
- Mellor Club local
- Mellor entidade na promoción do deporte base e do deporte para todos
- Mellor labor informativa
- Mellor evento deportivo
- Mellor adestrador
- Mellor club educativo na promoción do deporte escolar
E ao día seguinte:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario