22.8.11

Rianxo: este venres 26 de agosto, Copa Barbanza 2011 de Xadrez


Rianxo, 22 de agosto de 2011. O vindeiro venres 26 de agosto terá lugar en Rianxo a Copa Barbanza 2011 de xadrez. Está organizada polo club Distribunosa-Xadrez Rianxo e patrocinada pola empresa que lle dá nome a este ente.

Xogarase na cafetaría Toffe, enfronte do pavillón municipal, a partires das 20:00 horas.

Características do torneo:
Duración: Suizo a 6 rondas.
Ritmo de xogo:10 minutos finish.
Emparellamentos: swiss-manager.
Criterio de desempate: 1. Bucholz 2. Progresivo 3. Maior número de victorias a sortear.

Premios:
Trofeos aos 3 primeiros da clasificación individual, aos 3 primeiros equipos, á mellor
feminina, primeiro veterano e primeiro sub 16. No torneo por equipos computarán os
catro xogadores con mellor resultado, participando un mínimo de 3 or equipo. Recibirán premio tamén as categorías sub14, sub12, sub10 e sub8.

Inscripción:
Gratuita en escolaxadrezrianxo@gmail.com ou ata as 19:00 horas do 26 de agosto na
zona de xogo.
Copa Barbanza 2011.
Lugar y fecha: Rianxo (Cafetería Toffe) viernes 26 de Agosto.
Horario: A partir de las 20:00 horas.
Inscripción: Gratuita.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: algunhas imaxes da procesión do Carmen dos Pincheiros deste ano

Imaxes cedidas por DesdePobra.com

Este ano non vimos a todos os alcaldes da bisbarra -Bng de Boiro e Psoe de Rianxo incluídos, quen o diría- seguindo o paso da oca como o ano pasado:

Sobre este "magno" acontecemento fixera unha entrada Manuel Gago, natural da Pobra, que non se deben perder. Aquí.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o acto de homenaxe á Galiza Mártir lembrou a indecencia de que o fascista Millán Astray recupere o título de fillo adoptivo da Coruña

Ribeira, 22 de agosto de 2011. O pasado sábado 20 de agosto tivo lugar en Ribeira un acto de homenaxe á Galiza Mártir. O acto escomenzou cunha introdución do presidente de Altofalante, Xosé Antonio Vázquez Cobas, que dixo:

"Para Altofalante esta conmemoración non é un acto tristeiro, ben o contrario, lembrar a xentes que foron leais, patriotas, libres... mantendo o seu facho acendido cremos que nos fai máis libres ó telos na memoria xunta nós porque así están máis vivos. 

Cando homenaxeamos a Alexandre Bóveda personificamos nel a todos os mártires galegos. Este ano a homenaxe centrámola máis nidiamente  en todas as xentes que morreron por Galiza polo progreso e polo futuro. Cando redactei a nota para a prensa puxen: Houbo nesta Galiza 14.000 represaliados, 5.651 executados, 4.560 extraxudicialmente ( paseados e torturados). Todos eles documentados e contrastados polas tres Universidades Galegas no estudo “As Vítimas e os Nomes” e faltan moitos máis... O mellor de nós. Estas xentes, demócratas, amantes da liberdade, galeguistas, socialistas, nacionalistas, anarquistas, sindicalistas, republicanos, etc. son parte da nosa historia. 

Como lin estes días : A importancia da memoria radica en subsanar o esquecemento imposto, sobre o que está edificado o noso presente. Non se pode permitir que se continúe privando os galegos e ás galegas de coñecer unha parte fundamental da historia do noso país, quizais polo temor a que a verdade nos faga cuestionar un estado que montou o seu progreso sobre unha terra con tantos cadáveres.

“A verdade corrómpese tanto coa mentira como co silencio”....   

O dia 17 foi o 75 cabodano de Alexandre Bóveda. Nin unha soa mención deste goberno que temos na xunta para un home a quen tanto debe o noso país. O mesmo fixo co 125 aniversario de Castelao. 

Por certo, retirou as escasas axudas e non colabora na recuperación da memoria e pola contra subvenciona as touradas (con centos de milleiros de euros) e restitúe a Millán Astray como fillo predilecto da cidade da Coruña.

Xa queda retratado !!"

A continuación, diversos socios de Altofalante leron o poema de Luís Pimentel Cunetas, escrito en 1937 na Galiza. Léronse tamén as verbas de Castelao sobre os mártires galegos escritas en Alba de Groria. Rematáronse as lecturas co poema Lembranza de Alexandre Bóveda de Manuel María. O acto finalizou coa ofrenda floral feita Marivén Sampedro e Silvia Varela, vicepresidente e tesoureira da asociación cultural Altofalante respectivamente. Ao longo do acto escoitáronse diversas pezas de música galega actual.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cinema: comeza a gravación do documental "Desde dentro do corazón/o mar"

Barbanza/Noia, 22 de agosto de 2011. O FAIADO DA MEMORIA e a productora audiovisual NOVA COMUNICACIÓN acaban de comenzar a gravación do documental, subvencionado polo Agadic, Desde dentro do corazón/o mar.

Este traballo relata a vida e a relación co mar da xente de Vilagarcía. Distintas historias, co nexo común do mar, vanse entrelazando co día a día de dúas persona, irmáns elas e que levan mais de cincoenta anos traballando xuntos nos viveiros de Carril: Manuel e Verino Diz, os Nachos.

Un dos temas principais, e que se está a gravar estes días, é o naufraxio do Cabo Razo, feito que tivo lugar a noite do 4 ao 5 de agosto de 1958 e que conmocionou a toda a bisbarra. Por un lado pola cantidade de mortos que houbo naquel accidente, 13, e por outro as circunstancias nos que aconteceu, o que levantou unha forte rumoroloxía no Salnés e Barbanza. O traballo está levando aos seus autores a desplazarse por varios puntos de Galicia e de España en percura de testemuñas vivas daquel suceso. O documental está dirixido por Antonio Caeiro e producido pola productora santiaguesa NOVA COMUNICACIÓN.

O teatro de Rianxo, en Ourense

O Faiado da Memoria tamén estará presente no festival de Cine Internacional de Ourense, que se celebrará entre o 14 e 23 de outubro deste ano, dentro da PANORAMA GALICIA 2011, co documental Esta noite, velada que mostra a historia do grupo de teatro aficionado Airiños de Asados, Rianxo.

Pódese facer un seguimento da marcha da gravación no perfil de facebook.


Non deixen de visitar o blog:
damemoria.com


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical