INTERVENCIÓN DE MANUEL RUIZ RIVAS CON MOTIVO DAS SÚA INVESTIDURA COMO ALCALDE DE RIVEIRA
Sras e Sres Concelleiros, Alcaldes que o foron da nosa vila, autoridades, fillos adoptivos, veciños que tivestes a ben acompañarnos e arrouparnos coa vosa presenza, o pasado día 22 como cada catro anos o pobo falou e coma sempre o fixo alto e claro.
O pobo fai moito máis que poñer e sacar gobernantes, o pobo a través do seu voto expresa sentimentos, esperanzas, ilusións individuais e colectivas e o noso deber, a nosa responsabilidade como políticos e mirar moito máis alá das frías estatísticas, do número de votos que dan ou quitan maiorías, temos que ser quen de comprender os nosos veciños, as súas inquedanzas, as súas preocupacións, saber porque seguen crendo en nós, ou porque, pola contra, nós teñen como un mal necesario ou simplemente nos dan as costas.
Temos que integrar a todos eles nun proxecto colectivo que se chama Riveira e que se pode e debe defender dende calquera óptica política. O cambio está nas nosas mans, empeza por nós, polos que aquí estamos e iso deberíanos levar a lograr a participación de todos, o cambio está nas institucións, o cambio dunha sociedade conséguese cando somos quen de trasladar os cidadáns o valor de aportar, de traballar para a colectividade sen esperar nada a cambio.
É por iso que as miñas primeiras palabras deben ser para expresar o meu solemne compromiso de contar con todos, de estar disposto a buscar consensos e acordos nos importantes desafíos que sen dúbida vánsenos presentar. Estou convencido de que é moitísimo máis o que nos xunta que o que nos separa, por iso debemos deixar atrás as políticas cortoplacistas para facer política con maiúsculas que implique a todos e que permita o debate enriquecedor de ideas.
Quero tamén expresar o meu recoñecemento a tódolos traballadores desta casa, son consciente da súa valía e compromiso, que saiban que para min son un piar fundamental da acción do goberno municipal e a fiestra dende a que se visualiza e transmite a imaxe e o servizo que estamos dispostos a outorgar aos nosos veciños, vela aí a diferenza con calquera outro traballo. O servizo público é o que lle confire a verdadeira importancia do mesmo.
Un gran Riveirense que paseo o nome de Riveira polo mundo, José Manuel Parada Alvite, compoñía unha canción que remataba dicindo o que moitos sentimos:
Riveira, terra meiga, Riveira dos meus amores
Cando estou lonxe
Non fago máis que pensar
Alíe están os meus amigos
E moitas cousas máis
Nacín aquí, crieime xunto a moitos dos presentes, disfruto dos éxitos da nosa cidade, coñezo as súas raíces, a súa historia, o esforzo das súas xentes e gobernantes, o seu progreso, pero tamén sei das súas carencias, por iso traballarei con firmeza e tesón en cambiar todo aquilo que debamos facer e conto para elo cun equipo de goberno ilusionado, capaz, xoven, pero á vez con experiencia, xente preparada e disposta a facer ben as cousas.
Temos que traballar para que os nosos xoves sendo protagonistas do presente teñan un futuro ilusionante, para que os emigrantes que se acercan a Riveira se sintan como un veciño máis, para romper coas barreiras arquitectónicas e mentais que impiden o avance na igualdade das persoas con diversidade funcional ou da muller, para que os nosos maiores disfruten do seu merecido descanso pero que sigan tendo o papel de guías morais e referente da sociedade riveirense. Temos en definitiva que traballar para seguir mellorando a calidade de vida de todos vós, respectando, iso si, a nosa mellor herdanza, a impoñente natureza do noso concello.
Pero si como riveirense son consciente do traballo que debemos desenvolver diariamente para solucionar estas carencias, máis consciente son aínda de que estamos nun momento transcendental da nosa historia, no que necesariamente temos que tomar decisións estratéxicas que van condicionar o noso futuro, que van esixir accións decididas e seguramente cambios de conciencia, de actitudes, sacrificios para moitos dos que aquí vivimos pero accións que sen dúbida van ser necesarias para saír fortalecidos das ameazas que agora temos que sobre o que ata de agora foi o noso tradicional e case que único modo de vida.
Sei que a toma de decisións pode, como dicía, esixir sacrificios, cambios de hábitos nos riveirenses, pero algunhas delas non se poden demorar máis. Estou disposto a levalas adiante con diálogo e participación, pero tamén con firmeza e determinación para que saian adiante sen demoras innecesarias.
Temos que defender o noso sector produtivo básico, o mar, con uñas e dentes se fose necesario, pero iso non nos debe levar a deixar a un lado as políticas que favorecen a creación de nova industria e a nosa florecente industria transformadora. Nestes campos a iniciativa e o tesón dos riveirense teñen amosado a súa valía, a súa capacidade de adaptación.
Pero o noso verdadeiro cambio de mentalidade, incluso como dicía de hábitos, tense que dar en todos nós se realmente queremos explotar todo o potencial que o noso Concello ten no ámbito do sector servizos, no turismo. Temos que diversificar a nosa economía. O noso concello ten uns recursos inigualables en Galicia e diría que en España. Deus puxo nas nosas mans un paraxe único e o noso deber é impedir o seu deterioro medioambiental, solucionar os vertidos incontrolados. Señoras e señores,. A depuradora non é un problema para o noso concello, é a solución a ese deterioro das nosas augas que dende anos vimos producindo, pido a máxima colaboración e apoio para superar os debates estériles, o cortoplacismo ó que xa teño aludido.
Para atraer visitantes temos que traballar na mellora non só dos nosos servizos, senón da calidade dos mesmos, temos que conseguir que Riveira sexa o lugar onde a todos nós nos gustaría visitar ou veranear, mellorar significa reconducir os espazos, buscar alternativas ás zonas de aparcamento actual, cambiar coches en superficie por bancos, árbores, paseos, recuperar o mar, o porto. Esta tarefa non vai ser fácil, requirirá cambiar algunhas conciencias, costumes anquilosadas no pasado, pero é un deber e unha obriga non renunciar ás nosas posibilidades de crecemento futuro no único sector produtivo no que verdadeiramente somos donos do noso futuro.
Vou rematando, pero non quería facelo sen dar as grazas a todos os que fixeron posible a Riveira actual nas persoas dos seus ex rexedores e personificando especialmente esta gratitude en quen foi Alcalde durante vinte anos, José Luis Torres Colomer.
Din que a mellor honra dun político é chegar a Alcalde do seu Concello, eu penso que é tan solo un paso, xa que vendo os presentes considero que a mellor honra é poder dicir fun Alcalde do meu concello e fun fiel servidos do mesmo, dicir que cumplín coa miña obrigación con honestidade e rectitude.
Dicía Perfecto García Neira, riveirense ilustre, que a vanidade é inherente á condición humana, e todos os mortais somos receptivos ó alago nunha ou noutra maneira, porque iso satisface a nosa estúpida e insaciable egolatría. Pero hai homes exemplares, defensores de nobres causas que merecen ser recordados para sempre para honor dos nosos pobos. Vostedes tres forman parte deste grupo de riveirenses que merecen ser recordados.
Riveira, Nai e Señora.
Teño dito, grazas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia