Dodro, 26 de novembro de 2010. A tenenta de alcalde e portavoz do BNG declarou hoxe “que a Xunta de Galiza non executa os camiños interiores da aldea de Bexo, no concello de Dodro, a pesar que o proxecto foi previsto no plan estratéxico de infraestruturas rurais do medio rural (PEIM), elaborado polo anterior Goberno da Xunta, participado polo BNG para o ano 2009.”
Vitoria Rei, engadiu ademais que “esta obra que está contratada e cortel posto desde o mes de febreiro, permanece abandonada pola inacción da Consellería do Medio Rural, cando a aldea de Bexo, é un dos núcleos máis grandes do concello. Denuncia -ademais a tenenta de alcalde nacionalista- “a falta de responsabilidade institucional por parte do director xeral de Desenvolvemento Rural, que non recibe nin mantén comunicación cos responsábeis institucionais deste concello, despois de demandarlle unha entrevista para resolver este grave problema en reiteradas ocasións. Entendemos que con este comportamento está faltando ó ao seu cargo e despreza e á xente de Bexo en particular e do concello de Dodro, en xeral, que sufren a falta de intervención e o abandono da Xunta de Galiza”.
Ante a falta de comunicación institucional, o BNG no Parlamento Galego xa presentou unha proposición non de lei sobre este tema e agora o BNG de Dodro presenta unha moción no pleno para buscar o apoio unánime da corporación municipal ante a Consellaría do Medio Rural. "Ante esto a resposta do PP de Dodro é actuar de mensaxeiros do PP para decir que a obra non se vai facer, xustificando o incumprimento do goberno da Xunta, e poñendo os intereses do seu partido por encima dos intereses da xente de Dodro, pois o concello, como dixemos, non recibeu ningunha comunicación por parte da Xunta, nin escrita nin verbal", conclúen.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia