- Segundo denuncia o Psoe, o equipo do popular Isaac Maceiras adícase a facer estes anuncios en comidas-mitin no canto de facelo no pleno, diante dos representantes lexítimos dos veciños
- Sospeitan que, de facerse no lugar que indica o goberno popular, unha asociación veciñal veríase desaloxada do local concedido
A gardería que leva Maceiras prometendo dende 2004 podería ubicarse no Camiño Ancho
A Pobra, 7 de maio de 2012. O Psoe da Pobra denuncia hoxe en nota de prensa "as promesas incumpridas de Isaac Maceiras, que emprega un acto pagado cos cartos de todos os pobrenses para facer propaganda unha vez máis", en referencia á comida da terceira idade do pasado venres 4 de maio.
"Logo de 8 anos sen facer a gardería, e de prometela no Nadal de 2004 "como se fora un agasallo de Papá Noel, volve agora á carga, cando non dá xestionado un Concello que ten na creba e que ten que ir a plan de axuste e pasa o tempo e gasta os cartos en actos, como a comida do venres, totalmente superflua e só para saír na foto", explican os socialistas pobrenses.
"O concello da Pobra tivo necesariamente que acudir ao Plan da axuste, (endebedamento para pagar ós provedores) por un importe de 1.554.091,49 euros. Entre estes figuran as empresas de catering e demais establecementos de hostalería onde o equipo de goberno acude para organizar os convites, tales como celebracións da bandeira azul, ágapes desta mesma bandeira, inauguracións varias ou o mesmo xantar da terceira idade", proseguen dende o Psoe da Pobra.
Onde está a gardería prometida en 2004?
"O señor Maceiras debíase adicar a buscar os cartos para pagar as débedas destas cuchipandas e dos seus fastuosos actos de inauguración e deixar de prometer o que non vai facer... Pode que pense o señor alcalde que os pobrenses temos pouca memoria, pero a hemeroteca é terca e o día 25 de Nadal de 2004 saíu con que ía facer unha gardería para cen nenos: onde está, oito anos despois? É este o gran xestor da Pobra? Ben se ve: estamos afogados pola súa mala xestión", critican os socialistas.
Se en vez de gastar en comidas-mitin para vellos coidaran do patrimonio e do ambiente, outro galo! nebra-nebra.blogspot.com/2012/05/cornud… vía @pacodomartelo
— Certo (@Certo) May 6, 2012
A conselleira de Mar e Medio Rural (non daba levado ben un e danlle outro de agasallo), Rosa Quintana, inaugura parques con algún xornalista
— Certo (@Certo) May 6, 2012
A Pobra: o equipo de Goberno sométese á Xunta e faille pagar os gastos do centro de saúde aos veciños post.ly/7BEjW
— Certo (@Certo) May 7, 2012
xornalistas.com/novidades/nova… Xornalistas que escollen non ser sumisos aos gobernantes de turno. Xornalistas con todas as letras. Non paniaugados.
— Certo (@Certo) May 7, 2012
Herdeiros pola Forza: edición esgotada en menos dun mes dlvr.it/1X7cmj
— magago (@magago) May 6, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia