14.12.11

Ribeira: a ANPA do IES Leliadoura programa unha excursión a patinar e visitar a Domus na Coruña este sábado 17

Media_httpfarm3static_wvgeb

Ribeira, 14 de Nadal de 2011. A ANPA do IES Leliadoura organiza para o sábado 17 de decembro unha excursión á cidade de A Coruña. A convocatoria está dirixida principalmente ao alumnado e nais e pais do IES Leliadoura pero aberta tamén á participación de calquera outra persoa, e está subvencionada polo Concello de Ribeira.

Itinerario da excursión:

PREZO SOCIOS: 10 €

PREZO NON SOCIOS: 13 €

Inscricións no teléfono 677733467  ou no correo-e: anpaleliadoura@gmail.com

Algunhas recomendacións:

  • Levar luvas e roupa axeitada para a pista de patinaxe.
  • Levar roupa de reposto.
  • Levar comida para o picnic do Domus.
  • Calzado e paraugas axeitado á climatoloxía.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o Bng alega para que se revisen as ordenanzas fiscais para 2012 na súa totalidade

02.12.11.-ALEGACIÓNS BNG ORDENANZAS FISCAIS 2012.docx Download this file


Rosana Pérez é a portavoz do Bng na Pobra do Caramiñal


A Pobra, 14 de Nadal de 2011. O Bng presentou hoxe aos medios as alegacións que presentou á aprobación inicial das ordenanzas fiscais do ano 2012, que fora feita no pleno do 18 de outubro. O debate destas alegacións, e a aprobación definitiva das mesmas, forman parte da orde do día do pleno extraordinario que vai ter lugar este xoves, 15 de Nadal, ás 20:30 horas.
 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: este sábado 17, IV Festival Benéfico de Panxoliñas de Manos Unidas

Media_httpfarm6static_gadmi

Noia, 14 de Nadal de 2011. O vindeiro sábado 17 de decembro a partir das 17:30 horas da tarde terá lugar o IV FESTIVAL DE PANXOLIÑAS organizado pola ONGD MANOS UNIDAS, no que participarán varios grupos da comarca co obxectivo de recadar fondos para levar adiante o proxecto de desenvolvemento deste ano.

Será na igrexa de San Martiño.

Pode que tamén lle interese:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o Festival de Nadal da Escola de Música é este domingo 18

Cartaz_nadal_2011

Rianxo, 14 de decembro de 2011. Dende a Escola de Música de Rianxo comprácense en convidar a todo o mundo ao Festival de Nadal, onde os/as nenos/as da escola amosarán as destrezas adquiridas nas clases de práctica instrumental e música e movemento.
  • FESTIVAL DE NADAL DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO
  • DÍA: domingo 18 de decembro
  • HORA: 12h00
  • LUGAR: Auditorio de Rianxo
O mesmo día, en Rianxo:


E no veciño Concello de Dodro:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Arte: tres ribeirenses entre os nove artistas galegos que expoñen en New York ata o vindeiro domingo 18

  • Eugenia Santos, Jontxu Argibay e Gonzalo Sarasquete amosan as súas pezas no Centro Español-La Nacional

  • A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño colabora na organización da exposición colectiva “Encontros” coa que se pretende promover a divulgación da arte e da cultura galega nos Estados Unidos

  • Na mostra, que se amosa no Centro Español – La Nacional ata o 18 de decembro, participan ademais Iria Rodríguez, Verónica Pérez, Nacho Porto, Cuqui Piñeiro, Rosa Méndez, Suso Dobao e Marcos Escudero

Ribeira, 14 de decembro de 2011. A Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, promove a divulgación da arte e da artesanía galega nos Estados Unidos, a través do seu apoio á exposición colectiva “Encontros”, que estará aberta ao público no Centro Español – La Nacional, de Nova York, entre o 14 e o 18 de decembro, e na que participan un total de trece artistas galegos, nove deles profesionais acreditados coa carta de artesán que outorga a Xunta de Galicia.

Os artistas galegos que conforman a exposición colectiva “Encontros” están especializados no traballo con diferentes materiais como a pedra, o bronce, o vidro ou a cerámica. Entre os participantes atópanse os obradoiros artesanais de Iria Rodríguez, Nacho Porto, Rosa Méndez, Suso Dobao e Marcos Escudero e os artesáns Verónica Pérez, Cuqui Piñeiro, Jontxu Argibay e Eugenia Santos, estes dous últimos de Ribeira. Ademais tamén participan os artistas Teresa Añón, Gonzalo Sarasquete (de Ribeira pero residenciado en Baleares), Manuel Teira e José Caamaño.

<p>Eugenia Santos sculptural jeweller from Artesania de Galicia on Vimeo.</p>

Ademais dunha excelente plataforma de promoción internacional para os artistas galegos e un punto de intercambio cultural no que se dean a coñecer as novas tendencias da creatividade galega, a mostra “Encontros” pretende funcionar tamén como unha canle de enlace con Galicia, que sirva para proxectar a imaxe da nosa comunidade autónoma no exterior, da nosa cultura e do noso turismo.

<p>Jontxu Argibay - Sculptor from Artesania de Galicia on Vimeo.</p>

Neste sentido, cómpre destacar que como complemento á exposición os visitantes poderán gozar de proxeccións en vídeo que lles permitirán coñecer o entorno de traballo dos artistas participantes. Así mesmo, estará á disposición dos asistentes un vídeo catálogo con entrevistas e explicacións dos artistas sobre a súa obra, que se poderá levar non só como recordo senón tamén como tarxeta de presentación e contacto que lles poderá abrir o camiño aos participantes galegos nos ámbitos máis diversos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Ramiro Carregal patrocina un premio de investigación sobre o cancro e dá nome a unha avenida

  • O Concello de Ribeira conclúe co acto nesta avenida o programa de actos conmemorativos do medio século de Frinsa, a firma que fundou Ramiro Carregal

Ribeira, 14 de decembro de 2011.- A arteria principal que atravesa o polígono industrial e empresarial de Xarás xa se chama a todos os efectos avenida Ramiro Carregal Rey. O alcalde, Manuel Ruiz Rivas, e o propio homenaxeado descubriron a placa de pedra coa que se identifica esta vía co nome do presidente de Frinsa, nun acto ao que asistiron numerosos traballadores da empresa, ademais de membros do Goberno Local e distintas autoridades e familiares do homenaxeado. 

Antes de proceder ao descubrimento da placa, o rexedor riveirense puxo de relevo a enorme xenerosidade que sempre caracterizou a Ramiro Carregal, a quen –segundo asegurou- sempre que lle solicitou a súa colaboración no nome do Concello recibiu a súa axuda desinteresada.  “Nos vinte e pico anos da miña vida política téñolle pedido para Ribeira e para os seus clubs moitísimos favores a Ramiro Carregal Rey -declarou Ruiz Rivas- e nunca me fallou nun, pero sobre todo teño que dicir que nunca me pediu favor algún”.  

A este respecto, o alcalde enumerou como dúas probas recentes do desprendemento de Carregal Rey a remodelación hai uns días da estrada bautizada no día de hoxe -unha actuación sufragada por Frinsa-, e o patrocinio por petición do alcalde da árbore de Nadal de 12,5 metros que está enclavado na praza do Concello. 

“Ramiro, non olvides a Ribeira, non olvides nunca a estes traballadores e oxalá que Ribeira siga sendo por moito tempo o voso fogar”, dixo o primeiro edil.  

Pola súa parte, Ramiro Carregal salientou en primeiro lugar que ademais da súa satisfacción pola inauguración da avenida en recoñecemento á creación de Frinsa no seu 50 aniversario, tamén quere deixar constancia da súa satisfacción e emoción por que a iniciativa tivera procedido do propio persoal da empresa, da que se fixo eco o equipo de Goberno local. 

Ramiro Carregal tamén recordou os detalles de como se xestou a creación do polígono industrial de Xarás. A este respecto, lembrou que o traslado da súa empresa dende o corazón da cidade riveirense non lle era naquel momento economicamente rendible, pero que ante a insistencia do Concello e polo desexo do propio Ramiro Carregal de contribuír ao desenvolvemento de Ribeira aceptou adquirir os terreos en contra da vontade do seus socios, pois era “plenamente consciente de que era lo mejor para el futuro de la empresa, de la ciudad y de los riveirenses”. 

Tamén significou que a día de hoxe non queda espazo dispoñible para o crecemento de Frinsa no actual polígono de Xarás, pero que a familia Carregal Varela, como propietaria única da empresa, non quere marcharse de Ribeira. Minutos antes, Ruiz Rivas brindáralle a colaboración do Concello “para que Frinsa poida seguir crecendo se o que necesita é crecer”. 

Coa inauguración de hoxe péchase o programa de actos organizados polo Concello para conmemorar o 50º aniversario da empresa Frinsa en Ribeira.


I Premio Internacional de Investigación Oncológica "Ramiro Carregal-Fundación Rosaleda" (nota de Fundación Rosaleda)

  • El premio está dotado con 12.000 euros y galardón acreditativo
  • El plazo para presentar solicitudes estará abierto hasta el 28 de febrero 2012 a las 14.00 h  
La Fundación La Rosaleda convoca el I Premio Internacional de Investigación Oncológica Científica y Técnica Ramiro Carregal – Fundación La Rosaleda. Este mediodía el empresario Ramiro Carregal, presidente de Frinsa, y el presidente de la Fundación La Rosaleda, Gerardo Fernández Albor, sellaron el acuerdo de colaboración que permitirá poner en marcha esta destacada iniciativa.  

El Premio de Investigación Oncológica pretende reconocer el trabajo destinado a afrontar el enorme desafío que supone encontrar soluciones a uno de los grandes males de la humanidad y premiar el esfuerzo y la trayectoria científica en el área de la investigación oncológica destinada a a generar, desarrollar y/o aplicar los nuevos conocimientos biológicos y clínicos sobre el cáncer. 

Podrán ser candidatos a los premios los investigadores de carácter preclínico (investigación básica orientada a la obtención de conocimiento con aplicación clínica), y clínico (investigación en humanos), que desarrollen su actividad en centros de investigación o sanitarios, públicos o privados, de Galicia, España o cualquier parte del mundo. 

Podrán formular su propuesta de candidatos las instituciones públicas y privadas, fundaciones, asociaciones, colegios profesionales, academias, y personalidades cuya actividad tenga vinculación con la investigación oncológica. Serán excluidas aquellas candidaturas presentadas por quienes soliciten el premio para sí mismos o para los grupos o entidades a quienes representen. 

Presentación de candidaturas

Las candidaturas podrán presentarse en castellano, gallego e inglés. Para formalizar la presentación se deberá aportar un breve resumen de razones que motiven la propuesta y descripción de la actividad por la que se solicita el premio así como los datos del candidato propuesto (nombre completo, dirección del centro de trabajo, dirección de contacto, teléfono, e-mail, etc.). También se incluirá una relación de méritos y de obras o publicaciones más relevantes y cualquier otra documentación que pueda resultar de interés para conocer la actividad del candidato propuesto.  

Finalmente se acompañará  una declaración escrita en la que el candidato se compromete formalmente, en caso de obtener el premio, a recogerlo personalmente en el lugar y la fecha establecidos. Podrán enviarse también otros apoyos a la candidatura y, en general, cuantos documentos aporten datos relevantes e información suplementaria. 

Las candidaturas se podrán presentar por correo certificado, en sobre cerrado con la referencia “Premio de Investigación Oncológica”, al Apartado de Correos 50 de Santiago de Compostela o a la dirección postal de la Fundación La Rosaleda  (c/Santiago León de Caracas, 1 - 15701 Santiago de Compostela).  

Igualmente, y con las mismas características, las candidaturas pueden entregarse en mano de 9 de la mañana a 9 de la noche, en la recepción del centro o por correo electrónico enviando la documentación a info@fundacionlarosaleda.org.  

En caso de enviarla por mail solo se consideran aquellas candidaturas recibidas hasta las 23.59 h del día 27 de febrero de 2012. El resto de solicitudes tienen de plazo hasta el 28 de febrero de 2012 a las 14.00 h.  

Jurado y fallo

El premio también podrá  ser otorgado directamente por el Jurado a trabajos, equipo de investigación o proyectos que por su trascendencia, trayectoria o relevancia en el ámbito investigador y/o sociosanitario consideren que son merecedores del galardón. 

El Jurado, cuyo presidente honorífico será D. Ramiro Carregal, estará constituido por miembros pertenecientes a la comunidad científica, académica e investigadora, designados por el Patronato de la Fundación. El presidente ejecutivo será el Dr. Rafael López, jefe del Servicio de Oncología Médica del Complejo Hospitalario Universitario de Santiago, que dirigirá las deliberaciones, y estará asistido por un secretario, designado por él que asistirá a las reuniones con voz y voto, levantando acta de las mismas.  

El Jurado otorgará  libremente el premio a uno de los candidatos propuestos por las entidades indicadas en estas bases o bien a otro propuesto directamente por él. Excepcionalmente podrá otorgarse de forma compartida cuando los méritos de las personas, entidades o grupos propuestos se complementen de forma clara. 

El premio no podrá quedar desierto y el fallo del Jurado será inapelable y se hará público el 1 de marzo de 2012 a través de los medios de comunicación y de la página web de la Fundación la Rosaleda (www.fundacionlarosaleda.org). Asimismo se le notificará personalmente al ganador.  

Los trabajos no premiados podrían pasar a formar parte de la siguiente edición del premio si el Jurado así lo considerase. 

Premio

Habrá un único premio dotado con doce mil euros (12.000 euros), que estará sometido a las retenciones fiscales que legalmente le correspondan. Se entregará asimismo un símbolo distintivo y acreditativo del galardón concedido. 

La entrega del premio se realizará en un acto solemne, con la asistencia de personalidades del ámbito político, social, académico y científico, en Santiago de Compostela en la fecha que se comunicará en su momento.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical