11.6.10

Lingua galega: a rusa como arma cómoda de futuro en Aguiño

Xa lles faláramos en http://certo.posterous.com/lingua-galega-os-do-ceip-de-aguino-ponen-as-r das rusas, as zapatillas da avoa, as máis cómodas para andar pola casa. Tanto, que de cote vemos polas rúas señoriñas (coma no Facebook, señoras que...) que as empregan para ir facer pequenos recados, desbotar o lixo ou mesmo pasear á cadela.
Con este obxecto cotián, os do colexio de Aguiño seguen a facer campaña a prol do emprego do idioma dun xeito moi creativo. O que ven na imaxe é unha espiral, figura xeométrica moi ligada a moitas das nosas vellas pedras. Mais esta acción non é a única coas rusas como eixo: pásense por http://heroinasdesalvora.blogspot.com/search/label/o%20zapatillazo e verán máis.
(Nota de Certo: esta entrada no xornal foi feita tamén en rusas. Cousas do teletraballo co teletrebello).

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: das catro praias coa bandeira "Q" de calidade turística en A Coruña, tres son de Boiro

  • 1. A Retorta

    Playas

    Praza de Galicia S/N 15930, Boiro, A Coruña
    Telf.: 981842654 / turismo@boiro.org
    www.boiro.org

  • 2. Carragueiros

    Playas

    Plza. de Galicia S/N 15930, Boiro, A Coruña
    Telf.: 981844800 / turismo@boiro.org
    www.boiro.org

  • 3. Mañóns

    Playas

    Mañóns 15930, Boiro, A Coruña
    Telf.: 981844800
    www.boiro.org

  • 4. Playa de Laxe

    Playas

    Avda. Cesáreo Pondal, 26 15117, Laxe, A Coruña
    Telf.: 981706903 / joaquin.vidal@laxe.dicoruna.es
    www.Concellodelaxe.com


  • Tamén teñen a bandeira azul. O que non quere dicir que sexan as mellores praias nin nada: hai xente que prefire as salvaxes e solitarias, sen ningún tipo de servizo.
    Relacionada: http://certo.posterous.com/boiro-o-alcalde-recolle-o-luns-en-madrid-as-b

    Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Ribeira: integrantes de Amicos estiveron no Parlamento de Galicia

    O parlamentario ribeirense Manuel Ruiz Rivas exerceu de anfitrión

    Ribeira, xuño de 2010. Alumnos e monitores da asociación "Amicos" de Ribeira (Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica) visitaron o Parlamento de Galicia. No seu percorrido polas instalacións da Cámara Galega puideron coñecer as distintas estancias, dende o salón de plenos ata as oficinas, pasando pola biblioteca ou os despachos dos parlamentarios.

    "O Sr. Ruíz, como bo anfitrión, acompañounos en todo momento e guiounos polas distintas estancias, destacando o salón de plenos e o seu despacho persoal", explican en nota de prensa os de Amicos. Como anécdota da visita salientan a ocupación da mesa da presidencia da Cámara polos membros da Asociación e os escanos dos distintos grupos parlamentarios, do que envían probas fotográficas.

    Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Boiro: o alcalde recolle o luns en Madrid as bandeiras "Q" de Calidade Turística concedidas a Mañóns, Carragueiros e A Retorta


    Bandeira azul e bandeira Q

    Boiro, 11 de xuño de 2010. O Comité de Seguimento do Instituto para la Calidad Turística Española (ICTE), reunido o pasado 17 de setembro, decidiu renovar o distintivo da Q de Calidade Turística nas praias de Mañóns, Carragueiros e A Retorta.

    O vindeiro luns, 14 de xuño, ás 13:30 h. no Salón de Actos do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio,  entregaranse as Bandeiras “Q” Calidad Turística que acreditan a 152 praias das costas españolas. A este acto asistirá o alcalde, Xosé Deira Triñanes.

    Serán o Ministro de Industria, Turismo e Comercio, Miguel Sebastián; o Secretario de Estado de Turismo, Joan Mesquida e o presidente do ICTE, Miguel Mirones os que farán entrega das Bandeiras “Q”  ás praias españolas certificadas polo Instituto para la Calidad Turística Española.

    O incremento nun 28% de certificacións neste sector turístico, respecto ao ano anterior, contribúe á firme aposta que dende as administracións públicas, principalmente concellos, se está a facer por dotar as súas instalacións de baño de todos os servizos de: seguridade, hixiene e servizos complementarios para a súa posterior certificación polo ICTE.

    Carragueiros, nun día de chuvia

    A Norma "Q" Calidad Turística para praias ofrece un sistema de calidade dirixido ao goce turístico das praias dende o respecto aos valores medioambientais e a sostibilidade dos ecosistemas. Diferénciase dos demais recoñecementos, que unicamente se centran en aspectos referidos á auga do mar e os areais.

    Esta Norma de Calidade está implantada en 9 Comunidades Autónomas: Andalucía, Asturias, Baleares, Cantabria, Cataluña, Galicia, Melilla y Murcia. Galicia ten actualmente 9 bandeiras "Q" (catro na provincia de A Coruña) e tres delas corresponden ao concello de Boiro, como se pode comprobar en http://www.calidadturistica.es

     

    Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Boiro: o luns 14 comeza un curso de axente comercial dirixido a desempregados

    Exterior da Casa da Cultura de Boiro


    Boiro, 11 de xuño de 2010. O Departamento de Emprego do Concello de Boiro iniciará este luns, 14 de xuño de 2010, na Casa da Cultura Ramón Martínez López, Parque da Cachada de Boiro, o curso de Axente Comercial, pertencente ás Accións Formativas para Desempregados 2010 (AFD) da Consellería de Traballo e Benestar, cunha duración de 454 horas, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, coa previsión de remate para o día 21 de outubro de 2010.

     

    A Dirección Xeral de Formación e Colocación, partindo dun informe dos saldos netos máis destacados en cada comarca e para cada especialidade formativa da Formación Profesional Ocupacional, seleccionou as especialidades formativas que tiñan ocupacións relacionadas con maior número de contratos que de demandas de emprego, aquelas nas que o movemento do mercado laboral permite colocar a máis persoas das que demandan esa ocupación. En segundo lugar, engadíronse as especialidades nas que se observou que un número importante de alumnos se inserían en ocupacións relacionadas directamente cos cursos realizados (inserción neta), incluíndo así o curso de Axente Comercial na listaxe daquelas accións formativas consideradas prioritarias para a Comarca do Barbanza.

     

    Con este curso, os 15 participantes poderán acadar os coñecementos necesarios para promover, negociar e concretar operacións mercantís, en nome e por conta dunha ou varias empresas, calquera que sexan as características contractuais con que realice o seu cometido, e tamén levar a xestión administrativo-contable pertinente de acordo coa lexislación vixente.

    Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Ribeira: o sábado 12, a ritmo de cancións de Disney, exhibición de patinaxe na clausura as Escolas Deportivas 2010

    Ribeira, 11 de xuño de 2010. Integrantes do Club de Patinaxe Ribeira e da Escola de Patinaxe de Ribeira (esta última promovida polo Concello) serán os grandes protagonistas do Festival de Fin de Curso que transcorrerá mañá sábado, a partir das 20 horas, no Pavillón Polideportivo de Sirves co fin de conmemorar clausura das distintas Escolas Deportivas Municipais que se desenvolveron ao longo desta última anualidade 2009/2010.

    As 16 actuacións programadas versarán sobre o mundo cinematográfico de Disney e nalgúns casos contarán coa colaboración do Club de Patinaxe de Pobra do Caramiñal. 

    Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Ribeira: máis de 25 actividades deportivas no verán para conciliar vida familiar e laboral

    Ribeira, 11 de xuño de 2010. O Concello de Ribeira a través da súa área municipal de Deportes organiza para este verán un total de 26 actividades de toda índole, entre as que se contan escolas deportivas para nenos e para adultos, campamentos e actividades ao aire libre e competicións deportivas. O edil Miguel Ángel Vidal estivo acompañado na presentación por Vicente García, segundo tenente de alcalde, quen destacou "a idoneidade tanto destas actividades de verán como das organizadas polas Concellerías de Cultura e de Xuventude e Turismo para propiciar a conciliación da vida familiar e laboral no período estival". 

    Escolas deportivas para nenos

    Dentro das escolas deportivas para nenos e nenas, cabe salientar como unha das súas grandes novidades a disciplina do remo: unha actividade que pode ter lugar, segundo informou Miguel Ángel Vidal, grazas á colaboración da Cofradía da Dorna, o Club de Remo Puebla e o Club Náutico de Ribeira. A escola desenvolverase nas instalacións desta última entidade, os luns, mércores e venres de 11 a 13 horas. Está dirixida a nenos con idades a partir dos 12 anos. 

    A outra principal novidade será a Escola Deportiva de Orientación, que se celebrará no Parque de San Roque os sábados de 10.30 a 12 horas. Poderán participar rapaces de entre 8 e 15 anos. 

    Ademais, desenvolveranse as xa tradicionais escolas deportivas de baloncesto (na pista exterior do IES Número 1 e no Polideportivo Santa Uxía), Fútbol (na Fieiteira), Tenis (na pista do Touro e o Polideportivo de Sirves), Volei Praia (na praia de Coroso) e Xadrez (no Círculo Mercantil e Industrial de Ribeira) 

    Escolas deportivas para adultos

    Polo que respecta ás Escolas Deportivas para Adultos, tamén hai que resaltar como novidades as escolas de orientación e remo, neste caso dirixidas a persoas de 16 anos en diante. Por outra banda, celebraranse escolas deportivas de aerobic (no polideportivo de Santa Uxía) e tenis (no polideportivo de Artes) 

    Todas as escolas referidas desenvolveranse nos meses de xullo e agosto. 

    Campamentos e actividades ao aire libre

    En canto aos campamentos e actividades ao aire libre, haberá un Campus Multideportivo destinado a rapaces de 6 a 12 anos que se celebrará no polideportivo do IES Número 1 e nas súas inmediacións.  

    Así mesmo, tamén terá lugar un curso de piragüismo na praia de Coroso e unha campaña de vela promovida pola Deputación da Coruña que terá lugar en Porto do Son. 

    Actividades e competicións deportivas

    E en canto ás actividades e competicións deportivas, Miguel Ángel Vidal enumerou a 18ª edición dos campionatos de verán de Fútbol 7 (na Fieiteira) e de Fúbol Sala (en Sirves), o 8º Circuíto de Tenis As Miñoteiras, a Ruta de Sendeirismo O Pindo, o Campionato de Fútbol 7 da Fieiteira, o 3x3 Basquet, o 14º Torneo de Xadrez, o Circuíto Barbanza de Volei Praia, a Travesía a Nado Praia de Coroso, a 3ª Carreira Popular de Artes, a 8º Andaina Popular Concello de Ribeira e a Carreira Popular de Santa Uxía. 

    Pódese obter máis información na páxina web www.riveira.es. Para consultas e inscricións, contactar coa oficina municipal de deportes.

    Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Deportes: o XXIV Maratón de Fútbol 7 de Ribeira será en Oleiros o 19 e 20 de xuño

    Terá sete categorías. Organiza o C.A. de Oleiros e o Concello e colabora a Deputación

    Ribeira, 11 de xuño de 2010.- O concelleiro de Deportes, Miguel Ángel Vidal presentou esta mañá á vixésimo cuarta edición do Maratón Fútbol 7, que se disputará os días 19 e 20 de xuño en Oleiros. A actividade está organizada polo Club Atlético de Oleiros e o Concello de Ribeira, coa colaboración da Deputación de A Coruña. 

    Haberá sete categorías: prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e senior. A cota de inscrición é de 30 euros en todas as categorías agás á de senior, na que serán 60 euros. Polo que respecta aos premios, o campión da categoría senior recibirá 600 euros e trofeo, o subcampión 300 euros e trofeo, e o terceiro clasificado un trofeo. Na modalidade xuvenil haberá trofeo para o campión e o subcampión. 

    O prazo límite para poder inscribirse na competición será o 15 de xuño ás 13 horas. Pódese facer no Club Atlético de Oleiros (teléfono/fax: 981 965 827 a partir das 18 horas; 639 643 213 (Cándido) e e-mail tallerescholi@guiadeportodoson.es). 

    O sorteo celebrarase o día 16 de xuño ás 13.30 horas no Auditorio Municipal lcoal.

    Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Ribeira: presentado o "Verán Cultural" de 2010, coa novidade dun obradoiro de danza clásica

    Internet: hoxe toca fondo floral con Google

    O buscador permite agora, como xa podíamos facer co seu correo Gmail, escoller fondo de escritorio. Debaixo, á esquerda, está a opción. Ten imaxes moi fermosas.

    Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Cinema: bases e fichas de inscrición en varios idiomas da XII Mostra de Curtas "Vila de Noia"

    Rianxo: o BNG insta a soterrar unha liña eléctrica de media tensión en Taragoña


    Rianxo, 11 de xuño de 2010. O BNG de Rianxo demanda que o executivo se acolla á Orde da Consellería de Economía e Industria do 2 de xuño de 2010 (DOG do xoves 10 de xuño)  pola que se establecen as bases para a concesión das axudas para o soterramento de infraestruturas eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder)

    A Orde permite viabilizar a moción do BNG presentada no pleno de maio do ano 2009. Nela aludiase á liña de media tensión que atravesa a parroquia de Taragoña e afecta especialmente ao  Campo de Pazos, onde a liña eléctrica pasa a moi escasa altura das vivendas, mantendo un evidente perigo sobre estas casas, a engadir a outros inconvenientes que supón convivir cunha liña eléctrica de media tensión. Ademais, argumentan os nacionalistas, "é un mal exemplo do chamado feísmo urbanístico".

    Os cableados aéreos son unha constante en toda Galicia porque nunca houbo gobernantes que obrigasen ás empresas a soterrar as liñas cos seus propios cartos

    O texto da Orde da Xunta sinala que a existencia de liñas e outras instalacións eléctricas aéreas de alta e baixa tensión en zonas poboadas xera unha crecente preocupación social polo seu impacto ambiental e sobre a seguridade pública, aspectos que afectan a calidade de vida dos cidadáns.

    En virtude da dita competencia, é responsabilidade da Consellería de Economía e Industria apoiar as actuacións que teñen como finalidade a adecuación e mellora das infraestruturas eléctricas de alta e baixa tensión, así como apoiar as corporacións locais para que poidan acometer este tipo de proxectos, os cales sen este apoio por parte da Administración autonómica non se podería levar a cabo debido á situación económica actual.

    Trátase de apoiar actuacións de soterramentos, recuamentos e outras accións dirixidas á adecuación de infraestruturas eléctricas xa existentes, que debido ao desenvolvemento urbanístico dos concellos en que están, precisan da súa adaptación a estes plans urbanísticos promovidos polas propias corporacións locais. Estas actuacións supoñen unha serie de beneficios de orde social, eliminación do impacto paisaxístico, maior calidade de vida, mellora das súas características técnicas e como consecuencia, unha mellora da calidade da subministración eléctrica, que contribúen ao desenvolvemento rexional da nosa comunidade autónoma.

    Desde o BNG cren que "acae á liña de Taragoña como anel ao dedo acollerse a estas axudas polo que defenderemos a aprobación plenaria desta actuación que pode chegar a subvencionar até o 80% da obra civil".

    Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Arqueoloxía: Paco do Martelo describe a súa relación familiar coa Casota do Páramo

    "Lobos lembro telos visto pola Graña e unha cría viva, no maleteiro do coche do finado de meu tío Antonio da Graña, que non lembro a onde o levara. Collérao nunha das batidas que-lles facían, xa que á parte do ataque a cabalos e vacas en liberdade, como nos quedase unha ovella ou cabra atrás, non volvía a aparecer". As novas formas de arqueoloxía (rama etnoarqueoloxía) tamén buscan incluir a relación dos veciños cos monumentos arqueolóxicos. Paco do Martelo, sen que ningún arqueólogo lle preguntase, conta a súa:
    http://pacodomartelo.blogspot.com/2010/06/casota-do-paramo.html

    Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Twitter

    Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical