Triatlonista en plena carreira de bicicleta
Ribeira, 24 de xuño de 2011. A Concellería de Deportes está poñendo en marcha, coma todos os anos, as Escolas Deportivas de Verán, que abriron o seu período de inscrición o pasado 15 de xuño. Entre estas escolas, cabe destacar a existencia de dúas de nova creación: Mountain Bike e Triatlón, que dende o departamento municipal se pretenden promocionar para dar pulo entre os mozos a estas intensas e incluso duras disciplinas deportivas.
A xente interesada nalgunha delas pode informarse ou anotarse no departamento de Deportes, ben indo ao auditorio Municipal ou no teléfono 981 835 650.
En Ribeira celebrouse hai dous anos a Copa de España de Descenso de BTT
ESCOLA MUNICIPAL DE MOUNTAIN BIKE.
Contidos e horario:
- Rutas organizadas para os nenos.
- Nocións básicas de mecánica para aprenderen a manter a súas bicicletas e a resolver algún pequeno inconveniente que lles poda xurdir nas rutas.
- Inculcaráselle un respecto total dos recursos naturais.
- Nocións básicas de circulación por cidade e estradas.
- Técnica básica de mountain bike.
- A partir de 8 anos.
- Sábados de 10 a 13 horas con saída no polideportivo de Coroso.
ESCOLA MUNICIPAL DE TRIATLÓN. Contidos e horario:
- Iniciación ás tres modalidades que compoñen esta disciplina deportiva (natación, ciclismo e carreira a pé).
- A partir de 13 anos.
- De luns a venres de 11 a 12.30 horas no complexo deportivo A Fieiteira.
Pode interesarlle:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia