24.11.12

Boiro: rematan a limpeza do río Agramuíña no treito de Escarabote e A Madanela

  • As actuación levadas a cabo consistiron na retirada do material vexetal morto e restos inorgánicos, no desbroce da vexetación arbustiva e clareo da vexetación de ribeira, entre outros
  • Estas obras, que custaron 6.600 euros, entran no programa de mantemento e conservación do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa e as súas zonas de acceso e protección

Media_httpfarm9static_rgirq

Boiro, 24 de novembro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de rematar os traballos de mantemento e conservación no río Agramuiña ao seu paso polas parroquias de Escarabote e Madanela, no Concello de Boiro. Grazas a esta actuación adecuáronse e melloráronse máis de 600 metros deste río.

Os traballos levados a cabo consistiron na retirada do material vexetal morto e restos inorgánicos, no desbroce da vexetación arbustiva e o clareo da vexetación de ribeira augas arriba da Madanela, no afluente que se une ao Agramuíña pola marxe esquerda neste mesmo lugar, no treito de vivendas e tramo encauzado xunto ao paseo marítimo.

Estas obras están enmarcadas no programa de mantemento e conservación do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa e as súas zonas de acceso e protección. O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, achegou un importe económico de máis de 6.600 euros para a execución deste proxecto de mellora. 




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical