4.6.10

A Pobra do Caramiñal: entrenamento de full contact

Medio Ambiente: Greenpeace redeséñalle os logos a BP polo desastre no Golfo de México

Ribeira: polémica na Rede polo patrocinio da viaxe xacobea en patíns de Andrés Villar

chúzao!

Concelho de Ribeira subvenciona um guarda civil pra fazer o Jacobéu com patins

Avatar de beto

www.riveira.es/content.asp?ContentId=2421
enviado por beto hai 11 horas 45 minutos, publicado hai 1 hora

Coa fim de comemorar o Annus Sancti 2010, e baixo o patrocínio do barbançano Concelho de Ribeira (ou delictivamente Riveira segundo sua web), o guarda-civil e montanheiro noiés André Vilar Murilho emprendeu o Caminho de Santiago Francês Completo Natural subido nuns Patins. Os detalhes deste desafio forom apresentados na Casa Consistorial polo próprio herói nacional acompanhado do mesmíssimo Alcalde, José Luis Torres Colomer.
4 comentariosen relixión
tags: ribeira, guarda, civil, jacobéu, caminho, patins, sexta karma: 163.00
votos de usuarios: 16, votos anónimos: 4


"Non entendo por que é o concelho de Ribeira o que lho paga, se o tío é de Noia", pódese ler nun comentario, que tamén carga contra o "v" que emprega o Concello sen respectar a lei.
Esta nova lémbranos unha colaboración de David W. Fernández en Certo sobre outro afrontador de retos que temos en Boiro, Juancho Armental. Pódena ler en http://certo.es/index.php?page=brazadas_da_nada

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: o II Festival Audiovisual Galego "Olloboi", o martes 8 de xuño

A proxección das curtas terá lugar no centro social, na rúa Principal de Boiro

Boiro, 4 de xuño de 2010. O Centro Social de Boiro acollerá este martes, día 8 de xuño, ás 20.00 horas, a segunda edición do Festival Audiovisual Galego “OlloBoi”, promovido polo Obradoiro Audiovisual Rodaxe, do IES A Cachada. Nel proxectaranse as curtas gañadoras dun certame organizado por dito obradoiro, que naceu en Ribeira no ano 2008 da man dun grupo de traballo constituído por 12 profesores de oito institutos da comarca, co obxectivo de desenvolver material didáctico que permitira achegarse ao mundo audiovisual dun xeito fundamentalmente práctico; compilar recursos relacionados coa produción audiovisual e animar ao resto do profesorado a participar na creación de contidos educativos en formato audiovisual, entre outros obxectivos. 

Entre as actividades que se realizaron dentro do Obradoiro Audiovisual Rodaxe neste ano, ademais de creación de audiovisuais de curta duración e reportaxes documentais, figuran actividades coma debates, manexo de software e proxeccións de contidos audiovisuais. Como gañadores do certame organizado, o IES Leliadoura de Ribeira fíxose co primeiro premio pola curta O doutor, realizada polos alumnos Raquel Jallas, Jonathan Vázquez, Héctor Riveiro e Mary González. Outro dos galardóns foi para unha curta de animación realizado por un alumno do Bacharelato de Artes do IES Praia Barraña de Boiro, O gato con fame

Con motivo da celebración do fallo do xurado, o Centro Social acollerá o martes a proxección das curtas gañadoras.

Mire os traballos dos gañadores en vídeo aquí

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: o programa turístico "Rutas da Auga" tamén sairá deste municipio

Serea da illa de Sálvora, onde irán dende Boiro este domingo

Boiro, 4 de xuño de 2010. As empresas turísticas Arousavela e Acquavision Galicia continúan un ano máis co programa de verán RUTAS DA AUGA, dende A Pobra do Caramiñal e como novidade este ano tamén desde Boiro.

Por esta ampliación ao peirao boirense,  farán este domingo 6 de xuño unha saída promocional e convidarán a varios colectivos (Anpas dos centros educativos locais, casas de turismo rural, técnicos de turismo da bisbarra, prensa e tres representantes do goberno local)  a unha travesía no Pailebote Nieves dende Boiro ata a Ila de Sálvora, nunha viaxe de catro horas de duración.


O veleiro Nieves, é un dos poucos pailebotes que quedan hoxe en día, construído en 1918 en Broñas (A Coruña). Compaxinándoo coa súa restauración, esta bela embarcación, dedica os seus días á difusión cultural do Patrimonio Marítimo Galego e a promoción do Turismo sostible dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Conta con todos os elementos necesarios para unha navegación segura e clásica.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: en vindeiras datas abrirá o centro de día de alzheimer, con 30 prazas, prometeu hoxe a conselleira de Benestar

Centro ocupacional de Ámbar

O investimento da Xunta no Plan de cooperación de Ribeira permitiu este ano contratar ao dobre de traballadores que en 2009. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, tamén visitou hoxe o centro ocupacional de Amicos e o centro de día para persoas con discapacidade de Ámbar. 

Ribeira, 4 de xuño de 2010.- O investimento que a Consellería de Traballo e Benestar destinou este ano ao Plan de Cooperación de Ribeira permitiu á localidade coruñesa contratar ao máis do dobre de traballadores que en 2009. Para elo foi necesario incrementar o financiamento desta iniciativa nun 59 por cento, é dicir, o orzamento do departamento autonómico reservou 330.760 euros a esta actuación, 123.451 euros máis que o ano pasado.


A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, destacou estes datos na visita que desenvolveu hoxe ao centro ocupacional Amicos de Ribeira. Alí resaltou que “o Concello conta co apoio do Goberno galego para o desenvolvemento de políticas sociais e de políticas de fomento do emprego”.

Tras coñecer de primeira man o labor que se desenvolve no centro ocupacional, a titular do departamento autonómico desprazouse ata o centro de día para persoas con discapacidade de Ambar.

Precisamente no eido da discapacidade, Mato indicou que a Xunta aposta “firmemente” por impulsar a estas persoas “para manter ao máximo as súas habilidades e capacidades e, en definitiva, para promover a súa autonomía persoal”.

Neste punto, incidiu no Plan de Actuación Social no que está a traballar o Goberno galego en colaboración coas entidades sociais da Comunidade autónoma.

“Este documento permitiranos construír, entre todos, unha sociedade máis igualitaria e inclusiva, con igualdade de oportunidades para todos e cun punto de apoio fundamental no ámbito laboral”, concluíu.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, visitou o obradoiro de emprego

Traballo está a investir este ano 926.000 euros en políticas de promoción do emprego e en accións formativas no concello boirense (550.000 directamente no obradoiro, onde se forman 28 alumnos, entre albaneis e carpinteiros)


O acción mixta de formación e emprego, que está a piques de rematar, dotará a Boiro dun viveiro de empresas no polígono industrial de Espiñeira

Boiro, 4 de xuño de 2010.- O Goberno galego está a investir este ano na localidade de Boiro un total de 926.000 euros destinados a políticas de promoción do emprego e a accións formativas. Así o resaltou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen visitou o obradoiro de emprego que está a piques de rematar. A iniciativa vense celebrando durante o ultimo ano e a súa finalización suporá dotar ao concello dun viveiro de empresas.

O departamento autonómico investiu neste obradoiro preto de 550.000 euros, no que se están a formar 28 alumnos en albanelería e carpintería. Mato destacou que as previsións son que ao menos 18 deles poidan insertarse no mercado laboral ao lembrar que as estadías indican que un 70 por cento dos participantes nos obradoiros de emprego conseguen un contrato de traballo.

Así, Mato salientou que “o Goberno galego segue a confiar na efectividade das políticas activas de emprego e máis que nunca nesta situación de crise” ao tempo que avogou “plenamente” polo fomento da empregabilidade como “unha auténtica vía para axudar aos traballadores en paro, ao contrario que os subsidios”. Engadiu que para a Administración autonómica esta iniciativa é unha “ferramenta básica” para a mellora da empregabilidade dos traballadores e traballadoras galegas. Argumentou que as accións mixtas de formación e emprego proporcionan un contrato de traballo, ofertan unha formación acorde coas necesidades do mercado laboral e fan visible o esforzo coa realización de obras de interese xeral para a comunidade. Explicou tamén que a planificación destas accións forman parte “esencial” do diálogo cos axentes sociais e tamén do Plan Autonómico de Emprego 2010-2013.

Neste sentido, recordou que a Consellería de Traballo e Benestar destinará a accións mixtas de formación e emprego 36,9 millóns de euros en toda Galicia este ano. Precisamente, a semana pasada procedeuse á selección de novos proxectos para estes programas, que nunha primeira fase suporán un investimento de preto de 13 millóns de euros e o desenvolvemento de 26 novos proxectos. A actuación de Traballo e Benestar beneficiará a 650 desempregados e a preto de 100 profesionais docentes. “A Xunta agarda que esta aposta, na que estamos seguros contaremos co apoio dos concellos, sirva para proporcionar un horizonte máis forte para Galicia á saída desta crise”, concluíu.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Mar: actividades extremas a pulmón libre

Abstéñase se non é campión de mundo de apnea, como Guillaume Nery.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Porto do Son: a poesía non morde

Outra produción de SonCine para Vinte10 Tv

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: a galería de fotodenuncias de Cabodecruz.net segue a medrar

Incorporadas máis imaxes coa subseguinte explicación. No Picasa de Cabodecruz.net (http://picasaweb.google.com/cabocruz/FOTODENUNCIA)

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical