Centro ocupacional de Ámbar
O investimento da Xunta no Plan de cooperación de Ribeira permitiu este ano contratar ao dobre de traballadores que en 2009. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, tamén visitou hoxe o centro ocupacional de Amicos e o centro de día para persoas con discapacidade de Ámbar.
Ribeira, 4 de xuño de 2010.- O investimento que a Consellería de Traballo e Benestar destinou este ano ao Plan de Cooperación de Ribeira permitiu á localidade coruñesa contratar ao máis do dobre de traballadores que en 2009. Para elo foi necesario incrementar o financiamento desta iniciativa nun 59 por cento, é dicir, o orzamento do departamento autonómico reservou 330.760 euros a esta actuación, 123.451 euros máis que o ano pasado.
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, destacou estes datos na visita que desenvolveu hoxe ao centro ocupacional Amicos de Ribeira. Alí resaltou que “o Concello conta co apoio do Goberno galego para o desenvolvemento de políticas sociais e de políticas de fomento do emprego”.
Tras coñecer de primeira man o labor que se desenvolve no centro ocupacional, a titular do departamento autonómico desprazouse ata o centro de día para persoas con discapacidade de Ambar.
Precisamente no eido da discapacidade, Mato indicou que a Xunta aposta “firmemente” por impulsar a estas persoas “para manter ao máximo as súas habilidades e capacidades e, en definitiva, para promover a súa autonomía persoal”.
Neste punto, incidiu no Plan de Actuación Social no que está a traballar o Goberno galego en colaboración coas entidades sociais da Comunidade autónoma.
“Este documento permitiranos construír, entre todos, unha sociedade máis igualitaria e inclusiva, con igualdade de oportunidades para todos e cun punto de apoio fundamental no ámbito laboral”, concluíu.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario