Serea da illa de Sálvora, onde irán dende Boiro este domingo
Boiro, 4 de xuño de 2010. As empresas turísticas Arousavela e Acquavision Galicia continúan un ano máis co programa de verán RUTAS DA AUGA, dende A Pobra do Caramiñal e como novidade este ano tamén desde Boiro.
Por esta ampliación ao peirao boirense, farán este domingo 6 de xuño unha saída promocional e convidarán a varios colectivos (Anpas dos centros educativos locais, casas de turismo rural, técnicos de turismo da bisbarra, prensa e tres representantes do goberno local) a unha travesía no Pailebote Nieves dende Boiro ata a Ila de Sálvora, nunha viaxe de catro horas de duración.
O veleiro Nieves, é un dos poucos pailebotes que quedan hoxe en día, construído en 1918 en Broñas (A Coruña). Compaxinándoo coa súa restauración, esta bela embarcación, dedica os seus días á difusión cultural do Patrimonio Marítimo Galego e a promoción do Turismo sostible dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Conta con todos os elementos necesarios para unha navegación segura e clásica.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario