A proxección das curtas terá lugar no centro social, na rúa Principal de Boiro
Boiro, 4 de xuño de 2010. O Centro Social de Boiro acollerá este martes, día 8 de xuño, ás 20.00 horas, a segunda edición do Festival Audiovisual Galego “OlloBoi”, promovido polo Obradoiro Audiovisual Rodaxe, do IES A Cachada. Nel proxectaranse as curtas gañadoras dun certame organizado por dito obradoiro, que naceu en Ribeira no ano 2008 da man dun grupo de traballo constituído por 12 profesores de oito institutos da comarca, co obxectivo de desenvolver material didáctico que permitira achegarse ao mundo audiovisual dun xeito fundamentalmente práctico; compilar recursos relacionados coa produción audiovisual e animar ao resto do profesorado a participar na creación de contidos educativos en formato audiovisual, entre outros obxectivos.
Entre as actividades que se realizaron dentro do Obradoiro Audiovisual Rodaxe neste ano, ademais de creación de audiovisuais de curta duración e reportaxes documentais, figuran actividades coma debates, manexo de software e proxeccións de contidos audiovisuais. Como gañadores do certame organizado, o IES Leliadoura de Ribeira fíxose co primeiro premio pola curta O doutor, realizada polos alumnos Raquel Jallas, Jonathan Vázquez, Héctor Riveiro e Mary González. Outro dos galardóns foi para unha curta de animación realizado por un alumno do Bacharelato de Artes do IES Praia Barraña de Boiro, O gato con fame.
Mire os traballos dos gañadores en vídeo aquí
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario