18.11.09

Dodro: tres cursos de informática en marcha.

Os primeiros en Imo e Traxeito...

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira celebra este venres 20 o Día Internacional do Neno

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Turismo: Arousa Norte promociónase en Valladolid esta semana

Do 19 ao 22 de novembro, da man de TurGalicia, a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte (Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira) voltan a promocionarse un ano máis nesta feira internacional de Turismo de Interior. O obxectivo é desestacionalizar o turismo e promover no cerne de Castela e tamén de España as visitas á nosa Barbanza en calquera época do ano. Arousa Norte estará no stand 205, no pavillón 2, por se alguén se quere pasar. Toda a información sobre Intur, en http://feriavalladolid.com/intur/index.php http://feriavalladolid.com/intur/images/galeria/DSC_0090.jpg

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Política: o asunto do día, moción de censura en Porto do Son

Unha moción de censura pecha dous anos de paréntese 'popular' en Porto do Son

Este mércores ao mediodía está convocada na casa da cultura de Porto do Son a moción de censura presentada polo PSdeG e o BNG contra o goberno local, do PPdeG. O rexedor saínte, Manuel Tomé, chegara á alcaldía despois da falta de acordo entre as dúas forzas promotoras da moción.

Nas eleccións de 2007, oO PPdeG fora, por primeira vez, a forza máis votada no municipio. Os seus seis concelleiros gobernaron até agora en minoría, fronte a cinco edís do PSdeG, catro do BNG e dous independentes de cadansúa formación política.

A pesar do pacto asinado entre o PSdeG e o BNG para impulsar gobernos de coalición nos concellos onde fose posíbel, os edís sonenses do BNG negáranse a apoiar o candidato socialista. Ramón Quintáns, que xa fora alcalde nos anteriores tres mandatos (o primeiro deles co apoio e posterior ruptura do BNG), e acusado pola oposición de fomentar a "desfeita urbanística".

Nestes últimos anos, a única exixencia dos nacionalistas para formar goberno cos socialistas era que descartasen o seu candidato e propuxesen outro. Esa condición xa se deu: o novo alcalde será o número dous da lista do PSdeG, Pastor Rodríguez, que fora concelleiro de cultura no anterior mandato. O alcalde encargarase, ademais, da área de Urbanismo, mentres que a tenente de alcalde, a nacionalista Ánxela Franco, levará Obras. Así mesmo, o BNG terá maioría na comisión de goberno.

O caso de Porto do Son é atípico de entre todas as mocións de censura que se produciron dende 2007 en Galiza, por ser a única que vai sacar do poder o Partido Popular e por non implicar transfuguismo nin cambios de alianzas.

Dende a dirección do PPdeG aseguraron que a moción de censura agocha escuros motivos e que o anterior alcalde, Ramón Quintáns, seguirá gobernando dende a sombra e acusou os concelleiros do BNG de "cómplices" e de "vendidos". Pola súa banda, o PSdeG e o BNG xustifican a moción de censura pola "inoperancia" do goberno do PPdeG e anunciaron que as súas primeiras medidas serán negociar uns novos orzamentos municipais e as obras do novo Plan E.
Fuente: vieiros

Publicado por Xabier Pita Wonenburger o Novembro 18, 2009 9:20 AM

Temas candentes (secuestro do Alakrana, mesmo o temporal) fixeron que quedase un tanto relegado este asunto. Mais hoxe comeza unha nova etapa na política municipal de Porto do Son. Ou non tan nova, segundo outros. Na rede (esta é unha entrada dun blog da Galisfera socialista) veremos análises estes días.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Curiosidades: peches con puños modernos en granito

Visto en Porto do Son.

Algún intérprete destes puños pechados que nos lea?

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Tecnoloxía: novo xeito de buscar imaxes, por Google


http://image-swirl.googlelabs.com

Polo de agora está en probas.

Nós empregamos (polo asunto de licenzas Creative Commons) o http://compfight.com

Se temos que buscar unha cor en especial (amarelo e negro, por exemplo) imos a http://labs.ideeinc.com/multicolr


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Cinema: documental 'Océanos'

Promete. Moito. Xaneiro 2010, estrea.
Polo pronto, o tráiler "manca".
Vía http://blogueiros.axena.org/2009/11/18/oceans-un-documental-de-jacques-perrin-y-jacques-cluzaud/

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: un resumo das desfeitas do temporal en fotos, por Dani Gestoso

Esas bandas luminosas dos traxes de Proteción Civil moito amolan as fotos coa reflexión!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical