13.1.10

Boiro: Google Street View conxelou a cordelería queimada, que se ve como era antes do incendio

O incendio foi o 24 de setembro. Catro meses despois, a cordelería segue en Google Street View como se non pasara nada. Cousas da técnica!

<br /><small>Ver mapa más grande</small>

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Arqueoloxía: a Pedra da Bullosa, en Boiro, segue a deteriorarse

De novo envíovos algo máis de “lo que el viento se llevó”. Neste intre tócalle o Concello de Boiro onde se atopa o Centro Arqueolóxico da Barbanza.

Trátase da Pedra da Bullosa: esquecida polos cultos, polo Concello e polos técnicos de Neixón,  os cales verten pragas sobre os causantes de tal deterioro acusando de tal desfeita  á administración. E eu pregúntome:  quen é a autoridade na Barbanza sobre esta materia?

Coido que os políticos bastante teñen intentando satisfacer a tódolos cidadáns contándolles milongas  e outras patrañas. Son tan mediocres e hipócritas, que non teñen valor para dicirlles ós cidadáns que a tarta non da para máis, e que o empeño ao que someteron  ós concellos, está que rebenta,  e  cos  flecos que poidan saír dos inflados  orzamentos  irán reparando atascos de sumidoiros, baches , farois e suprimindo os poucos aparcamentos públicos para rendibilizar aos da súa ralea, e seguir empufando ás pequenas  empresas.

Oxalá o pouco que fan o fixeran ben, e que as obras que levan a cabo durasen e fosen proxectadas con visión futurista e dirixidas por xente competente que tivese un pouquiño de idea do que é  a paisaxe, os materiais e formas,  para integrar con sentidiño  estes elementos no ambiente, respectando o entorno urbano, rural  típico, artístico e paisaxístico.

Non obstante, debemos ter a suficiente humildade para recoñecer que estamos nun confín fisterrán onde todo chega con retraso:  as artes, as ciencias, as letras, o gas, o tren e mesmo as epidemias.

E unha mágoa.  Pero  temos que admitilo.

Sen máis preámbulo paso a mostrarlles en imaxes o drama da pedra da Bullosa en Seán, Boiro.

A primeira, na súa fase de resistencia milenaria.

A segunda foto, é un detalle intentando destacar a súa enigmática mensaxe.

A terceira é a situación en que se atopa dende fai  varios anos,  ferida de morte por uns energúmenos, tanto municipais  ou quen  fose. Sospeito que o anaco de pedra que asoma deitado, xa foi sustraído.

A cuarta é como se atopa na actualidade.

 Domingo Regueira


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: o venres 15 de xaneiro, "Os soños de Walla"

<div><br /><b>OS SOÑOS DE WALLA</b><br /><i>por juliopez</i></div>

Teatro e sensibilización social danse a man este venres coa representación de Os soños de Walla

 

Santa Uxía de Ribeira, 13 de xaneira de 2010.- Este venres, día 15 de xaneiro, a partir das 19.30 horas, o Auditorio Municipal de Ribeira vai dar cabida ao espectáculo teatral “Os soños de Walla”, que se adscribe dentro do programa teatrAcción: unha iniciativa promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a Escola Superior de Arte Dramático (ESAD), cuxo principal obxecto estriba en utilizar o teatro como ferramenta de sensibilización cidadá en relación aos desequilibrios globais, as súas causas e as súas consecuencias. Para a súa posta en escena no municipio de Ribeira contou coa colaboración da Concellería de Igualdade, Acción Social, Deportes e Voluntariado que dirixe María Esther Patiño.

 

“Os soños de Walla”, de Julio Fernández, aborda a historia dunha adolescente con muletas empeñada en ir á escola que, ante o impedimento da súa minusvalía física e da longa distancia que separa a súa aldea da escola máis próxima, afronta o seu desexo de aprendizaxe cos obstáculos determinados polos seus prexuízos e a discriminación existente no seu entorno. O seu soño de aprendizaxe encerra tamén a súa pretensión de xerar ilusión ao seu redor.               

 

TeatrAcción


A creación do programa teatrAcción xurde da sinatura dun convenio no 2008 entre o Fondo Galego e a Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia, con Manuel Vieites á fronte do proxecto como director. Con el preténdese unir teatro e sensibilización social. O primeiro ano destinouse á conformación do grupo e á execución de diferentes obradoiros de traballo nos que se afinaron as posibilidades de empregar o teatro como ferramenta de sensibilización social. Neste segundo ano o grupo de traballo conformado pola ESAD de Galicia, representará a obra “Os soños de Walla” en 10 Concellos galegos.

 

Neste sentido, ademais de en Ribeira, a obra vaise representar proximamente en Oleiros, Outes e Baiona e xa se escenificou en Vigo, Sarria, Allariz, Viveiro, O Barco e Ourense: todos eles concellos asociados ao Fondo Galego.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: esta fin de semana, Aguiño lembra con varios actos culturais a Francisco Lorenzo Mariño

Lingua galega: a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da Barbanza, tamén contra o decreto

Ecoloxía: os rapaces de Axena falan hoxe de cambio climático en Galicia

Datos da páxina da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, moi ben resumidiños. Paga a pena botarlle un ollo. Xa facer algo por remedialo sería a bomba!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical