De novo envíovos algo máis de “lo que el viento se llevó”. Neste intre tócalle o Concello de Boiro onde se atopa o Centro Arqueolóxico da Barbanza.
Trátase da Pedra da Bullosa: esquecida polos cultos, polo Concello e polos técnicos de Neixón, os cales verten pragas sobre os causantes de tal deterioro acusando de tal desfeita á administración. E eu pregúntome: quen é a autoridade na Barbanza sobre esta materia?
Coido que os políticos bastante teñen intentando satisfacer a tódolos cidadáns contándolles milongas e outras patrañas. Son tan mediocres e hipócritas, que non teñen valor para dicirlles ós cidadáns que a tarta non da para máis, e que o empeño ao que someteron ós concellos, está que rebenta, e cos flecos que poidan saír dos inflados orzamentos irán reparando atascos de sumidoiros, baches , farois e suprimindo os poucos aparcamentos públicos para rendibilizar aos da súa ralea, e seguir empufando ás pequenas empresas.
Oxalá o pouco que fan o fixeran ben, e que as obras que levan a cabo durasen e fosen proxectadas con visión futurista e dirixidas por xente competente que tivese un pouquiño de idea do que é a paisaxe, os materiais e formas, para integrar con sentidiño estes elementos no ambiente, respectando o entorno urbano, rural típico, artístico e paisaxístico.
Non obstante, debemos ter a suficiente humildade para recoñecer que estamos nun confín fisterrán onde todo chega con retraso: as artes, as ciencias, as letras, o gas, o tren e mesmo as epidemias.
E unha mágoa. Pero temos que admitilo.
Sen máis preámbulo paso a mostrarlles en imaxes o drama da pedra da Bullosa en Seán, Boiro.
A primeira, na súa fase de resistencia milenaria.
A segunda foto, é un detalle intentando destacar a súa enigmática mensaxe.
A terceira é a situación en que se atopa dende fai varios anos, ferida de morte por uns energúmenos, tanto municipais ou quen fose. Sospeito que o anaco de pedra que asoma deitado, xa foi sustraído.
A cuarta é como se atopa na actualidade.
Domingo Regueira
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario