4.5.11
Noia: todo listo para que comece a rexeneración da Ría, trala chegada da maquinaria de Tragsa
Coa fin de evitar efectos sinérxicos indesexados, as obras de demolición proxectadas vanse coordinar coa construción do viaduto sobre a ría de Muros-Noia, cuxa execución depende da Dirección General de Obras Públicas da Xunta de Galicia, co obxectivo de que os efectos acumulativos entre ambas actuacións resulten ser os mínimos posibles. Unha vez que se completen todos os traballos de demolición da escolleira e de retirada de cascallos das zonas de Punta de Testal e A Chaínza vaise, sempre segundo o Ministerio, constatar unha mellora da calidade visual de toda a zona final da ría de Muros-Noia, ao eliminar elementos de orixe antrópico alleos á paisaxe natural. O estudo de impacto ambiental inclúe un programa de vixiancia ambiental no que se detallan especificacións necesarias para o seguemento das obras.
Convenios coa DeputaciónPor outra banda, a Deputación da Coruña acaba de achegar 100.000 euros para a compra dos terreos onde se situará a planta de tratamento de residuos da Mancomunidade do Barbanza. O predio mide concretamente 126.000 metros cadrados en San Martín de Remédelo, concello de Rois, onde se situará unha planta de tratamento de residuos da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza. A achega provincial representa o 20% do importe total da adquisición do terreo, que ascende a 500.000 euros.

Convenio co Centro Empresarial da Construción O presidente da Deputación da Coruña subscribiu hoxe tamén un convenio co Centro Empresarial da Construción do Barbanza (CECB) para financiar a adecuación do terreo que da acceso ao centro de formación, e que supón un investimento de 30.700 euros.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia