- O venres, por parte dos integrantes de Aturuxo! de Boiro
- O sábado 7 de xaneiro, por parte do Bng
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Barbanza e Noia, 4 de xaneiro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licitou onte por 1.347.821,84 euros as obras de rehabilitación do firme da estrada Cee-Ribeira (AC-550), ao longo de 30 quilómetros.
O obxectivo destas obras será mellorar as condicións de comodidade e seguridade da estrada mediante a reparación do firme, debido ao elevado desgaste do mesmo. As obras levaranse a cabo entre os puntos quilométricos 73+250 e 103+500; coa fin do conseguir unha execución mais áxil dividíronse as actuacións en dous subtreitos: desde o PK 73+250 (Noia) ao 84+000 (intersección coa CP-7101 a Nebra), cun orzamento de 657.302 euros, e do PK 84+000 ao 103+500 (Ribeira), cun investimento de 690.519 euros.
A reposición da capa de rodadura permitirá mellorar as condicións de conservación do vial. A actuación complementarase coa reposición das marcas viarias horizontais e de sinais verticais.
A Xunta analizou o estado do pavimento en cada un dos treitos, e concluíuse que nas zonas de travesía a capa de rodadura atópase moi deteriorada, polo que non será posible selar o pavimento e será necesario realizar un fresado e eliminar a capa de rodadura de todo o carril de circulación, para posteriormente repoñer o firme eliminado estendendo unha nova capa de mestura bituminosa.
Fora das travesías, realizarase un fresado e reforzo do firme das zonas agretadas, e estenderase posteriormente un microaglomerado en frío para mellorar as características superficiais do firme. O fresado aplicarase en anchos mínimos de 1,5 metros para asegurar unha compactación óptima.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 4 de xaneiro de 2012.- Este vindeiro venres 6 de xaneiro comezará unha nova edición do Máster Galego de Tenis, torneo que está organizado polo Club de Tenis Punta Salera, en colaboración co Concello de Ribeira e a Federación Galega de Tenis, e está patrocinado por Banca Mediolanum, Punto de Partido e Eroski. Blas Sobrido, secretario do Club Punta Salera, e Juan Luis Martínez, concelleiro de Deportes de Ribeira, deron conta hoxe das principais características do torneo, no que participarán as mellores raquetas da Comunidade.
A competición estará dividida en dúas categorías: absoluta feminina (cunha nutrida participación da zona entre as dezaseis xogadoras) e absoluta masculina. Nesta última, o cabeza de serie nº1 será o defensor do título e actual campión galego, o vigués Miguel Casal; mentres que o segundo favorito será o mexicano afincado en Vigo Roberto Rodríguez, seguido do coruñés Rodrigo Figueroa, nº3 de Galicia e 62º de España.
Os partidos en categoría feminina comezarán a disputarse ás 17 horas do venres nos pavillóns de Artes, Coroso, Sirves e Fieiteira; mentres que os oitavos de final masculinos celebraranse o sábado a partires das 10 horas nos pavillóns de Coroso e Fieiteira, deixando este último escenario para o desenvolvemento dos cuartos de final durante toda a tarde.
As semifinais en ambas categorías xogaranse na Fieiteira o domingo a partires das 9.30 da mañá, iniciándose polas femininas, en tanto que as masculinas darán comezo non antes das 12 do mediodía. As finais están programadas para as 17.00 horas a femenina e as 18.15 horas a masculina. Ambas, na Fieiteira.
Tanto Juan Luis Martínez como Blas Sobrido quixeron convidar a todos os veciños da comarca a que non deixen de presenciar este gran espectáculo no que se congregarán os mellores tenistas deste país.

Carreira popular de Nadal: será o sábado 7 de xaneiro

Torneo: Flor de Toxo organiza un en xaneiro
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 4 de xaneiro de 2012.- Os Reis Magos de Oriente chegarán mañá xoves ás 17 horas a Ribeira voando. Así o anunciou a concelleira de Cultura, Elvira Pisos, nun acto de presentación da cabalgata na que estivo acompañada dos técnicos municipais Unai González e Segundo Durán.
As Súas Maxestades aterrarán na esplanada do Malecón en helicóptero no medio dun espectáculo pirotécnico e as oportunas condicións de seguridade para, acto seguido, iniciar un desfile que descorrerá pola avenida do Malecón, dará a volta na praza da Concordia para internarse pola rúa de Galicia ata a praza de Compostela e, unha vez alí, virar pola rúa Romero Ortiz para voltar percorrer o paseo do Malecón, esta vez ata a rúa Rosalía de Castro, á cal afrontarán as carrozas participantes para pasar por diante da praza do Concello, subir por 9 de agosto ata a rotonda da Serea, baixar por Rosalía de Castro e entrar xa na Casa Consistorial, onde os Reis asistirán á correspondente recepción de alcalde e autoridades municipais.
Sorteo de tres agasallos sorpresa
Outra das novidades que deparará esta nova edición da cabalgata reside en que unha vez chegado ao Consistorio Melchor, Gaspar e Baltasar sortearán tres agasallos sorpresa. Previamente, o Carteiro Real veu repartindo as oportunas rifas entre os nenos durante as visitas ás distintas parroquias e á cidade. No caso de que durante o momento do sorteo non aparecese algún dos números premiados, o agasallo correspondente será custodiado no Auditorio Municipal á espera de que apareza o neno gañador para entregarlle o galardón.
Os Reis dirixiranse a todos os espectadores dende o balcón do Concello nun momento que combinará o lanzamento de confetti con fogos de artificio. A continuación, baixarán ata os soportais para recibir a todos os nenos e nenas que así o desexen.
Nove carrozas
A comitiva estará encabezada polo tren Expreso de Oriente (con dobre vagón) e formada por nove carrozas: ademais das do tres Magos, haberá outras carrozas da Asociación de Amas de Casa, Aires da Dorna, Arrecó, Alfaia, Asociación Francisco Lorenzo Mariño, Flor de Toxo e Amencer. Todas elas estarán decoradas con ambientación mariñeira e de Nadal. Durante o traxecto serán lanzados máis de 1.000 quilos de caramelos, ao que hai que sumar os 300 xa repartidos entre as asociacións das parroquias do municipio para os seus propios actos.
Acompáñanos, aos Reis, a Banda de Música de Barro (Pontevedra), Kilomberos de Monte Alto (A Coruña), Charanga Os Trompos das Nicras (Boiro) e Comparsa Os da Caña (Marín).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Dodro, 4 de xaneiro de 2012. O alcalde do Concello, Valentín Alfonsín, a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade que dirixe Marisol Boga Grela, asinou onte, día 3 de xaneiro, un convenio de colaboración coa Fundación "Amigos de Galicia" despois de varias xestións realizadas pola concellería.
O Convenio ten por obxecto dar “cobertura de necesidades básicas ás persoas en situación de carencia de recursos económicos de Dodro” coa distribución de alimentos e outros productos de primeira necesidade, recollendo tamén axudas de roupa e calzado, mobles e enseres domésticos, produtos hixiénicos e material escolar entre outros.
O custo deste convenio para o Concello de Dodro é de 2.000 € anuales e repercutirá en axudas a familias de Dodro nuns 40.000 €. Coa sinatura deste Convenio, o equipo de goberno "comprométese unha vez máis cos máis necesitados do noso concello", segundo fontes municipais.
Tamén con data de onte, o Concello de Dodro vai colaborar na campaña “Recollida de tapóns de plástico para salvar a vida de Aitana” organizada por esta mesma Fundación. As persoas interesadas en colaborar poderán depositar os tapóns de plástico na Casa do Concello ou no Departamento de Servizos Sociais.
Que é "Amigos de Galicia"
http://www.fundacionamigosdegalicia.org
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 4 de xaneiro de 2012.- O Concello informa de que esta semana deu inicio a actuación pola cal a estrada de Deán Grande, situada na cidade ribeirense, vai ver renovados os seus servizos urbanos de saneamento. O importe da actuación ascende a un total de 121.630,80 euros e o prazo de execución é de tres meses. A empresa Río Sieira, S.L., é a encargada de executar as obras.
Na actualidade, na estrada a Deán Grande existe xa unha liña de saneamento pero cunha profundidade que resulta insuficiente para que as acometidas das vivendas fagan a súa función todo o ben que deberían. Por tal motivo, o Executivo Local propúxose instalar unha nova rede de saneamento a maior profundidade, de tal xeito que se lle podan dar maior desnivel ás acometidas e o sistema de saneamento funcione con total corrección.
A tubaxe que se situará na zona de actuación contará cunha lonxitude de 200 metros e estará feita de PVC compacto. O pavimento afectado pola execución das obras serán reposto mediante a extensión dunha base de 25 centímetros de formigón en masa, sobre o que se aplicará unha mestura bituminosa de 8 centímetros de espesor.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia