Boiro, 4 de xaneiro de 2012. As Xuventudes Socialistas de Boiro veñen de escoller unha nova Secretaria Xeral da Agrupación. A persoa que ocupa a partires de agora este cargo é Adriana Castro, de 23 anos e licenciada en Pedagoxía, que xa colaboraba coa agrupación dende hai máis de ano e medio e que tamén formou parte da candidatura socialista nos pasados comicios municipais, nos que o Psoe perdeu o goberno xunto cos seus socios nacionalistas, xa que acadou maioría absoluta o PP. Adriana Castro formará equipo con Silvia García, quen continúa no posto de Secretaria de Organización da entidade. As necesidades de renovación, segundo explica a asociación xuvenil socialista, debéronse a que o anterior secretario ao cargo, Jorge Campaña, viña de cumprir os 31 anos, idade á que se debe deixar as Xuventudes Socialistas tal e como se estipula nos propios Estatutos da organización. A nova Secretaria Xeral, que destacou que afronta este cargo “con certo nerviosismo e respeto pero sobre todo con moita ilusión e ganas de traballar para sacar adiante proxectos e iniciativas interesantes para os xóvenes do municipio boirense”, tamén quixo aproveitar para agradecer a labor realizada polo ata agora Secretario Xeral, Jorge Campaña, "quen conseguiu revitalizar a agrupación mediante a organización de diversas actividades culturais e políticas na vila e implicando aos máis novos para traballar co partido".
María Torres, Secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, e Juan Jesús Ares, Secretario Xeral da Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Boiro, tamén quixeron acompañar a Jorge Campaña na súa despedida e dar a noraboa a Adriana Castro no comezo do seu labor. Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario