Ribeira, 4 de xaneiro de 2012.- O Concello informa de que esta semana deu inicio a actuación pola cal a estrada de Deán Grande, situada na cidade ribeirense, vai ver renovados os seus servizos urbanos de saneamento. O importe da actuación ascende a un total de 121.630,80 euros e o prazo de execución é de tres meses. A empresa Río Sieira, S.L., é a encargada de executar as obras.
Na actualidade, na estrada a Deán Grande existe xa unha liña de saneamento pero cunha profundidade que resulta insuficiente para que as acometidas das vivendas fagan a súa función todo o ben que deberían. Por tal motivo, o Executivo Local propúxose instalar unha nova rede de saneamento a maior profundidade, de tal xeito que se lle podan dar maior desnivel ás acometidas e o sistema de saneamento funcione con total corrección.
A tubaxe que se situará na zona de actuación contará cunha lonxitude de 200 metros e estará feita de PVC compacto. O pavimento afectado pola execución das obras serán reposto mediante a extensión dunha base de 25 centímetros de formigón en masa, sobre o que se aplicará unha mestura bituminosa de 8 centímetros de espesor.
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario