14.5.10

Ribeira: xa se pode ver a mostra itinerante de arte contemporánea "Iacobus Gallaecia" no auditorio

Ribeira, 14 de maio de 2010. Pilar Ron en representación da Sociedade do Xacobeo e Luciano Fernández como edil de Cultura ribeirense foron os encargados de inaugurar este serán a exposición “Iacobus Gallaecia”, mostra que se pode admirar no Auditorio Municipal ata o vindeiro 13 de xuño.  

Esta exposición itinerante recolle unha selección de obras creadas por autores galegos, moitas das cales nutriron no seu día a colección do Xacobeo na Expo’92 de Sevilla: nomes como Álvarez Basso, Berta Cáccamo, Freixanes, Lamazares, entre outros, que representaron no Pavillón de Galicia o panorama artístico desta terra. 

Así mesmo, exhíbense tamén traballos doutros artistas sempre na pretensión de poñer en valor a creatividade galega. Tal é o caso de Sucasas, Antón García Patiño ou Paco Pestana.

Pilar Ron manifestou durante o acto inaugural que con esta mostra se quere dar a coñecer parte da colección de arte contemporánea que o Xacobeo reuniu durante estes anos, ofrecendo ao público un achegamento á obra de autores galegos actuais e de recoñecido prestixio.  

Terceiro destino

Ribeira é o terceiro destino no que recala a exposición, tras ser exhibida en Santiago de Compostela e Noia. Fernández convidou aos ribeirenses e aos barbanzanos en xeral a que non deixen de acudir ao Auditorio para contemplar esta magnífica mostra, que forma parte da programación do Maio Cultural desenvolvido polo Concello. A Sala de Exposicións do Auditorio estará aberta de luns a venres en horario de 11 a 14 horas; e martes, mércores e sábados de 19 a 21 horas.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: en xuño, catro obradoiros para mulleres

Rianxo, 14 de maio de 2010. Seguindo coas actividades dirixidas ás mulleres rianxeiras que se están realizando durante este ano, o vindeiro mes de xuño vanse desenvolver diferentes obradoiros. Todos eles terán unha duración de 10 horas, en horario de 10:00 a 12:30h e realizaranse no Centro Sociocultural-Auditorio de luns a xoves. As datas son as seguintes:

* Educación Afectivo Sexual dende o luns 31 de maio ata o xoves 3 de xuño.
* Mellora Persoal e Expresión dende o luns 7 ata o xoves 10 de xuño.
* Saúde en Rede dende o luns 14 ata o xoves 17 de xuño.
* Habilidades Prelaborais dende o luns 21 ata o xoves 24 de xuño.

Para máis información e inscrición:
Servizos Sociais (crta. de Tanxil, 12)
Tlfn: 981860061
Correo-e: educacionfamiliar@concelloderianxo.es

Participantes: Mulleres maiores de 18 anos.
Prazo de inscrición ata o 28 de maio.
Prazas limitadas segundo orde de inscrición.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Barbanza e Noia: en xuño, xornadas de busca activa de emprego, organizadas pola UPD


Barbanza-Noia, 14 de maio de 2010
. No mes de xuño dará comezo o ciclo de “Xornadas de Busca Activa de Emprego” organizadas pola UPD da Asociación Impulsora do Pacto Territorial de Emprego de Barbanza-Noia en colaboración cos concellos do Pacto e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Traballo e Benestar.

     A inauguración terá lugar o día 4 de xuño na Aula Multimedia do Concello de Ribeira, coincidindo coa celebración da primeira das xornadas: “Como elaborar o teu curriculum vitae”. Asistirá o presidente do Pacto Territorial de Emprego do Barbanza-Noia e da Asociación Impulsora do Pacto: D. José Luis Torres Colomer, alcalde ribeirense.

     Nesta primeira acción formativa, que terá lugar en horario de mañá, ensinarase ás persoas participantes os aspectos básicos para a elaboración do curriculum vitae, á vez que se lles guiará no proceso de cumprimentación dunha plantilla que lles poida servir como exemplo.

     Aínda que o ciclo se vai abrir en Ribeira, esta mesma xornada realizarase tamén nos outros sete concellos que forman o Pacto, nas datas seguintes:

    * Boiro: 7 de xuño.
    * Lousame: 9 de xuño.
    * A Pobra do Caramiñal: 11 de xuño.
    * Outes: 14 e 15 de xuño.
    * Rianxo: 17 de xuño.
    * Porto do Son: 18 de xuño.
    * Noia: setembro.

O ciclo completarase con outras xornadas, a impartir nos próximos meses (datas por determinar):

  1. “Como afrontar unha entrevista de traballo”
  2. “Pasos para a creación dunha empresa”
  3. “Como darlle forma á túa idea empresarial (Plan de empresa)”
  4. “Xornadas informativas sobre subvencións”.
     Todas as xornadas teñen carácter gratuíto. A xente interesada en anotarse á primeira delas pode facelo no seguinte teléfono: 981 84 18 26, ou a través do correo electrónico: info@updbarbanza-noia.org

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: Deportes organiza unha viaxe á IV Xira Galega de Karting en Santiago o 21 de maio

IV Xira Galega de Karting

O Departamento de Deportes organiza unha viaxe á IV Xira Galega de Karting o videiro 21 de maio. A actividade está dirixida a maiores de 8 anos.

Acudirase á cita de Santiago de Compostela, donde se seguirá o seguinte programa:

-Recepción e presentación do programa en Paddock.

-Entrega de cadernos didácticos de Educación Vial.

-Organización de equipos e mangas.

-Quecemento.

-Carreriras por equipos.

O custo da actividade é de 5 € e o prazo para inscribirse remata o día 20 de maio.

Máis información en http://www.xiragalegakarting.com

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Porto do Son: ata o 17 de maio, II Campionato de Kitesurf na Aguieira

Entrevistas: Toño Maño nos cuenta que somos grandes comedores de tiburón

Manuel Rivas nos llamaba "comedores de patacas" pero habrá que actualizar los tópicos. Toño Maño, ribeirense profesor de Lengua y Literatura, tiene como gran pasión el estudio de los escualos. Lo entrevistamos y nos cuenta que, además de comerlos, estamos acabando con ellos. Sí, nosotros, los gallegos. La entrevista completa en http://certo.es/index.php?page=antonio_mano

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical