Barbanza-Noia, 14 de maio de 2010. No mes de xuño dará comezo o ciclo de “Xornadas de Busca Activa de Emprego” organizadas pola UPD da Asociación Impulsora do Pacto Territorial de Emprego de Barbanza-Noia en colaboración cos concellos do Pacto e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Traballo e Benestar. A inauguración terá lugar o día 4 de xuño na Aula Multimedia do Concello de Ribeira, coincidindo coa celebración da primeira das xornadas: “Como elaborar o teu curriculum vitae”. Asistirá o presidente do Pacto Territorial de Emprego do Barbanza-Noia e da Asociación Impulsora do Pacto: D. José Luis Torres Colomer, alcalde ribeirense. Nesta primeira acción formativa, que terá lugar en horario de mañá, ensinarase ás persoas participantes os aspectos básicos para a elaboración do curriculum vitae, á vez que se lles guiará no proceso de cumprimentación dunha plantilla que lles poida servir como exemplo. Aínda que o ciclo se vai abrir en Ribeira, esta mesma xornada realizarase tamén nos outros sete concellos que forman o Pacto, nas datas seguintes: * Boiro: 7 de xuño.
* Lousame: 9 de xuño.
* A Pobra do Caramiñal: 11 de xuño.
* Outes: 14 e 15 de xuño.
* Rianxo: 17 de xuño.
* Porto do Son: 18 de xuño.
* Noia: setembro. O ciclo completarase con outras xornadas, a impartir nos próximos meses (datas por determinar):
- “Como afrontar unha entrevista de traballo”
- “Pasos para a creación dunha empresa”
- “Como darlle forma á túa idea empresarial (Plan de empresa)”
- “Xornadas informativas sobre subvencións”.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario