9.3.12

Ribeira: o Ateneo Valle-Inclán ponse a descubrir América o 16 de marzo

Charla_ateneo_amrica





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Turismo: presentan a guía de cruceiros da ruta do mar de Arousa e Ulla

Cruceiros_ulla

  • A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e mais o presidente da Federación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, Javier Sánchez-Agustino, presentaron hoxe a publicación tras a xuntanza do Padroado Ordinario da fundación creada en 1965
  • A publicación foi editada pola fundación e os 9.200 exemplares da guía distribuiranse entre os 22 concellos, institucións e organismos do eido turístico durante o período estival. Na bisbarra de Barbanza, pertencen a esta fundación Dodro, Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Meaño, 9 de marzo de 2012.- A Secretaría Xeral para o Turismo, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo colabora coa Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla no patrocinio da edición dunha publicación titulada Guía de Cruceiros Xacobeos no Camiño do Mar de Arousa e Ulla.

No acto de presentación, que tivo lugar tras a reunión do Padroado Ordinario da fundación, que itinera por cada un dos 22 concellos que a forman, estiveron presentes, ademais dos alcaldes dos concellos representados, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e mais o presidente da Fundación Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, Javier Sánchez-Agustino.

A publicación, da que se editaron 9.200 exemplares, recompila localizacións, información detallada, mapas e rutas, así como acontecementos históricos e fai un repaso polos cruceiros que conforman o único vía crucis marítimo-fluvial do mundo. Os cruceiros da Ruta Xacobea foron esculpidos inicialmente por Alfonso Sanmartín Abelleira nunha iniciativa promovida polo fundador da entidade, José Luís Sánchez-Agustino. Posteriormente, a Mancomunidade de municipios de Arousa Norte promoveu a colocación doutros catro exemplares realizados polo escultor de Porto do Son Cabeza Quiles.

Os concellos que forman parte desta fundación son: Boiro, Brión, Cambados, Catoira, Dodro, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, O Grove, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Pontecesures, Rianxo, Ribeira, Ribadumia, Rois, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Teo, Valga, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Dende 1965, pode percorrerse por mar esta ruta que conmemora a chegada a Galicia por mar do corpo do Apóstolo Santiago O Maior, logo de seu martirio en Xerusalén no ano 44. Anualmente, a fundación organiza a conmemoración da Traslatio a través da Ría de Arousa. A guía dos cruceiros xacobeos desta ruta estará dispoñible nos organismos e entidades turísticas dos 22 concellos que forman parte da fundación, así como noutras dependencias turísticas de ámbito local, autonómico e incluso europeo.

Unha Fundación un tanto ignorante

A Fundación Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla foi a que tivo a idea durante o pasado ano Xacobeo, 2010, de organizar, xunto con Portos de Galicia, ente entón presidido polo polémico Álvarez-Campana, un programa chamado "Portos Xacobeos". Nel meteron a concellos que aínda están a agardar peregrinos nos seus peiraos, como Ribeira, e esquecéronse -ou ignoraron adrede- do chamado Porto de Compostela, Noia. En Certo publicamos a información o 3 de marzo de 2010 reprochando o esquecemento. Tardaron tempo en quererse decatar, logo da presión mesmo dos comerciantes noieses, que fixeron incluso unha marcha a Compostela co lema "Portus Apostoli". Como viñan as eleccións, deron o brazo a torcer e o 12 de xuño de 2010 recoñeceron Noia como Porto Xacobeo. Total, para nada: non fixeron un só acto nin puxeron o monolito que distinguiría cada un destes portos. Queremos crer, na nosa inocencia, que non foi porque Noia non estaba gobernada polo PP, senón porque Javier Sánchez-Agustino precisa unhas leccións de historia. Polo menos xacobea.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: danlle os premios "Concello de Ribeira" ao dramaturgo Quico Cadaval, ao arquitecto inglés David Chipperfiel e á Cruz Bermella

  • Nas categorías Traballo Ben Feito, Cultura e Traballo Desinteresado, na XIV Edición destes premios
 

Ribeira, 9 de marzo de 2012.- Os próximos galardoados nos Premios Concello de Ribeira serán, na categoría de Traballo Desinteresado, Cruz Bermella; en Cultura, o dramaturgo indíxena Quico Cadaval; e en Traballo Ben Feito, ao arquitecto británico David Chipperfield. Así o desvelou este mediodía o alcalde Manuel Ruiz nun acto que contou coa participación da presidente da Asociación das Amas de Casa, Magdalena Bringas.

Ruiz Rivas trazou un breve resumo da traxectoria destas distincións, que xa vai pola décimo cuarta edición e comezaron como Premios Onza de Oro da man de Román Padín Montenegro, coa colaboración da Asociación de Amas de Casa, e que retomou logo o Concello proseguindo a implicación da institución que preside Bringas Miralles.

Entre os insignes persoeiros que foron agasallados con este galardón, figuran o que fora cronista oficial de Ribeira Carlos García Bayón, Gonzalo Torrente Ballester, Emilio Rodríguez López Erolo, Alfredo Conde, Fernando Ónega, Francisco Lorenzo Mariño, o propio Román Padín ou o presidente de Pescanova Manuel Fernández de Sousa-Faro. Ademais foron distinguidas entidades como a Cidade dos Muchachos, o Proxecto Home, Protección Civil de Ribeira, o Programa de RTVE Saber Vivir, a Asociación Aige para a igualdade de xénero, Cáritas Ribeira ou a Asociación da Loita contra o Cancro.

Ruiz Rivas resaltou a dimensión internacional do tres premiados, mentres que Magdalena Bringas expresou o seu orgullo de que o Concello “recollese a testemuña” e decidise reimpulsar estes premios, que nas súas últimas convocatorias están simbolizados nunha creación obra do escultor Miguel Couto.

Cruz Bermella

Respecto ao Traballo Desinteresado, o alcalde manifestou a importancia dunha organización na que “multitude de xente ofrece o seu esforzo e o seu tempo sen esperar nada a cambio”. Cruz Bermella en Ribeira está presidida por Ángeles Cores Amigo (coñecida como a Nena) e nas súas orixes  o seu labor no municipio estivo enfocado enfocado principalmente á atender ás incidencias no mar. A principios deste século diversificou as súas accións, promovendo ademais outro tipo de actividades en terra dirixidas a axudar a algúns dos colectivos máis febles na sociedade, como persoas en risco de exclusión social, inmigrantes, maiores,  discapacitados, nenos e mulleres.

Actualmente conta con máis de 1.000 socios en Ribeira e o seu corpo de voluntarios está composto de 18 persoas que prestan a súa colaboración en actividades mariñas (principalmente accións de rescate) e outra vintena de membros que actúan en terra. Juan Pérez e Manuel Cartea foron outros dirixentes da institución.

Quico Cadaval


Entrevistamos a Cadaval hai tempo. Poden ler a entrevista aquí

Nado en Ribeira en 1960, é un artista con innumerables facetas: actor, director, adaptador teatral, contacontos, guionista... Tal e como lembrou o alcalde, principiou a súa vocación na taberna familiar de A Carreirana. A finais dos setenta comezou no mundo da interpretación no Centro Dramático Galego, e xa nos oitenta fundou a súa propia compañía: "O Moucho Clerc". Traballou en diferentes producións da TVG, así como en curtametraxes e longametraxes, e recibiu diferentes premios polo seu traballo no teatro. Foi profesor de interpretación da Operación Triunfo portuguesa no ano 2003.

En 2011 recibiu o Premio Cultura Galega das Artes Escénicas que outorga a Xunta de Galicia.

Entre os seus innumerables traballos figuran: Matías, juez de línea (actor), Cabeza de boi (actor), Amor Serrano (actor), Apaga a luz (guionista), A rosa de pedra (actor), Entre bateas (actor), A miña sogra e mais eu (dirección), Máxima audiencia (actor), As dunas (director), Shakespeare para ignorantes (dirección e interpretación), Un cranio furado (director) ou A ópera dos tres reás, que vén de ser nominada a 8 premios no certame de teatro "María Casares" (director).

David Chipperfield

Sir David Chipperfield é un arquitecto británico nacido en Londres en 1953. Estudou arquitectura na Architectural Association School of Architecture de Londres. Entre 1974 e 1984 traballou con arquitectos da talla de Douglas Stephen, Richard Rogers e Norman Foster. En 1984 estableceu o seu propio estudo, que conta con oficinas en Londres, Berlín, Milán e Shanghai.

Ruiz Rivas lembrou os “entrañables lazos” que unen a este arquitecto británico con Ribeira, quen conta cunha residencia en Corrubedo que ten atraído a “algúns dos máis importantes persoeiros no mundo da arquitectura ou da fotografía”. Ademais expresou a súa satisfacción por que unha persoa que ten as máis altas distincións de gobernos como o británico e o alemán aceptase recibir este premio.

Ten gañado multitude de premios e distincións. Entre os mesmos: a Medalla de Ouro Heinrich Tessenow en 1999; foi nomeado Comendador da Orde do Imperio Británico en 2004; recibiu o Premio Stirling de Alemaña polo Museo  de Literatura Moderna de Marbachou en 2007; en 2009 foi premiado coa Orde do Mérito da República de Alemaña; en 2010 recibiu o Wolf Prize de Israel; en 2011 recibiu a Medalla de Ouro Real do Instituto Real de Arquitectos Británicos; tamén en 2011 recibiu o Premio Mies Van der Rohe pola restauración do Neues Museum de Berlín. E, neste mesmo ano, foi escollido como director da prestixiosa Bienal de Arquitectura de Venecia.

Entre as súas obras máis relevantes figuran a Cidade da Xustiza de Barcelona, o Pavillón de Visitantes de Valencia con motivo da Copa América de Vela ou Museo de Arte de Davenport (Iowa, EEUU) ou a ampliación do Cemiterio de San Michele en Venecia.

Relacionada:
Opinión: "Diséñenoslo, Mr. Chipperfiel", por Gonzalo Sarasquete




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: retoman o Proxecto Boiroverde e presentan as actividades este sábado 10

33921_100825489983361_10000167

Boiro, 9 de marzo de 2012. Boiroverde é un proxecto de sensibilización e dinamización medioambiental que se retoma do iniciado o ano pasado no Concello de Boiro destinado a poboación en xeral, con incidencia nos máis mozos.

Está composto por un grupo de persoas, na súa maior parte integrantes do curso de MTL realizado no mesmo concello, e por voluntarias e voluntarios. Entre os obxectivos do proxecto que se inicia este mes de marzo están a estimulación dos xóvenes nos programas de sensibilización ambiental, dinamización do colectivo de consumidores e dirección cara boas prácticas ambientais, sensibilización na área da implicación cidadá na mellora da recollida selectiva, e rehabilitación medioambiental de zonas deterioradas no casco urbano.

Cabe engadir que este proxecto se inicia cunha plataforma base en forma de blog (http://www.boiroverde.blogspot.com) onde ademais de atopar información medioambiental de actualidade vanse publicar as actividades que se irán realizando, as experiencias dos participantes das actividades e dos monitores na súa planificación e execución, un espazo de fotodenuncia e a información sobre o grupo de consumo que se inclúe no proxecto. A difusión do proxecto tamén ten o seu lugar nas redes sociais Facebook, Tuenti e Twitter (@boiroverde).




Este sábado 10 de Marzo ás 12:00 terá lugar no Centro Social de Boiro o acto de presentación do proxecto Boiroverde. Agárdase a presenza do concelleiro de Xuventude e o concelleiro de Medioambiente, un representante do voluntariado de Cruz Vermella e dous representantes de Boiroverde.

O vindeiro sábado 17 de Marzo haberá xa actividades de dinamización e reciclaxe na rúa peonil. Posteriormente durante o mes de abril realizaranse actividades como unha ruta de sendeirismo, ou unha sesión de apadriñamento de árbores, como xa se fixo en época do bipartito.

Dende a organización do proxecto animan a todos os interesados a participar nas actividades e a realizar as suxestións que desexen.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Ámbar celebra o seu 30 aniversarios cunha manda de actos

Present_30

Ribeira, 9 de marzo de 2012. Neste ano 2012, a Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional cumpre 30 anos dende a súa fundación. Co gallo desta efeméride, van celebrar o 30 aniversario con algunhas accións e actividades que servirán para divulgar o labor feito dende o seu nacemento no ano 1982.

 

Para dar a coñecer o  contido dos diversos actos e actividades que se realizarán ó longo deste 2012, hoxe venres 9 de marzo, ás 11:00 da mañá, tivo lugar no Centro de Recursos da Asociación AMBAR unha rolda de prensa, na que Milagros Rey e Luisa Rodríguez, directivas da asociación, presentaron os actos para a conmemoración do 30 aniversario de AMBAR.

 

A directiva de AMBAR está traballando coas siguintes previsións, algunhas delas xa postas en marcha:

  • Rotulación das furgonetas co lema ‘30! aniversario’.
  • Certame fotográfico: “Viviendo en la comunidad 2012
  • Mural conmemorativo a realizar no Centro de Recursos.
  • Festival AMBAR a realizar o día 8 de xuño no Auditorio de Ribeira.
  • Gala 30 aniversario. Para realizar no mes de setembro en Pobra.
  • Publicación dun libriño conmemorativo sobre a biografía de AMBAR.
  • Soterramento dunha cápsula do tempo en Pobra.
  • Renovación da páxina web.

Ademáis destas accións, xa se iniciaron unha ronda de contactos cos concellos da comarca e foron tramitadas algunhas invitacións a personalidades co fin de que estean presentes na Gala do 30 aniversario.

 

Relacionadas:

Fotografía: Ámbar convoca "Vivindo na comunidade". Máximo 3 fotos. Ata 1 de setembro de prazo


Ribeira: homenaxearon ás perruqueiras. Ámbar e Amicos tamén tiveron actividades


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Colaboración: "Os constructores das antas", por Domingo Regueira

¿Xitanos ou exiptanos, construtores das antas?

 

A raíz de ler un suceso, no cal uns xitanos manifestaban o seu desconsolo pola profanación do nicho do seu pai para levarlle un par de reloxos de ouro, que segundo os fillos e a viúva, —aclarándolle ó periodista, que preguntaba por que o enterraran con tales obxectos —insistíanlle con toda naturalidade, que os ditos obxectos eran pertenzas do defunto, e polo tanto, correspondíalle levalos consigo. Este relato levoume a reflexionar sobre o enigma deste curioso costume, xa que en xeral, salvo raras excepcións, os nosos —paios—, van co posto. Lixeiros de peso.

Dita reflexión dispúxome á expoñer esta atrevida conclusión, de que os anteiros (construtores das antas) que apenas deixaron vestixios dos seus asentamentos, podían ser xitanos. Xitanos ambulantes que subían nos estíos detrás dos animais, e nos invernos baixaban detrás deles. Daí que nas proximidades dos túmulos apenas afloren restos das súas chousas, xa que estas tal vez serían provisionais, a base de elementos vexetais. Aínda que, probables zócalos destas construcións —círculos de pedras fincadas—, atópanse moitos. Sería cuestión de estudalos.

O que si deixaron son as arcas colectivas onde botaban os restos dos defuntos xunto con tódalas súas pertenzas, fose o que fose. Corozas, caxatos, traxes, mantas e cobertores e outros mobles; probablemente nalgún caso, queimasen xunto coas súas pulgas, chinches, polillas e outros dípteros que ignoramos, algún que outro bártulo.

Existen aparentes mámoas con pouca elevación, que podían ser simplemente queimadoiros de bagaxes infectados, ou tamén carboeiras onde facían non hai moito o carbón vexetal.

Para os incrédulos e outros que sempre negaron a existencia de tesouros nestes enterramentos por mor de que destruísen o pouco que nos queda destas xentís sepulturas: aí lles vai un mal arranxo de un edito da época onde empezou o saqueo.


<<Documento que alude al proceso incoado a principios del siglo, XVIII despues de la destrucción de más de 3.000 mámoas llevado a cabo en aquellos años>>

 

<<...otras tierras se an atrevido a cabar y abrir las dhas (dichas) mamoas o modorras o castros sepulturas de gentiles sacando dellas el oro que an allado y usurpandolo a su magestad cuyo hes (cuyos) sin guardar la orden que su magestades servido dar segun sere por lo que han hecho desde que el dho mi parte despacho al dho (dicho) Jacome vazquez guerra y cada dia van con su malicia adelante por tanto y yo en el dho (dicho) nonbre requiero a todos los presentes y por ellos a los ausentes una dos y tres y las mas beces que puedo no se atreban a tocar en las sepulturas gentiles manifestadas por mi parte por ser del rey nuestro señor y pertenecer a su real hacienda y de las que an abierto registren y manifiesten clara y abiertamente lo que han allado subjetandose a la clemencia de su magestad y en lo han sihacer hazan bien y de lo contrarioy de parte de su magestad protestos seran castigados con el rigor del dercho y leis destos reinos y para que conste de su contumacia y malicia y de la nocencia de mi parte y celo que tienen en servir a su magestad hago publicamente este requerimiento y del pido muchos otros asuntos>>

De aí que os profanadores das tumbas xentís nos albores do século dezaoito, atopasen os buratos das arcas cheos de machadiños de pedra e sobre todo —que era o que buscaban,— algunha que outra filigrana. Costume que os anteiros=megaliteiros (xitanos) tiñan, de meter co defunto as cousas de valor que posuíra en vida.

¡TUTANKAMON non deixou nin chica! ¡Levouno  todo!

 É de supoñer que o resto do enxoval, non era cobizado polos arqueólogos de bandarria e picaraña, entre o que atoparían testos, cazarolas, facas, machados, puntas de frecha e calquera outro obxecto que dificilmente poidamos imaxinar.

Outra das curiosidades que arroupan esta teses, é o nome polo que se coñecen os monumentos megalíticos da nosa terra: A Casa do mouro, A Cova do mouro, O Forno do mouro a Fonte do Mouro... Se analizamos o nome de mouro, sabemos que mouro, asociase ó moreno, escuro ou negro. Non raza negra, a pesar que nas nosas aldeas, aínda se acostuma a poñerlle “mouro”, os cans negros.

Os xitanos son de pel moura.

Folclore do dolmen de Axeitos.

Entre a Pía do Frade e a Pedra do Mouro, hai unha trabe de ouro...

Recoñezo o pesadas que se fan estas crónicas tan longas.

Ata fai moi pouco, os xitanos tiñan a primixenia costume de vivir en chousas provisionais, obedecendo esta circunstancia a súa trashumante maneira de vida, deambulando de un lado pra outro <<... su espíritu errante no tiene fronteras ...>> Dí o cantar. Para o que teña interese pódeo ver aquí: http://argentinaonline.info/tangos/msg06225.html 

 

Curiosamente esta civilización marchou destas terras sen avisar, e con ela, os segredos da súa cultura, onde nada se soubo ata o século dezaoito onde, por casualidade roturando un terreo, apareceu o primeiro tesouro que atribuíron ós mouros.

¿Qué pasou dende que marcharon?

Gregos, fenicios, celtas, romanos, suevos e árabes, non souberon nada destes acubillos.   

En Caldas de Reis polos anos 40 máis ou menos, por dar unha data, ó poñer un poste para unha viña colóuselle o ferro e non vexades o que alí apareceu. Unha pequena parte aínda a poden ver no Museo de Pontevedra.

De paso aí lles van unhas imaxes para amenizar esta pesada crónica.


Antes, en tamén por Domingo Regueira:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical