13.4.11
Rianxo: o Bng organiza un roteiro arqueolóxico para reivindicar a inclusión de parte do patrimonio como Ben de Interese Cultural
Rianxo está inzado de petróglifos. Na imaxe, os do Alto do Pelotiño
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: el alcaldable socialista se reunió con vecinos de Oleiros
Demandan mejoras en el saneamiento y un centro sociocultural
Ribeira, 13 de abril de 2011. Los vecinos de la parroquia de Oleiros, en Ribeira, demandan al candidato socialista a la alcaldía, Andrés Fariña, mejoras a corto plazo en el saneamiento de la zona y un centro sociocultural.
Fariña y el resto de la candidatura socialista para Ribeira continúan con sus reuniones con todos los colectivos y asociaciones de la ciudad, con el objetivo de explicarles su proyecto político y los planes del PSOE para los próximos cuatro años.
A la reunión de Oleiros asistieron, además de la asociación de vecinos, la comunidade veciñal de montes, el colectivo Amicos, la asociación de padres del colegio A Milagrosa, el Club Atlético Oleiros, la Asociación Promoción Saúde, el comité de empresa del Hospital de Barbanza y la Asociación Gandeiros de San Martiño.
Al margen del centro sociocultural y del saneamiento, un aspecto que preocupa en todos los barrios y parroquias de Ribeira, los vecinos de Oleiros demandan conexión a Internet, ya que se quejan de la falta de cobertura, y aceras de acceso al nuevo hospital.
Otros asuntos tratados en el encuentro fueron el Plan Xeral de Ordenación urbana, del que los vecinos solicitan información a la hora de su elaboración, y la petición de una mayor participación de la ciudadanía en la política municipal de Ribeira.
La candidatura socialista consideró el encuentro muy satisfactorio y se mostró de acuerdo con las peticiones de los vecinos de Oleiros. El próximo domingo, día 17, Andrés Fariña celebrará una reunión con las asociaciones de la parroquia de Artes.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: os veciños de Carreira fixeron un primeiro achegamento aos misterios da Costa da Morte
Ribeira, 13 de abril de 2011. Máis de cincuenta viaxeiros abarrotaron o autobús que a Asociación de Veciños de Carreira fletou esta pasada fin de semana para participar na primeira das dúas visitas que a entidade -presidida por Ana Gómez Hermo-, ten previsto organizar co título "Misterios da Costa da Morte". Así, a comitiva visitou lugares tan coñecidos e emblemáticos como o hórreo de Carnota, a fervenza de Ézaro, o faro de Fisterra ou o santuario da Barca.
Á parte de desfrutar da espectacularidade das panorámicas puideron impregnarse dos misterios destas terras, con lendas como as dos “bois de Gures”, do trovador da “furna buserana”, das propiedades fertilizantes da “cama de San Guillermo” ou da “cama dos namorados”, subir á “pedra de abalar de Muxía”, ou curar as dores de cadrís e de cabeza na coñecidas pedras muxianas, así como poñerse a tremer coas historias dos múltiples naufraxios acaecidos nesas veciñas costas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: a montaxe teatral "Pepita Grilla", de Blanca Marsillach, represéntase o martes 19 de abril
Ribeira, 13 de abril de 2011. O Auditorio Municipal acollerá o vindeiro martes, día 19 de abril, a partir das 21 horas, unha representación teatral a cargo da compañía da reputada actriz e empresaria Blanca Marsillach. Trátase da obra “Pepita Grilla” (non confundir coa artista así chamada en internet), con guión escrito por Elie Varela. Esta iniciativa está enmarcada dentro do programa “Accións de Sensibilización no Ámbito da Igualdade” que promove a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Ribeira, cuxo concelleiro de Cultura e Festexos, Luciano Fernández Martínez, ofreceu os pormenores da representación.
Segundo manifestou o edil , “a función pretende ser moito máis que unha comedia de teatro: quere ser dun fenómeno teatral que involucra ao público o obxectivo de poñerlles en contacto co seu eu interior e conseguir con isto volver a avaliar o concepto que teñen de si mesmos para fortalecer a autoconfianza”.
A obra está cimentada en tres puntos principais: en primeiro lugar, Blanca Marsillach da inicio cunha pequena introdución sobre o autor da obra en gala en primeira persoa das súas experiencias como muller e como ser humano, cos seus medos, frustracións e inseguridades. En segundo termo, e ao longo de 35 minutos, a actriz ofrecerá ao público o desenvolvemento da propia representación. Unha vez concluída esta, Blanca permanecerá media hora no escenario para dar resposta ás preguntas que o público poida ter respecto á obra, ao tempo que se levarán a cabo unha serie de accións que convidan e comprometen ao público presente a participar activamente xunto á actriz.
Blanca Marsillach é filla do prestixioso actor, director e autor teatral, xa falecido, Adolfo Marsillach. Deu os seus primeiros pasos no teatro da man do seu pai, na obra “Matahari”. O teatro clásico foi un dos seus mellores piares á hora da representación e participou, entre outras montaxes, en “La Celestina” e “La Dama Boba”. Tamén ten participado en cine (por exemplo, en “Los Señores del Acero”, de Paul Voerhoven” e televisión (“Segunda Enseñanza”, de Pedro Masó e Ana Diosdado).
A función é gratuíta. Poderanse recoller as entradas media hora antes do inicio da mesma.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro: o Bng saca á palestra as adxudicacións de eólicos a Jealsa, que a Xunta quere computar como novos proxectos
Os proxectos de Jealsa non son novos, afirma o BngBoiro, 13 de abril de 2011.- O portavoz do BNG no Parlamento, Carlos Aymerich, advertiu hoxe a Feijóo que a Xustiza está a corroborar que nin hai “ilegalidade do concurso eólico anterior nin legalidade do actual” e asegurou que casos como o do empresario Jesús Alonso, de Jealsa Rianxeira (Boiro), demostran que “vostedes paralizaron o concurso para entregar a enerxía ao PP e aos seus patrocinadores, de dentro e de fóra”. Neste sentido, Aymerich desvelou que o dito empresario, claramente vencellado ao PP -foi alcalde por esta formación durante uns anos en Boiro-, que chegou a afirmar no pasado Nadal que se volvía a gobernar o BNG en Boiro retiraría a empresa dese concello, non acompañou a súa petición de megavatios con proxectos industriais novos, senón con proxectos autorizados con anterioridade á resolución do concurso, que non van xerar emprego e que nalgún caso xa conta incluso con axudas do Inega, “o que constitúe unha auténtica fraude”.
Trátase, explicou, da instalación de coxeración nunha planta de Depuración, Destilación e Reciclaxe de Boiro e outra na planta de Boinersa, cuxos expedientes aparecen publicados no DOG con data de 20 de Xaneiro, recoñecéndose textualmente que son “plans industriais moi escuetos” con “número de empregos a crear nesta actuación: 0”. O portavoz parlamentar nacionalista lamentou que o conselleiro de Industria, Javier Guerra, malia as sentenzas do TSXG e malia realidades contrastadas como a descrita, onte comparecera no Parlamento coa súa “soberbia” habitual, afirmando que o novo concurso eólico é unha “suma de éxitos que avanza imparabél”, polo que lle recomendou algo máis de “realismo” e humildade” e emprazou a Feijóo a que clarifiique como vai facer fronte a dous anos perdidos, milleiros de empregos destruidos e moitas dúbidas sobre a viabilidade do sector. Aymerich engadiu que son dous anos perdidos, ademais, a cambio de nada, pois os proxectos industriais asociados ou xa existían ou son virtuais, como o da planta de biodiesel de Palas de Rei, e os empregos non se sabe se son os 14.000 dos que fala o conselleiro ou os 2800 dos que fala o director xeral, ironizou. Perante as acusacións de Feijóo do suposto informe negativo do Consello Consultivo sobre o concurso anterior, pediu algo máis de rigurosidade e lembrou que este organismo fixo unha valoración do proxecto de decreto non do seu resultado final, no que se incorporaron todas as suxestións do Consello. Concluiu lembrando que o goberno do PP asegurou que a súa lei eólica ía traer seguranza xurídica ao sector, “mais agora un terzo das empresas concorrentes impugnaron xa o seu concurso e non é de extrañar porque con vostedes si que se sucederon as irregularidades, como o incumprimento das bases ou a filtración dos resultados antes de se ditar a proposta da Comisión de Avaliación. Antes, en Certo:
Boiro: o mecenas da web da catedral de Santiago é un conserveiro conservador. Máis
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Mar: o PP tumba de novo unha proposición do Bng para deixar de instalar gaiolas de salmón na ría de Muros-Noia
Manifestación contra as gaiolas en San Caetano (Santiago, Xunta)
Noia, 13 de abril de 2011. Os votos en contra do Partido Popular impediron hoxe sacar adiante unha proposición non de le ido BNG que tiña por obxecto adoptar as medidas precisas para impedir a instalación de gaiolas de produción de salmón na ría de Muro se Noia.
O deputado nacionalista Bieito Lobeira lamentou que o portavoz do PP, José Manuel Balseiro, demostrara coa súa intervención e co seu posicionamento de voto a súa falta de ética e de palabra e lembrou como hai apenas dous anos, cando estaban na oposición, se opuña firmemente a estas instalacións en calquera ría. Para o parlamentar, a decisión da Consellería é difícil de xustificar, pois entra en contradición cos seus propios informes e cos redactados pola Consellería de Medio Ambiente, que conclúen sobre o risco de afección severa, recomendando que non se deberían ter instalado na ría de Arousa, “por que nunhas rías si e noutras non”, dixo. Lobeira engadiu que ademais, aínda que non houbera estes informes, só por cautela e prevención non debería concederse a autorización da Xunta, pois estáse a falar dun espazo singular, privilexiado para a produción pesqueira, marisqueira e mexilloeira, con máis 1.600 embarcacións, máis de 500 mariscadoras, 120 bateas, “que dan de comer a milleiros de persoas”. O deputado asegurou que o impacto económico positivo ao que alude á Xunta non é real, pois mentres a conselleira do Mar fala de 300 postos de traballo a propia empresa fala só de 108, unha cifra “irrelevante” sobre todo se compara cos milleiros de empregos que se poden destruir, directos e inducidos. Engadiu que esta “obsesión” do Partido Popular por poñer en funcionamento estas instalacións só responde ao seu empeño en satisfacer os intereses empresariais, neste caso de North West Food S.L.“Autorizan as gaiolas en nome dun modelo de política pesqueira que do noso ponto de vista é suicida, pois fai prevalecer os intereses das empresas privadas por riba dos intereses dos traballadores e traballadoras do mar”. Bieito Lobeira concluiu amosando á súa solidariedade cos representantes do sector que asistiron ao debate na Cámara –celebrado a última hora da tarde de onte malia que a votación da iniciativa foi esta mañá-, comprometéndose a seguir ao seu lado, loitando por frear estas instalacións e tamén para evitar as ameazas, sancións e denuncias das que están sendo víctimas por exercer o seu libre dereito a opoñerse ás decisións do goberno.Antes, en Certo:
Manifestación do pasado sábado en Noia, nun mitin do PP
Noia, 12 de abril de 2011. O pasado martes 12 de abril membros do BNG da comarca de Muros e Noia acompañaron a representantes do sector mariñeiro da comarca ao Parlamento Galego, onde se debatía a Proposición non de Lei presentada polo BNG para evitar a instalación de gaiolas de salmón na ría de Muros e Noia.
En representación do sector desprazáronse os patróns maiores de Noia e Muros así como representantes da confraría de Portosín e das asociacións de bateeiros de Muros. Acompañáronos os portavoces municipais do BNG de Muros, Noia, Outes e Porto do Son así como alcalde de Muros e o responsábel comarcal desta organización.
No parlamento, o deputado Bieito Lobeira puxo de manifesto que coa instalación das gaiolas corre perigo o principal medio de vida da poboación da ría de Muros e Noia. Afirmou que existen informes da propia Xunta que indican os efectos nocivos da acuicultura de salmón na ría e que o Partido Popular defende agora para a ría de Muros e Noia o que hai dous anos rexeitaba, como mero proxecto piloto, para a ría de Arousa. A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, non acudíu ao pleno do parlamento e foi o deputado José Manuel Balseiro, quen defendeu a postura do Partido Popular a favor das xaulas. Curiosamente fora ese mesmo deputado quen en 2008 e como recollen as hemerotecas chatara de despropósito a instalación das xaulas na ría de Arousa.
O BNG da ría de Muros e Noia considera que é lamentábel que o Partido Popular non atenda ás reclamacións do sector e que poña por diante os intereses dunha empresa multinacional que poden, ademais, ocasionar danos irreparábeis á nosa ría.
Antes, en Certo:
Precampaña: a oposición ás gaiolas de salmón amólalle un mitin ao PP
Gaiolas de salmón: manifestación espontánea na Ría contra elas
Gaiolas de salmón na Ría: o Bng tamén se opón no Parlamento
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo: programa de actos litúrxicos por Semana Santa
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo: a exposición "A lingua galega, historia e dereitos lingüísticos" estará no auditorio do 15 ao 29 de abril
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra: o Instituto continúa o seu programa da sétima Semana Cultural, xa no terceiro día
A Pobra, 13 de abril de 2011. O programa de hoxe foi extenso:
A primeira hora da mañá os rapaces de 3º da ESO foron á casa Mª Villoch a visitar unha fábrica de salazón. Mentres, os de segundo da ESO vían no salón de usos múltiples unha película sobre a biodiversidade e os de bacharelato buscaban biomoléculas nos diferentes experimentos que se facían no laboratorio de Ciencias.
Posteriormente, os de primeiro da ESO pasaronno moi ben co obradoiro de cerámica de Buño. Cun torno tradicional impulsado cos pés modelaron distintas pezas de barro. Tamén utilizando distintos moldes fixeron pequenas pezas que levaron de recordo. Resultou tan interesante que ao final do día apuntáronse (inda que non estaba previsto no programa) os profesores e alumnos do ciclo formativo.
Os de cuarto da ESO seguiron coa investigación sobre o mexillón para levar toda esa información a Lituania en maio.
Moi interesante resultou a proxección fotográfica de TIM, antiguo alumno do Centro. Durante 40 minutos proxectaronse as súas fotografías coordinadas con música, nunha excelente fotomontaxe musical que desfrutaron os alumnos de 3º ESO.
Rematou o día coa conferencia sobre a o legado grecorromano en Occidente, impartida polo ex-profesor do instituto Daniel Bravo aos rapaces de Bacharelato.
Continúan, e xa van polas fases finais, os campionatos deportivos de voleibol, baloncesto e xadrez organizados polos alumnos de Bacharelato coordenados polo departamento de Educación física.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: este xoves 14 de abril, mobilización contra que se privatice o servizo de Diálise do Hospital da Barbanza
Ribeira, 13 de abril de 2011. Este xoves día 14 de Abril de 2011 a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da comarca da Barbanza, convoca a todos os usuarios, veciños, asociacións, plataformas e a tod@s aqueles que se queiran sumar a unha manifestación que sairá dende o Centro de Saúde de Ribeira as 7:30 da tarde para defender a sanidade Publica dentro da nosa comarca e evitar que se privatice o Servicio de Diálisis do Hospital Comarcal da Barbanza. A ruta trazada é a seguinte:
- Saída as 7.30 da tarde dende o Centro de Saúde de Ribeira, Punto A no mapa, situado na Avda do Malecón, cruzando esta calle ata o final subindo logo pola Rúa Canarias, chegando a Avda Miguel Rodriguez Bautista, dando a volta na rotonda da Rúa 9 de Agosto, e por último baixando pola rúa Rosalía de Castro ata chegar ó Concello, punto B no mapa.
- Para os que veñan en autobús poden aparcar no recinto da Praia de Coroso, situado a 20 minutos andando do centro de saúde ou no recheo do muelle, situado a 2 minutos do centro de saúde se hai sitio.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra: o instituto, ateigado de escritores e obradoiros pola súa 7ª Semana Cultural
Quico Cadaval e Suso de Toro, entre os "famosos" invitados
A Pobra do Caramiñal, 13 de abril de 2011. Os alumnos, e mesmo os profesores do instituto pobrense, que está a celebrar o seu 25 aniversario combinándoo coa súa sétima Semana Cultural, estiveron ata arriba de actividades o pasado martes, co gallo do segundo día da Semana Cultural.
Remataron os rapaces de 1º ESO os talleres de caza e metalurxia con gran interese e aceptación por parte do alumnado. Os rapaces de 4º da ESO traballaron en obradoiros sobre o mexillón, recopilaron información que se levará a Lituania no encontro europeo que haberá en maio.
O departamento de Física e Química traballou nun obradoiro de química denominado "Reacciona", no que se fixeron espectaculares reaccións, con luz e lume, para os alumnos de 3º ESO.
A asociación Quérote falou de educación afectivo-sexual aos rapaces de 2º da ESO. Outro taller de grande interese levouno a cabo o departamento de Ciencias naturais co título “Buscando biomolecas” . No laboratorio fixeron distintas prácticas para analizar as biomoléculas presentes en distintos alimentos.
Xa no eido máis literario,o escritor Suso de Toro deu unha conferencia para os rapaces de 1º de bacharelato, cunha interesante reflexión do que é literatura nas nosas vidas e como evolucionou co tempo. Suso de Toro, que dixo hai uns meses que deixou a escrita, entende a literatura como "transmisión do que a imaxinación do artista crea". Reflexionou como se transmitía na antigüidade, na memoria do artista que a leva de sitio en sitio, chegando ao xuglar e as cancións e como todo isto se revoluciona coa chegada da imprenta, e como evoluciona ata a actualidade, que nos invade, na música, nas series televisivas, nos libros e nos novos formatos dixitais que seguramente, pensa el, eliminen os libros tradicionais.
Finalmente, pero non con menor interese e xolgorio, o actor e director de teatro ribeirense Quico Cadaval estivo durante unha hora e media entretendo aos profesores e alumnos de 1º e 2º de bacharelato cun monólogo titulado "Pantasmas familiares", Inspirado nos contos e lendas populares. Nesa divertida parrafada mistura o seu peculiar humor coa tradición e con apuntes culturais varios, dende a literatura á historia, pasando polo máis insospeitado.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: o alcaldable do PP propón melloras para os afectados polo parque dunar e un plan estratéxico para o porto "máis ambicioso que o do Psoe"
Ribeira, 13 de abril de 2011.- Ante medio centenar de propietarios afectados polo Parque Natural que se reuniron no salón de actos da Comunidade de Montes de Carreira, o candidato á Alcaldía de Ribeira polo Partido Popular, Manuel Ruiz Rivas, tivo ocasión de explicar os antecedentes que conduciron á situación de inseguridade xurídica que nestes momentos afecta ás súas propiedades e espuxo as medidas que se están a tomar para saír desta situación. De igual xeito, o candidato popular comprometeuse a erixirse en portavoz do malestar destes veciños para que as súas voces sexan escoitadas polas autoridades competentes, e ratificoulles a súa intención de que o parque dunar se erixa como o principal motor económico dos núcleos que neste espazo se integran.
Ruiz Rivas lembrou que as dúas normas historicamente reguladoras do tratamento dos núcleos situados no parque (é dicir, o Plan de Ordenación de Recursos Naturais (PORN) de 1992 e o Plan Xeral de Ordenación Municipal de 2002) víronse superados por lexislacións posteriores, como a Rede Natura 2000, a Lei de Patrimonio da Biodiversidade de 2005 ou as modificacións posteriores á Lei do Solo. Como consecuencia da nova normativa, nestes momentos (e xa dende 2005) os propietarios vense imposibilitados para exercer as labores que realizaban tradicional e historicamente nas súas fincas, ao tempo que se paralizou o outorgamento de licencias para a ampliación dos núcleos. Ante esta situación, Ruiz Rivas comprometeuse a que o novo PORN, que ten valor de figura urbanística segundo a última reforma do Lei do Solo de 2010, conteña, ademais do uso residencial, outros usos diferentes como a realización de aparcamentos, infraestruturas hoteleiros, locais de restauración ou establecementos de turismo rural. Así mesmo, mostrouse disposto a actuar de mediador ante as autoridades competentes para que se conte coa opinión dos afectados na elaboración deste PORN. Vindeira reuniónA tal efecto, nas próximas semanas os propietarios manterán unha reunión con responsables de Conservación da Natureza e da empresa adxudicataria do PORN para expoñer a súa opinión sobre o que debe ser o mesmo. De igual xeito, Ruiz Rivas explicou que a adaptación do Plan Xeral á Lei do Solo e ao propio PORN efectuarase a través dun Plan Especial de núcleos rurais, que unha vez aprobado non será necesaria a previa solicitude de informe da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. Manuel Ruiz informou igualmente de que a aprobación do PORN dará lugar á posibilidade de acceder anualmente a axudas europeas e mostrouse disposto a informar das axudas polas desfeitas que os xabarís están facendo en fincas do parque.
Plan Estratéxico para o Porto e a nova lonxa
Ruiz Rivas propón que o porto conte cun Plan Estratéxico ambicioso, capaz de dinamizar este recinto, acentuar a súa capacidade de comercialización baseándose no potencial inmenso da Nova Lonxa e redefinir as súas relacións coa cidade de Santa Uxía dende o punto de vista loxístico e arquitectónico.
“O PSOE está tentando seguir os pasos que nós xa temos dado, pero por enriba fano cunha notable falta de ambición”, declarou. Neste sentido, o candidato popular entende que o plan director proposto polos socialistas é un instrumento ordinario de xestión que xa teñen todos os portos e, por ende, aclarou que a reordenación do porto xa é algo ineludible se queira ou non, pois así o obriga de por si a edificación da Nova Lonxa, ao ocupar o triplo de superficie que a instalación actual, que a súa vez quedaría sen uso: “Por enriba de perogrulladas, o que Ribeira realmente necesita nestes momentos é un Plan Estratéxico específico que defina, por unha parte, a nova arquitectura de relacións entre o porto e a cidade, e promova, por outra, a mellora da comercialización e da calidade do produto unha vez coñezamos o proxecto da Nova Lonxa”.
Cerco, altura e conxelados
Con relación á nova Lonxa, Manuel Ruiz entende que o Plan Estratéxico que el propón debe servir non só para consolidar o volume de venta actual, senón tamén para expandir a súa área de venta de modo que dea cabida tamén a outras flotas, como a do cerco, a de altura (que actualmente opera principalmente en portos como Marín e Vigo) e a de peixe conxelado. “Deste xeito, a captación de materia prima atraerá a un maior número de compradores e, por tanto, lograremos incrementar o valor do peixe que alí se vende”, dixo. Tamén argumentou que o proxecto da Nova Lonxa terá en conta non só a nova ubicación dos redeiros senón tamén as melloras dos atraques.
Ruiz Rivas declarou así mesmo que o próximo luns manterá unha reunión co máximo responsable de Portos de Galicia (que exerce tamén como Secretario de Organización do PP). Nesta xuntanza ten previsto expoñerlle a viabilidade deste Plan e darlle conta das demandas manifestadas na súa persoa polo propio sector. O candidato popular explicaralle ao titular de Portos cales son as deficiencias detectadas e os servizos que se poden mellorar, como tomas de augas ou corrente e mellores accesos a través de escaleiras, entre outros. O candidato riveirense solicitará que se inclúan estas melloras dentro do Plan de Obras e Inversións Menores da Consellería. Esta xuntanza servirá igualmente para expoñer a posibilidade de que parte da dotación de material previsto para a Nova Lonxa poida entrar en servizo na actual.
Cun custe de 18,6 millóns de euros, a Nova Lonxa é o proxecto máis ambicioso de cantos acometeu Portos de Galicia en toda a súa historia. Cun deseño do arquitecto César Portela e Díaz y Díaz Abogados, esta infraestrutura terá unha superficie de 17.000 metros cadrados (o triplo da actual). A obra foi adxudicada á empresa Acciona. O prazo de execución é de 38 meses e está previsto que comece no terceiro trimestre do ano. Dará emprego directo á máis de 150 persoas.
Relacionada:
Precampaña: a nova lonxa, para este ano primeiras obras, disque
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: os rapaces do IES Coroso fan intercambio cos do IES Melide e prepárano por Facebook
Este xoves, día 14 de Abril, será o IES Coroso de Ribeira quen exercerá de anfitrión do alumnado melidense. Os ribeirenses guiarános pola comarca, para amosarlles a vida económica comarcal, polo que visitarán a fábrica “Ángel López Soto” de Couso, Aguiño, especializada en conxelado, e tamén a lonxa, pois é o máis característico deste concello. Asimesmo, queren mostrarlles a riqueza natural e arqueolóxica da contorna, para iso conduciranos ao miradoiro da Curota, para que contemplen non só a Ría senón o arco da costa até Fisterra, xa que veñen dunha comarca do interior. Non marcharán sen coñecer o faro e as dunas de Corrubedo, o dolmen de Axeitos e o castro de Baroña, xa no municipio veciño do Son, visita na que contarán cun guía do concello.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia