Os proxectos de Jealsa non son novos, afirma o BngBoiro, 13 de abril de 2011.- O portavoz do BNG no Parlamento, Carlos Aymerich, advertiu hoxe a Feijóo que a Xustiza está a corroborar que nin hai “ilegalidade do concurso eólico anterior nin legalidade do actual” e asegurou que casos como o do empresario Jesús Alonso, de Jealsa Rianxeira (Boiro), demostran que “vostedes paralizaron o concurso para entregar a enerxía ao PP e aos seus patrocinadores, de dentro e de fóra”. Neste sentido, Aymerich desvelou que o dito empresario, claramente vencellado ao PP -foi alcalde por esta formación durante uns anos en Boiro-, que chegou a afirmar no pasado Nadal que se volvía a gobernar o BNG en Boiro retiraría a empresa dese concello, non acompañou a súa petición de megavatios con proxectos industriais novos, senón con proxectos autorizados con anterioridade á resolución do concurso, que non van xerar emprego e que nalgún caso xa conta incluso con axudas do Inega, “o que constitúe unha auténtica fraude”.
CERO EMPREGOS
Trátase, explicou, da instalación de coxeración nunha planta de Depuración, Destilación e Reciclaxe de Boiro e outra na planta de Boinersa, cuxos expedientes aparecen publicados no DOG con data de 20 de Xaneiro, recoñecéndose textualmente que son “plans industriais moi escuetos” con “número de empregos a crear nesta actuación: 0”. O portavoz parlamentar nacionalista lamentou que o conselleiro de Industria, Javier Guerra, malia as sentenzas do TSXG e malia realidades contrastadas como a descrita, onte comparecera no Parlamento coa súa “soberbia” habitual, afirmando que o novo concurso eólico é unha “suma de éxitos que avanza imparabél”, polo que lle recomendou algo máis de “realismo” e humildade” e emprazou a Feijóo a que clarifiique como vai facer fronte a dous anos perdidos, milleiros de empregos destruidos e moitas dúbidas sobre a viabilidade do sector. Aymerich engadiu que son dous anos perdidos, ademais, a cambio de nada, pois os proxectos industriais asociados ou xa existían ou son virtuais, como o da planta de biodiesel de Palas de Rei, e os empregos non se sabe se son os 14.000 dos que fala o conselleiro ou os 2800 dos que fala o director xeral, ironizou. Perante as acusacións de Feijóo do suposto informe negativo do Consello Consultivo sobre o concurso anterior, pediu algo máis de rigurosidade e lembrou que este organismo fixo unha valoración do proxecto de decreto non do seu resultado final, no que se incorporaron todas as suxestións do Consello. Concluiu lembrando que o goberno do PP asegurou que a súa lei eólica ía traer seguranza xurídica ao sector, “mais agora un terzo das empresas concorrentes impugnaron xa o seu concurso e non é de extrañar porque con vostedes si que se sucederon as irregularidades, como o incumprimento das bases ou a filtración dos resultados antes de se ditar a proposta da Comisión de Avaliación. Antes, en Certo:
Boiro: o mecenas da web da catedral de Santiago é un conserveiro conservador. Máis
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario