Os do Numancia, onde ía o pobrense heroe de guerra Benigno Dávila
Quen era Benigno Dávila Pérez?
Fillo de Serafín Dávila e Modesta Pérez, nado en A Pobra do Caramiñal o 1 de xullo de 1888. Comezou a súa carreira na Marina aos 16 anos e aos 21 acadou a máis alta condecoración, a Cruz Laureada de San Fernando, a raíz duns feitos de 1909 cando prestaba servizo como Cabo de Mar no cruceiro "Reina Regente" e o "Numancia". A medalla supoñía unha pensión de cen pesetas mensuais, unha cantidade que daquela era unha fortuna.
Que feitos protagonizou para ser condecorado?
Benigno Dávila, en compaña do mariñeiro de primeira Melchor Uso, conseguiu nas proximidades de Alhucemas que, ao romperse o cabo que arrastraba un bote cargado de víveres, este non chegara a mans inimigas (combatía España daquela aos marroquinos, tamén chamados mouros, na campaña de Melilla de 1909). Segundo conta a prensa da época (xornal "La Correspondencia de España"), aquel 4 de setembro, "arroxáronse á auga en medio dunha chuvia de balas inimigas, impedindo, tras grandes esforzos, que o bote chegara á costa inimiga arrastrado pola corrente". A medalla foi entregada en San Fernando (Cádiz) ao final dun acto de xura de bandeira por parte dun novo reemprazo dos buques "Numancia" (onde prestaba servizo tamén o pobrense) e "Princesa de Asturias". Mais Benigno Dávila non puido asistir, por estar embarcado xa noutro barco, o "Nautilus" (e non era o do capitán Nemo de Xullo Verne). Carreira de Benigno Dávila:Como aprendiz de mariñeiro estivo en 1906 no gardacostas "Numancia". En 1908, no acorazado "Pelayo", no torpedeiro "Terror" e no gardacostas "Numancia". En 1909, na corbeta "Nautilus" e no cruceiro "Reina Regente". En 1910, no "Reina Regente" e na corbeta "Villa de Bilbao", así como no torpedeiro "Halcón".
Entre os ascensos que obtivo, foi pasando de aprendiz a mariñeiro de 2ª, de 1ª, de primeira a preferente e logo cabo de mar en 1908. Contramaestre no torpedeiro número un do "Halcón". Na súa valoración académica (Instrucción elemental), asinada polo marqués de Magaz, como Cabo de Mar, atopamos:Doctrina cristiana : Aprobada.
Lectura : Distinguido.
Aritmética : Distinguido.
Xeometria : Distinguido.
Xeografía : Aprobado.
Instrución militar : Distinguido.
Regras de disciplina militar : Distinguido.
Exercicios de carabina : Distinguido.
Coñecementos militares e artilleiros: Aprobado.
Exercicios de cañón, revólver e sable : Aprobado.
Instrución marítima : Distinguido.Disciplina : Bo.
Conduta : Moi bo.
Aplicación : Moi bo.
Aproveitamento : Moi bo.
Aptitud profesional : Moi bo.Clasificación definitiva : Distinguido.Casou con Emilia Gómez Nuñez. Fonte: “España en sus héroes”. Madrid 1969 pág. 334. (vía)
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario