Dodro, 18 de outubro de 2010. Abel Tarrío Abuín, do Bloque Nacionalista Galego, é dende o venres 16 de outubro o novo concelleiro do BNG na Corporación municipal de Dodro. O concelleiro nacionalista tomou posesión da súa acta no transcurso da sesión plenaria celebrada ás 9 da mañá no salón de actos da Casa do Concello de Dodro.
Imo, onde está o conxunto etnográfico do campo da Lavandeira, é a aldea natal de Tarrío Abel Tarrío, que vén substituír ao anterior concelleiro, o tamén nacionalista Anxo Franco, é natural da aldea de Imo, na parroquia de San Xoán de Laíño, do concello de Dodro. Segundo o goberno municipal "a pesar da súa xuventude xa leva cinco anos comprometido coa política municipal"
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario