18.12.09

Historia: xa volo dicía Jefferson en 1802, meus!

"Pienso que las instituciones bancarias son más peligrosas para nuestras libertades que ejércitos enteros listos para el combate. Si el pueblo americano permite un día que los bancos privados controlen su moneda, los bancos y todas las instituciones que florecerán en torno a los bancos, privarán a la gente de toda posesión, primero por medio de la inflación, enseguida por la recesión, hasta el día en que sus hijos se despertarán sin casa y sin techo, sobre la tierra que sus padres conquistaron"

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Cultura: a realidade aumentada chegou a Galicia da man do Consello da Cultura

Capas para baixar:
http://layar.com/layers
Empresa que o fixo: http://www.sixtema.es
Mapa de equipamentos culturais de Galicia: http://mapas.consellodacultura.org/icultura/
Roteiros: http://www.culturagalega.org/roteiros/

Sen ánimo de polemizar: aló van os guías humanos ao tacho! Hai que reconverterse amigos!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Arte: que fai esta moza aquí debaixo?

A resposta: http://reflectionof.me/the-klunk-garden
Seguro que esta performance lles "encanta" aos Hartistas...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: o Bng avoga por un Grumir (grupo municipal de intervención rápida) estable

O BNG de Rianxo insta ao Alcalde a facer valor o acordo unánime da corporación para a creación do servizo de Grumir en Rianxo


Solicitamos que se dirixa á Consellería de Presidencia e á FEGAMP para aborde no ano que comeza a progresiva implantación dun equipo estábel de profesionais.

A moción aprobada en xullo deste ano recollía esta reivindicación. Sabemos que se están a dar os pasos desde a Consellaría e a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e queremos que Rianxo non perda este servizo para o que compre tamén tomar a  decisión de dispor dun local acorde coas emerxencias  e labores que cubrirán. Neste senso a zona de servizos do parque industrial podería ser unha zona axeitada pola súa accesibilidade. Nestes momentos nos que se abreu o proceso de demanda e adxudicación das parcelas pode ser o momento de abordar o interese municipal.

Texto moción aprobada en xullo

O chamado Pacto Local asinado entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP no ano 2006, despois de anos de conversas, estabelecía a creación e financiamento do servizo de Grupos Municipais de Intervención Rápida (GRUMIR) onde non existise parque de bombeiros, neste caso Rianxo. Transcorrido o prazo que entón se estabeleceu de entrada en vigor do acordo (abril 2008) e, despois dun segundo prazo asumido polas administracións (finalizado este en abril do 2009) derivado das protestas de concellos reacios a se desprender do servizo, Rianxo non ten hoxe ningún dos dous servizos: nin parque de bombeiros (que non se reclama ao cumprir os parques comarcais este servizo) nin grumir.

É de xustiza entendemos reclamar a incorporación coa dotación orzamentaria correspondente da Xunta dos efectivos necesarios para que estas prestacións se exerzan con garantías no municipio en cumplimento do acordado polo mencionado Pacto Local. A Rianxo correspóndelles alomenos seis efectivos profesionais ampliábeis até doce, cando isto sexa posible, para manter un servizo de vinte e catro horas de garda para os veciños. A próxima execución dun polígono industrial, o paso polo municipio de quilómetros da autovía do Barbanza, aos que se engadirá o ferrocarril, a zona portuaria – con importante flota de baixura e barcos bateeiros, a ampla zona forestal próxima ás vivendas, o aumento da poboación en época estival, son argumentos en prol de termos en Rianxo ao completo esta prestación que nos corresponde, sen localismos, nin entrar a valorar a presenza ou ausencia noutros concellos da bisbarra destes profesionais.

Sometemos ao pleno de Rianxo a reclamación desta incorporación, xunto á dotación dunha nova sede máis operativa e estábel para os servizos do Grumir e a agrupación de voluntarios/as de Protección Civil agora instalados nun baixo no casco antigo, e con dificultades de acceso aos vehículos. A rapidez que se esixe de resposta diante dunha emerxencia motiva que se precise ter unha ubicación axeitada da sede, dos efectivos e dos vehículos para atendela. Zona portuaria, ou a futura zona de servizos do parque empresarial serían dúas ubicacións a estudar.

A incorporación de profesionais, unido ao mantemento da agrupación voluntaria de Protección Civil, daría orixe a un eficaz servizo de emerxencias, seguridade e protección civil axeitado para os veciños dun concello como o noso e permitiría atender tamén emerxencias de concellos próximos, de igual xeito Rianxo é atendido polos bombeiros da bisbarra. Son servizos complementarios que non se superpoñen estando as competencias ben delimitadas.

Por todo o exposto solicitamos a adopción dos seguintes

ACORDOS

 

1.      Creación dun Grumir en Rianxo coa incorporación de profesionais coa dotación orzamentaria correspondente da Xunta a través da Consellaría de Traballo para o financiamento dos efectivos necesarios para que estas prestacións se exerzan con garantías no municipio en cumprimento do acordado polo mencionado Pacto Local.

2.      Dotación dunha nova sede máis operativa e estábel para os futuros servizos do Grumir e a agrupación de voluntarios/as de Protección Civil.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: o Psoe pedirá no Parlamento un novo centro de saúde


Lage Tuñas vive a cabalo entre Santiago e Noia

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: Carreira quere seguir conservando a memoria

O pasado martes rematou o primeiro "Taller de Memoria" organizado pola Asociación de Veciños de Carreira.
Neste obradoiro, cunha duración de dous meses, participaron un total de 15 persoas de diversas edades, que a través de sinxelos exercicios foron exercitando as capacidades memorísticas.
No medio dun ambiente distendido e agradable, todos os participantes, unanimemente, demandaron a organización doutros talleres de memoria xa que consideraron que este tipo de actividades son moi beneficiosas para xente de tódalas edades.

A Asociación, que preside Ana Gómez Hermo, agasallou, -como mandan os cánones-, cun refrixerio co que se clausurou a actividade, e no que se rematou desexándolles, tanto ós participantes, como a tódolos membros da entidade veciñal, unhas felices festas de Nadal.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Internet: buscas traballo? canto vale o teu currículum? Calcúlancho!

http://www.jobsket.es
Ante ideas e iniciativas coma ésta, moito nos tememos que o Inem, o Servizo Público de Emprego da Xunta e outros varios organismos dese estilo terían que ir renovándose ou pechándose. Están a valer para algo? Son eficaces?

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Cultura: os historiadores de Tui copan os premios Historia Medieval de Galiza e Portugal

Parabéns aos dous: Suso Vila (finalista o ano pasado, gañador este) e Ernesto Iglesias Almeida (finalista este, e gañador e finalista en varias edicións).
Pero só se investiga historia medieval en Tui ou que diaños pasa! Onde van os historiadores de Barbanza e Noia!
http://certo.es/index.php?page=galiza_medieval_2009

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: un libro sobre Airiños gaña premios a pares

Toda a información en http://certo.es/index.php?page=libro_airinos_premiado

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical