- O domingo, 26 de agosto, ás oito da tarde, traen o seu espectáculo "Cosquillas"
Noia, 8 de xullo de 2012. Xa se están pechando as actuacións das festas máis grandes de Noia, xunto co San Marcos, o San Bartolomeu. O grupo "Cantajuego", que calquera persoa con nenos menores de seis anos a cargo coñece, actuará o domingo 26 de agosto. O Concello colabora poñendo escenario e unha cantidade simbólica para garantirlles custes de desprazamento. O ano pasado xa viñeran contratados polo Concello e o seu custe foi, segundo fontes do Concello, moi alto.Os prezos son : ZONA A 26,50€ e ZONA B 19,50.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia