Paseo marítimo de Noia coa marea baixaNoia, 4 de xuño de 2012. A agrupación nacionalista de Noia, composta por escindidos do Bng, integrantes do novo partido +Galiza e afíns, sinala en nota de prensa que valora positivamente "o cambio de rumbo da Administración do Estado aparcando definitivamente o proxecto de retirada da escollera da canle de acceso a Noia".Que se remate a escolleira, retomando proxecto de mediados do século pasado
Para este sector nacionalista noiés, "a vila de Noia ten que aproveitar TODO o seu potencial portuario, iso pasa por actualizar o proxecto dos anos cincuenta do Grupo de Portos de Noia, finalizando TODA a escolleira da canle de acceso aproveitando a mesma para atraques e paseo, así mesmo o histórico porto fronte o Malecón de Gasset debe ser dragado e recuperado na súa totalidade".
Tamén din defender "un modelo de porto integrado na vida da Vila de Noia, non unha illa, esta Vila ten capacidade para prestar casi todos os servizos que o porto necesita, (restaurantes, hoteles, tendas, repostos, talleres, gasolineira, etc ) polo tanto a nosa posición é UN PORTO INTEGRADO NA VIDA DA VILA, esta posición economiza o investimento e dinamiza a vida económica de Noia. Reconocemos que é necesario un edificio de servizo portuario ( do porto) é unha primeira recepción pero nada máis. Non renunciamos a parte algunha do potencial portuario conscientes como somos da súa viabilidade e potencialidade mesmo como porto da capital de Galicia".
Piden recuperar a praia de Labarta
"Defendemos a recuperación integral da praia de Labarta, unha praia metida na trama urbana con unha altura de auga regulada o que axudará a potenciación turística da vila. Defendemos unha recuperación de todo o bordo literal, zonas de Rio do Porto, Barquiña, Testal, Obre, Chaiza… con actuacións ben integradas no medio que permitan o disfrute de tales espacios polos veciños, (paseos non agresivos, zonas de observación de aves, valoración do patrimonio histórico no traxecto, …)", proseguen os nacionalistas fóra do Bng, que tamén queren "unha planificación e actuacións axeitadas PARA A RETIRADA DA LAMA E RECUPERACIÓN ASÍ DE ESPAZOS CON POTENCIALIDADE PRODUCTIVA, sabemos que esta é unha actuación de moitas anualidades pero xunto coas anteriores e unha xestión moderna dos recursos marisqueiros levarían a comarca de Noia cara un futuro moi esperanzador. Demandamos seriedade por parte de todas e cada unha das administracións, cooperación, lealdade e traballo serio. Valoramos positivamente a nova de que se inicia un proceso de traballo cara a elaboración dun proxecto definitivo que esperamos contemple todo o sinalado, nós estaremos aí para colaborar en canto podamos, e esperamos dos demais igual comportamento", finalizan.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia