Boiro, 4 de xuño de 2012 Despois de constituirse como club, o Barraña Volei Praia xa prepara a que será a súa primeira tempada de verán. A carta de presentación desta nova entidade será un ambicioso programa de formación destinado a rapaces e rapazas de entre 12 e 20 anos, o I Campus de verán do Barraña Volei Praia que se celebrará do 25 ó 30 de xuño no areal boirense de Barraña. Será, segundo os organizadores, "unha semana excelente de fabulosa convivencia e sesións de calidade impartidas por personalidades destacadas do volei praia da nosa comunidade como Luci Paz, Cristóbal Álvarez ou Germán Romero entre outros. Como convidado foráneo agardamos a Juanjo Susín, seleccionador nacional sub-15 de volei praia". Aseguran que é unha oferta "máis que atractiva e cun prezo moi razoable para os asistentes, ben sexan residentes en Boiro ou noutras partes de Galicia e España". Para consultar máis información acerca do Campus podedes ver nesta ligazón o dossier informativo. Tamén podedes acceder á ficha de inscripción. O prazo para anotarse xa está aberto e permanecerá así até o 22 de xuño. Só hai que cumplimentar a documentación cos vosos datos persoais (en caso de ser menores de idade necesitarase autorización paterna) e facela chegar canto antes. Hai prazas limitadas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario