15.6.12

A Pobra: levan ao Parlamento o continuo desprezo do Concello polo galego

Media_httpfarm6static_uvcnv

Páxina da revista "Vosotros" que financiou, disque, Isaac Maceiras

A Pobra, 15 de xuño de 2012. As continuas vulneracións na Pobra da lei que obriga aos concellos de Galicia a velar polo galego como lingua propia desta comunidade chegan desta volta ao Parlamento de Galicia, da man do Bng. O equipo de goberno do Partido Popular, que dirixe o alcalde Isaac Maceiras, continúa coa súa teima de poñer centraliñas só en castelán, pagar do seu peto revistas que fan bulra da nosa lingua -como é o caso de "Vosotros", de Galicia Bilingüe- e outras patadas á lingua de Rosalía que os nacionalistas non van deixar pasar por alto.

Reproducimos de xeito íntegro as preguntas ao Pleno do Concello, presentadas polo Grupo Municipal do BNG, e que deron orixe á iniciativa no Parlamento galego, tamén presentada na súa totalidade nesta información.

Relacionada:


PRE BNG VULNERACIÓN LEGALIDADE LINGÜÍSTICA POBRA.pdf Download this file

30.04.12.-PREGUNTAS BNG INCUMPRIMENTO LEXISLACIÓN LINGÜÍSTICA POLO CONCELLO.doc Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o III Trofeo de atletismo "Vila de Noia" dispútase o luns 23 de xullo

Ribeira: abertas ata setembro as oficinas de turismo e instalados dous minipuntos limpos

  •  As oficinas abren ata o 15 de setembro en Xarás, o Malecón e o parque de San Roque
  • Os minipuntos limpos están no Malecón e na praza do Concello. Pódese depositar neles dende pilas ata baterías de móbiles, cd´s, dvd´s, cartuchos de tinta, cargadores, lámpadas de baixo consumo e semellantes obxectos de alta contaminación


Ribeira, 15 de xuño de 2012.- As oficinas de información turística do Malecón e Xarás comezaron a operar no día de hoxe con motivo do inicio da temporada estival.

 

Ambos puntos estarán abertos ata o día 15 de setembro. Nesta primeira quincena de funcionamento as instalacións terán este horario provisional:

 

      A oficina do Malecón abrirá de martes a domingo de 10 a 15 horas e de 15 a 20 horas.

      A oficina de Xarás traballará os luns e de mércores a domingo, de 11 a 14 horas e de 16.30 a 18.30 horas.

 

Cómpre recordar que co obxectivo de proporcionar información turística e atender ás consultas dos visitantes tamén está aberto todo o ano o centro situado no parque de San Roque. O seu horario de funcionamento é, de luns a venres, de 9.30 a 13.30 horas e de 16 a 19 horas.


 Minipuntos financiados con publicidade

 

O Concello informa tamén hoxe da instalación na vía pública da cidade de dous minipuntos limpos, coa fin de fomentar entre a cidadanía a separación en orixe daqueles residuos xerados por particulares altamente contaminantes. Trátase dun sistema de reciclaxe complementario ao do punto limpo municipal.

 

Concretamente, os receptáculos foron instalados xunto á praza do Concello (fronte a Novagalicia Banco) e na avenida do Malecón (onde a xoiería Nespereira). Colocáronse en réxime de probas, de xeito que se se constata a súa eficacia, vanse estender a outros puntos da cidade e ás parroquias.

 

Sete espazos independentes

Estes minipuntos limpos consisten en colectores de residuos sólidos urbanos cunhas dimensións de 1,10 metros de ancho, 0.28 de largo e 2,10 metros de alto, que dispoñen de sete espazos independentes de introdución de almacenaxe de residuos. En cada unha destas bocas hai información explicativa co fin de informar ao usuario sobre o que se que se fai exactamente cos produtos depositados. Cada punto ten unha capacidade para recoller 31 litros por depósito, o que equivale a un total de 224 litros de residuos.

 

Os residuos que se poden verter son:

-         CDs e DVDs

-      Cartuchos de impresora

-   Aparellos eléctricos e electrónicos de pequeno formato (cargadores de móbiles, auriculares...)

-         Teléfonos móbiles

-         Pilas (alcalinas, de botón, convencionais...)  e baterías de móbil : dúas bocas

-         Lámpadas de baixo consumo

 

Financiamento con publicidade

Esta actuación –promovida pola Concellería de Benestar Comunitario que dirixe Jesús Freire- non lle supón ningún custo ás arcas do Concello, senón que está financiada con publicidade de entidades da comarca.







Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: programación do Verán Cultural 2012

Foi presentado o 15 de xuño pola concelleira de Cultura, Elvira Pisos, e o técnico da mesma concellería, Unai González

Programacion Veran Cultural Riveira 2012.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o xoves 21 de xuño, charla sobre a nova Lei de Prevención do Consumo de Alcohol en menores de idade

  • A idade mínima para beber alcohol pasa dos 16 aos 18 anos, namentres que a realidade social di que a idade de comezo do consumo deste tóxico entre a poboación galega é de 14 anos
  • Multas entre 600 e 600.000 euros

Media_httpwwwasociaci_jqdge

Ribeira, 15 de xuño de 2012. A Asociación Renacer, en colaboración co Concello de Ribeira, vai realizar unha charla informativa sobre a Lei de Prevención do Consumo de Alcohol en Menores de Idade, para potenciar e visibilizar o cumprimento da devandita norma e para sensibilizar á sociedade dos riscos do consumo abusivo de alcohol, especialmente en menores, e potenciala como axente preventivo nesta temática. Terá lugar o vindeiro 21 de xuño, ás sete da tarde na Aula Multimedia do Concello, sita no baixo da Confraría de Pescadores no Paseo do Malecón.

A charla correrá a cargo de D. Jorge Suances, Subdirector do Programa de Fomento de Estilos de Vida Saudables da Consellería de Sanidade. O acto estará presidido por María González Suárez, presidenta da Asociación Renacer, será presentado por María del Pilar Quintela Veiga, psicóloga da entidade e contará coa participación dun representante do concello.

Ó longo do acto detallarase o texto desta nova normativa que eleva de 16 a 18 años a idade mínima para o consumo de bebidas alcohólicas e prohíbe a venta a este colectivo, ao tempo que limita a súa promoción e publicidade.

A mesma vai dirixida a tódolos sectores sociais, empresariais, educativos e familiar, dado que previr o consumo de alcohol entre menores ou tentar retrasar a idade de inicio, que en Galicia se sitúa entorno os 14 años, é responsabilidade de todos/as.

A Lei recolle sancións que oscilan entre los 600 euros -para infraccións leves- e os 600.000, no caso de infraccións moi graves.

Algúns dos aspectos que se abordarán son:

  • Prohibición da venta, subministro ou consumo de bebidas alcohólicas en centros docentes e espazos destinados a actividades deportivas, cando as instalacións estean destinadas a menores ou os seus usuarios/as formen parte, "maioritariamente", deste colectivo.
  • Prohibición da venta e subministro, a través de máquinas expendedoras e do acceso os menores "a espazos de ocio" como pubs ou discotecas, excepto en aqueles casos no que se celebren "sesións" especificamente destinadas a este colectivo e nas que estará "absolutamente prohibida" a venta de bebidas alcohólicas.
  • No que respecta a publicidade, promoción e patrocinio, a prohibición de calquera campaña dirixida a menores de 18 anos que "induza" ao seu consumo, anuncio de bebidas alcohólicas en centros docentes ou destinados a menores, así como nas publicacións dirixidas a este colectivo.
  • Prohibición de calquera tipo de promoción que poda inducir ao consumo abusivo de bebidas alcohólicas, especialmente as de rebaixa dos seus prezos nos locais onde se consumen.
  • Prohibición da venta de alcohol entre as 22.00 e as 9.00 horas, excepto nos establecementos autorizados, cos seus horarios correspondentes.

Renacer convida a toda a poboación a este acto



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical