15.6.12

Ribeira: abertas ata setembro as oficinas de turismo e instalados dous minipuntos limpos

  •  As oficinas abren ata o 15 de setembro en Xarás, o Malecón e o parque de San Roque
  • Os minipuntos limpos están no Malecón e na praza do Concello. Pódese depositar neles dende pilas ata baterías de móbiles, cd´s, dvd´s, cartuchos de tinta, cargadores, lámpadas de baixo consumo e semellantes obxectos de alta contaminación


Ribeira, 15 de xuño de 2012.- As oficinas de información turística do Malecón e Xarás comezaron a operar no día de hoxe con motivo do inicio da temporada estival.

 

Ambos puntos estarán abertos ata o día 15 de setembro. Nesta primeira quincena de funcionamento as instalacións terán este horario provisional:

 

      A oficina do Malecón abrirá de martes a domingo de 10 a 15 horas e de 15 a 20 horas.

      A oficina de Xarás traballará os luns e de mércores a domingo, de 11 a 14 horas e de 16.30 a 18.30 horas.

 

Cómpre recordar que co obxectivo de proporcionar información turística e atender ás consultas dos visitantes tamén está aberto todo o ano o centro situado no parque de San Roque. O seu horario de funcionamento é, de luns a venres, de 9.30 a 13.30 horas e de 16 a 19 horas.


 Minipuntos financiados con publicidade

 

O Concello informa tamén hoxe da instalación na vía pública da cidade de dous minipuntos limpos, coa fin de fomentar entre a cidadanía a separación en orixe daqueles residuos xerados por particulares altamente contaminantes. Trátase dun sistema de reciclaxe complementario ao do punto limpo municipal.

 

Concretamente, os receptáculos foron instalados xunto á praza do Concello (fronte a Novagalicia Banco) e na avenida do Malecón (onde a xoiería Nespereira). Colocáronse en réxime de probas, de xeito que se se constata a súa eficacia, vanse estender a outros puntos da cidade e ás parroquias.

 

Sete espazos independentes

Estes minipuntos limpos consisten en colectores de residuos sólidos urbanos cunhas dimensións de 1,10 metros de ancho, 0.28 de largo e 2,10 metros de alto, que dispoñen de sete espazos independentes de introdución de almacenaxe de residuos. En cada unha destas bocas hai información explicativa co fin de informar ao usuario sobre o que se que se fai exactamente cos produtos depositados. Cada punto ten unha capacidade para recoller 31 litros por depósito, o que equivale a un total de 224 litros de residuos.

 

Os residuos que se poden verter son:

-         CDs e DVDs

-      Cartuchos de impresora

-   Aparellos eléctricos e electrónicos de pequeno formato (cargadores de móbiles, auriculares...)

-         Teléfonos móbiles

-         Pilas (alcalinas, de botón, convencionais...)  e baterías de móbil : dúas bocas

-         Lámpadas de baixo consumo

 

Financiamento con publicidade

Esta actuación –promovida pola Concellería de Benestar Comunitario que dirixe Jesús Freire- non lle supón ningún custo ás arcas do Concello, senón que está financiada con publicidade de entidades da comarca.







Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical