- A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista, Sonia Verdes, denuncia que a Consellería de Medio Rural non asinou o convenio para os Grumir -Grupos Municipais de Intervención Rápida- estables nos concellos, e que estaba orzamentado en 1,2 millóns de euros
- Acusa á Xunta de deixar as súas competencias e cargarllas aos concellos
Integrantes dun Grumir de Barbanza nun cursiñoSantiago de Compostela, 7 de marzo de 2012. A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu hoxe no Pleno para reclamar explicacións sobre o compromiso do goberno de Feijoo coa Fegamp, para o mantemento dos Grumir estables nos concellos que interveñen e participan na extinción de incendios forestais. Alí acusou ao Conselleiro de Presidencia de “mentir” sobre o suposto compromiso da Xunta, xa que denuncia que a Consellería de Medio Rural non asinou o convenio para os Grumir estables nos concellos, e que estaba orzamentado en 1.2 millóns de euros. Insistiu en que o Goberno de Feijóo “non cumpre cos seus compromisos”, e ademais dixo que a Xunta “deixa de manter as súas competencias cargándollas aos concellos de Galicia”. E preguntou porque non puxeron en marcha o “consorcio dos bombeiros”. Verdes lembrou que as consellarías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; e a do Medio Rural da Xunta de Galicia asinaban conxuntamente, e todos os anos, coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) un convenio de colaboración para actuacións en emerxencias, e tarefas de protección civil, e prevención e extinción de incendios forestais.
Actuación nun incendio no monte TahúmeA deputada sinala que o obxecto do convenio de colaboración é dotar ás entidades locais dun grupo estable e profesionalizado dentro dos Grumir das entidades locais galegas, vinculados á existencia dunha estrutura renovable financiada a través de programas de emprego, para realizar as funcións establecidas nos plans de emerxencias municipais, nos plans de actuación municipal, no Plan de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (Pladiga), nos plans de prevención e defensa contra incendios forestais de distrito (PPDCIF) e as establecidas nos diferentes plans de protección civil da Comunidade Autónoma. Sinala que deste xeito as Consellarías de Presidencia Administracións Públicas e Xustiza e a do Medio Rural colaboraban no financiamento dos custos que supoñan a operatividade dos Grumir estables a contratar polos concellos, achegando unha achega única a través dos seus orzamentos ingresada na conta da Fegamp como entidade colaboradora. 48 concellos galegosRelata que no ano 2010 asinábase un convenio para un total de 48 concellos galegos achegando a Consellaría de Presidencia Administracións Públicas e Xustiza 424.000 euros, e a Consellaría do Medio Rural 1,2 millóns de euros. No ano 2011 a Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, asinou coa Fegamp o dito convenio de colaboración, achegando 418.000 euros; malia a Consellaría do Medio Rural non achegou a parte económica comprometida por valor de 1,2 millóns de euros. Advirte que “diante desta situación os concellos decidiron asumir os custes para o mantemento dos Grumir estables co fin de manter os servizos que lles viñan prestando aos veciños e ás veciños”.Verdes denuncia que "Feijóo non pagou nin garante o groso das axudas que costean as unidades de intervención rápida, e compromete a viabilidade do servizo e o futuro dos Grumir estables en 48 concellos galegos. Algo que obriga aos concellos a prescindir do persoal dos Grumir", finalizou.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia