7.3.12

Noia: Cruz Vermella tamén conmemora o Día da Muller Traballadora este xoves 8 de marzo

Noia, 7 de marzo de 2012. Co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora, este 8 de marzo, a asemblea comarcal de Cruz Vermella de Noia, en colaboración coa concellería de Igualdade e Benestar do Concello noiés e o Centro de Información á muller, vai realizar diversas actividades de sensibilización.

Baixo o lema "Sigamos camiñando pola igualdade", Cruz Vermella vai colocar un stand na rúa Comercio, en horario de 11 a 13 horas, no que voluntari@s da asemblea ofrecerán información sobre aspectos da igualdade de xénero e repartirán material divulgativo, como calendarios ou chapas. Os que se acheguen ao stand poderán deixar unha mensaxe a favor da igualdade de xénero que será visible nun expositor coa figura feminina. Ademais, unha serie de pegadas polo chan conducirán ás noiesas e noieses dende ese stand ata o Centro de Información á Muller e á oficina I+B, ambos especializados nesta materia.

Tamén Cruz Vermella colabora en charlas en institutos e colexios de Noia, que se van impartir na semana do 13 ao 18 de marzo.  Estarán no IES Virxe do Mar, con alumn@s de 3º e 4º da ESO, nunha actividade que ten como finalidade a erradicación de estereotipos e o fomento da igualdade de xénero, así como a promoción da educación na igualdade de valores. Na semana do 19 ao 23 de marzo haberá tamén charlas coa mesma finalidade no CPI Cernadas de Castro, tamén con alumnos/as de 4º de ESO.

  www.cruzvermella.org





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical