19.3.10

Pesca: ábrese a veda este domingo 21 de marzo para case todas as especies


A licenza para pescar lampreas e outras especies de esteiro é a máis cara, 46,85 euros

Barbanza-Noia, 19 de marzo de 2010.- Este domingo non só chega oficialmente a primavera: tamén comeza a tempada de pesca 2010, de acordo coa normativa que regula esta actividade e cuxas competencias corresponden á Consellería do Medio Rural. Antes do inicio formal da campaña a Xunta editou unha completa guía informativa coas principais novidades deste ano, así como con diferentes datos sobre tipos e prezos das licencias, períodos hábiles, modalidades, horarios e tramos, que vai adxunta nesta nova.

90.000 licenzas o ano pasado

En Galicia expedíronse en 2009 un total de 90.198 licenzas de pesca, nas súas diferentes modalidades (para españois, estranxeiros residentes ou cidadáns da UE; segundo as especies; para pesca a flote, etc.). Foron case catro mil menos que na tempada de 2008, na que se emitiron un total de 94.187 licenzas.

As principais novidades desta tempada son o establecemento de novos tramos libres de pesca sen morte nos ríos Avia, Belelle, Iso, Ladroíl, Lor, Navea-Queixa e Támega; a apertura dos coutos de Caldas de Reis e Ponte Arnelas; un novo tramo de pesca sen morte no couto de Caldas de Reis e outro de iguais características no río Castro, afluente do Xuvia. Tamén se permitirá a pesca se morte no couto de San Tirso (nos lotes dous –Estreitos– e tres –Louredal–) e parcialmente no lote catro do couto da Pontenova (O Cairo).

Modalidades de pesca

No que atinxe ás modalidades de pesca, como regra xeral e para tódalas especies, só se autoriza a pesca con cana, sen prexuízo da regulamentación específica da anguía, angula ou meixón, a lamprea e o cangrexo vermello americano. En tramos de río, só se permite o emprego dunha cana por persoa, a unha distancia máxima do pescador ou pescadora de tres metros e dunha sacadeira ou un lazo como elemento auxiliar.

No que atinxe á pesca sen morte, autorízase unicamente a mosca artificial nas súas distintas modalidades e a culleriña cun só anzol e sen arponciño, quedando prohibido para tódolos efectos o engado natural. Ademais, especifícase que tódalas capturas deberán ser devoltas á auga inmediatamente despois da súa extracción.

Download now or preview on posterous
FolletoPesca10.pdf (2318 KB)

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: Portos fará unha nova rampla no norte do peirao de Escarabote a petición do clube náutico


Suporá un investimento duns 55.000 euros e implica case unha nova construción, polo estado en que se atopa

    Boiro, 19 de marzo de 2010.- Portos de Galicia acometerá nestes días o comezo das obras de construción dunha nova rampla e o acondicionamento da zona próxima da explanada da zona norte do porto de Escarabote. Esta actuación foi solicitada polo club náutico con cargo aos fondos do Plan de Investimentos en obras Menores (PIM) e suporá un investimento duns 55.000 euros.

   O acondicionamento da rampla implica practicamente unha nova construción polo estado no que se atopa. A ampliación do ancho desta rampla e a mellora da pendente que se pretende se executará para evitar rebasar a liña frontal do peirao. Por outra banda, o acondicionamento da zona próxima da explanada consistirá nun rebaixe de catro metros de ancho e de 75 centímetros de altura para adaptala á rampla e poder depositar as embarcacións na explanada dunha maneira cómoda.

Plan de investimentos en obras menores



    O Ente Público Portos de Galicia, está a executar obras de infraestrutura e inversións menores nos portos da provincia de A Coruña de acordo coas necesidades dos seus distintos usuarios como son as confrarías, clubs náuticos, asociacións e concesionarios e operadores portuarios, entre outros.
    Entre as actuacións realizadas por este programa figuran a reordenación de fondeos, limpezas de fondos mariños, defensas para os peiraos, casetas, remodelación de locais, galpóns e almacéns, pavimentacións e asfaltados de viais portuarios, mantemento e reparación en xeral de portalóns e reparación de superficies en lonxas, vestiarios, entre outros.

   Tamén figuran nestas partidas as correspondentes á colocación de alumeados nos portos e edificios de comercialización e venda de peixe, colocación e acondicionamento de escaleiras, tanto nos edificios como nos peiraos. Segundo as peticións recibidas, a maior parte corresponde ás efectuadas polas confrarías de pescadores.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Política: denuncian que fracasou o modelo de comarcalización pero que as Fundacións Comarcais continúan


Sede da Fundación comarcal "Ría de Muros e Noia", en Noia

    Noia-Muros, 19 de marzo de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage denunciou hoxe que “o Goberno do Presidente Feijóo sigue mantendo as fundacións comarcais a pesar de que o modelo de comarcalización de Galicia foi un fiasco absoluto”.

    O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia pedirá a semana que vén unha comparecencia do Conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, co obxecto de coñecer os plans do executivo autonómico con respecto ás Fundacións Comarcais e á Lei de Desenvolvemento Comarcal vixente en Galicia. O Viceportavoz do Grupo Socialista entende que “Feijóo ten que explicar que ten pensado facer con entes como as fundacións que supoñen un claro coste para as arcas públicas e que non eficientes xa que o modelo de comarcalización fracasou”.

    “O Conselleiro da Presidencia aínda non explicou que teñen pensado facer coas Fundacións Comarcais. Levan un ano gobernando Galicia pero seguimos sen noticias do que teñen pensado facer cun modelo de comarcalización que fracasou pero que creou novas estructuras como son as Fundacións Comarcais”. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage, dixo hoxe que “o máis preocupante do Goberno do Presidente Feijóo é a ausencia de proxecto para o País, e unha boa mostra é que non teñen definido aínda que van facer coas famosas Fundacións Comarcais aínda vixentes".

Escultura que se entrega co premio "Historia de Galicia Medieval", que patrocina en parte a Fundación comarcal Noia-Muros

    ”O modelo de comarcalización que implantara o PP durante os Gobernos de Fraga Iribarne na Xunta de Galicia fracasou xa que non trouxo consecuencias positivas para o territorio nin supuxo maior proximidade da administracción autonómica aos cidadáns”, advertía o parlamentario de orixe outiense, que engadiu: ”Creo tería sido razonable que o Presidente da Xunta e o seu conselleiro da Presidencia tiveran explicado cal é o seu modelo territorial-administrativo e que teñen pensado facer coas fundacións comarcais, que supoñen un coste económico para as arcas públicas e máis en tempos de crise nos que se lle pide aos cidadáns que se apreten o cinturón”.

   Lage Tuñas recorda que “Galicia precisa dun proxecto de país onde quede claro como se articula o territorio tamén no plano político-administrativo e suponse que o goberno galego tería que ternos explicado neste primeiro ano de goberno cales son os seus obxectivos e que teñen pensado facer cun proceso de comarcalización que colleitou un estrepitoso fracaso”.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: PSdeG di que PP e BNG queren impedir "só buscando réditos electorais" a inversión do Estado para limpar a Ría

O Viceportavoz do Grupo Socialista, Lage Tuñas denuncia “un intento de frear a inversión do Estado en Noia” por parte dos partidos da oposición, só buscando réditos electorais por parte do PP e coa colaboración inexplicable do BNG.

-O Viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage fixo hoxe unha valoración dos pasos dados polos grupos da oposición e afirmou que “é difícil de entender que agora o PP e o BNG veñan falando de mesas de traballo cando o proxecto de limpeza da ría comezou a tramitarse no ano 2007, licitándose no BOE o 4 de decembro dese mesmo ano”.

-”O Goberno de España dispón unha partida inicial de 3 millóns de euros para comezar a limpeza da ría de Noia coa demolición da escollera e a volta ao estado natural do estuario, e o PP coa colaboración do BNG opóñense agora dous anos despois de que comezara a tramitación do proxecto, o que é unha auténtica irresponsabilidade”.

-Lage Tuñas recorda que “o proxecto foi tramitado e contou co seu primeiro informe favorable da “Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental del Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino” no ano 2009. No mesmo ano, concretamente o 22 de Setembro de 2009 o propio Ministerio decide someter o proxecto ao procedimento de evaluación de impacto ambiental”:

A Xunta emitiu tres informes ao proxecto ( O Ente Público Augas de Galicia, a Dirección Xeral de Recursos Mariños e a Secretaria Xeral de Calidade Ambiental) que en ningún caso se pronuncian contra a demolición da escollera de Noia. Por qué agora en 2010 o PP coa colaboración do BNG intentan frear un proxecto que levamos tres anos impulsando para afrontar unha vella demanda dos noieses e noiesas?”´

-”O PP di que a demolición da escollera pode ser negativa, e eu pregúntome para quen é negativa, para as noiesas e noieses non, para máis de 1500 persoas que traballan no marisqueo tampouco. É unha barbaridade o que está intentando facer o Partido Popular coa colaboración inexplicable do BNG.”

    Noia, 19 de marzo de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage fixo hoxe unha valoración dos pasos dados polos grupos da oposición en relación ao proxecto da limpeza da ría de Noia e afirmou que “é difícil de entender que agora o PP e o BNG veñan falando de crear mesas de traballo cando o proxecto de limpeza da ría comezou a tramitarse no ano 2007, licitándose no BOE o 4 de decembro dese mesmo ano, e nos últimos 2 anos permaneceron mudos, e agora opóñense cando se quere comezar a súa execución”.

    Lage Tuñas dixo hoxe que “dende o PSdeG vamos a traballar co alcalde García Guerrero á cabeza para que o Estado invirta en Noia para rexenerar e limpar a ría a pesares dos obstáculos que intentan poñer tanto PP como BNG. O pobo de Noia non se merece unha oposición tan irresponsable”.

    O deputado do PSdeG afirma que ”existe unha gran indignación entre os comerciantes, os empresarios, a confraría, e unha inmensa maioría dos veciños de Noia polo intento do PP e do BNG de impedir que se poida invertir 3 millóns de euros na limpeza e rexeneración da ría. É unha pena que o PP e BNG busquen retrasar o proxecto amparándose en mesas de traballo que non se lle ocurriu propoñer durante estos tres anos. Están opoñéndose aos desexos da inmensa maioría dos cidadáns de Noia”.

   O dirixente socialista recordaba hoxe que a actuación de Portos de Galicia quedou retratada no famoso informe de dez liñas e fóra de prazo, onde alegan que non se pode demoler a escollera porque é o único acceso ao porto de Noia e que por iso se opoñen”.


LAGE TUÑAS: “o pobo de Noia leva esperando 30 anos por este proxecto e agora ao PP e ao BNG parécelles que non hai que ter présa, e propóñen volver a empezar un proxecto no que levamos traballando dende fai casi tres anos. Paréceme unha tomadura de pelo aos veciños de Noia e unha gran irresponsabilidade”.

O Goberno de España dispón unha partida inicial de 3 millóns de euros para comezar a limpeza da ría de Noia coa demolición da escollera e a volta ao estado natural do estuario, e o PP coa colaboración do BNG opóñense agora dous anos despois de que comezara a tramitación do proxecto, o que é unha auténtica irresponsabilidade”.

Lage Tuñas recorda que “o proxecto foi tramitado e contou co seu primeiro informe favorable da “Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental del Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino” no ano 2009. No mesmo ano, concretamente o 22 de Setembro de 2009 o propio Ministerio decide someter o proxecto ao procedimento de evaluación de impacto ambiental”:


A Xunta emitiu tres informes ao proxecto (O Ente Público Augas de Galicia, a Dirección Xeral de Recursos Mariños e a Secretaria Xeral de Calidade Ambiental) que en ningún caso se pronuncian contra a demolición da escollera de Noia. Por qué agora en 2010 o PP coa colaboración do BNG intentan frear un proxecto que levamos tres anos impulsando para afrontar unha vella demanda dos noieses e noiesas?”´

O PP di que a demolición da escollera pode ser negativa, e eu pregúntome para quen é negativa, para as noiesas e noieses non, para máis de 1500 persoas que traballan no marisqueo tampouco. É unha barbaridade o que está intentando facer o Partido Popular coa colaboración inexplicable do BNG.”

O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia facía xa na pasada semana un chamamento aos grupos do PP e do BNG de Noia para que apoien o proxecto do Estado para a limpeza da ría de Noia, coa conseguinte demolición da escollera e o dragado dunha parte importante de superficie ao carón do muelle do Marqués. “Vexo que persisten na súa oposición ao proxecto co obxecto de impedir que Noia poida ter unha importante inversión.”

O Viceportavoz do Grupo Socialista, Lage Tuñas denunciaba hoxe así “un intento de frear a inversión do Estado en Noia” por parte dos partidos da oposición, só buscando réditos electorais por parte do PP e coa colaboración inexplicable do BNG.

O deputado socialista recorda que levan traballando coordenadamente co goberno de España dende fai máis de dous anos para sacar adiante un proxecto clave para o futuro de Noia. O deputado do PSdeG entende que ”é o momento de que a oposición apoie ao goberno e non tiren pedras contra os intereses de Noia. Que escoiten ás asociacións empresariais, ao pequeno comercio, aos veciños de Noia”.


Dende o PSdeG-PSOE defenden a inversión do Estado e o papel xogado polos socialistas galegos para que Noia recupere o tempo perdido con inversións destas características que “son positivas e ademais supoñen o primeiro paso para recuperar o esplendor de Noia como referencia entre as vilas medias de Galicia”.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Susana Moo: una tierna historia para el Día del Padre

Dodro: excursión a Santiago dos alumnos de Educación Permanente

Dodro, 19 de marzo de 2010. No día de onte, 18 de marzo, a xente maior de Dodro que participa nas Aulas de Educación Permanente, disfrutaron dunha tarde lúdica visitando algúns dos lugares menos coñecidos de Santiago: na catedral subiron ás cubertas e pasearon polos tellados acompañados dunha guía, e logo achegáronse ao Museo de Galicia Dixital, onde nunha visita guiada electronicamente recorreron Galicia.
 


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Faranji: Tieist, un capítulo cheo de tenrura e solidariedade

"A nosa amiga Tieist colle da man a Laclau e segue camiñando connosco. É un costume arraigado aquí o de que os amigos e amigas vaian collidos da man, ou abrazados pola rúa. Para nós en cambio supón un xesto anormal, non vaia ser que vaiamos de maricóns ou tortilleiras. Estaría ben que así fose no noso país, para que botasen fume os retrógados e retrógadas fascistoides que se empeñan en gobernar a vida da xente, total para que ao final sexan descubertos con bolsas de plástico na cabeza e vestidos de nena pequena. Esta presunción de homosexualidade condenada na nosa vida tan occidental, tan civilizada, o contacto físico entre colegas; o cariño agóchase en abrazos rituais, convencionais, mal dados, a destempo".
Un emocionante capítulo de "Faranji" (estranxeiro), a serie que Xurxo Ayán publica en exclusiva en Certo.
http://certo.es/index.php?page=tieist

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Fotografía: dormidos na Quintana de Mortos, no portal da Casa da Parra

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical