19.3.10

Boiro: Portos fará unha nova rampla no norte do peirao de Escarabote a petición do clube náutico


Suporá un investimento duns 55.000 euros e implica case unha nova construción, polo estado en que se atopa

    Boiro, 19 de marzo de 2010.- Portos de Galicia acometerá nestes días o comezo das obras de construción dunha nova rampla e o acondicionamento da zona próxima da explanada da zona norte do porto de Escarabote. Esta actuación foi solicitada polo club náutico con cargo aos fondos do Plan de Investimentos en obras Menores (PIM) e suporá un investimento duns 55.000 euros.

   O acondicionamento da rampla implica practicamente unha nova construción polo estado no que se atopa. A ampliación do ancho desta rampla e a mellora da pendente que se pretende se executará para evitar rebasar a liña frontal do peirao. Por outra banda, o acondicionamento da zona próxima da explanada consistirá nun rebaixe de catro metros de ancho e de 75 centímetros de altura para adaptala á rampla e poder depositar as embarcacións na explanada dunha maneira cómoda.

Plan de investimentos en obras menores



    O Ente Público Portos de Galicia, está a executar obras de infraestrutura e inversións menores nos portos da provincia de A Coruña de acordo coas necesidades dos seus distintos usuarios como son as confrarías, clubs náuticos, asociacións e concesionarios e operadores portuarios, entre outros.
    Entre as actuacións realizadas por este programa figuran a reordenación de fondeos, limpezas de fondos mariños, defensas para os peiraos, casetas, remodelación de locais, galpóns e almacéns, pavimentacións e asfaltados de viais portuarios, mantemento e reparación en xeral de portalóns e reparación de superficies en lonxas, vestiarios, entre outros.

   Tamén figuran nestas partidas as correspondentes á colocación de alumeados nos portos e edificios de comercialización e venda de peixe, colocación e acondicionamento de escaleiras, tanto nos edificios como nos peiraos. Segundo as peticións recibidas, a maior parte corresponde ás efectuadas polas confrarías de pescadores.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical