
A implantación do microchip nos animais que se atopan dentro dos peches da Comunidade comezou hoxe, 1 de novembro, e repetirase noutra xornada máis debido ao elevado número de reses a identificar. Neste primeiro acto de identificación dos cabalos asistiron varios comuneiros e veciños da parroquia e foron convidados o Alcalde e a Tenente Alcalde do Concello de Porto do Son, invitados pola directiva da Comunidade para presenciaren in situ o proceso de recollida dos animais, así como a implantación do microchip e a identificación das novas crías. O alcalde de Porto do Son, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, apadriñou un exemplar de Pura Raza Galega, unha euga á que se nomeou “Pastora”, na súa homenaxe.

Comuneiros identificando gando cabalar nun curro de Baroña
Esta actuación está promovida pola Consellería de Medio Rural para ordenar o sector equino mediante a implantación de microchips do tamaño dun gran de arroz, que se coloca no terzo superior esquerdo do pescozo do cabalo, e que a través dun letor electrónico, permite coñecer todos os datos de identificación do cabalo así como o responsable da explotación á que pertence. Debido ao convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Medio Rural e o Consello Galego de Colexios Veterinarios, o acto clínico de identificación dos cabalos e o material utilizado polos veterinarios para a colocación do microchip está subvencionado nun 90%, co fin de compensar os gastos derivados desta obriga legal. Relacionada:

Baroña: marcados a ferro en pleno século XXI
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia