Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
17.9.09
Dodro: novo cursiño de voluntariado
Mar de Noia: máis que un barco, un símbolo
Posterous sáltase as barreiras que Flickr lle pon a algunhas fotos -que llas poñen os usuarios claro- para non envialas a blogs nin gardalas nin nada. Como pode ser? Temos que estudar máis este incrible servizo!
As fotos de Alexandre García, traballos impresionantes, na súa galería http://www.flickr.com/photos/alexandre_garcia/
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Petróglifos en Porto do Son
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
A caida dun símbolo
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Noia, sen Mostra de Curtas?
Mostra_de_curtas_2009
En risco a undécima edición da Mostra de Curtas "Vila de Noia"
Imaxe da décima edición, a de 2008
Noia, 17 de setembro de 2009. "Por favor, se para o ano pasades de casualidade por Noia por estas datas (decembro, primeira semana), quedade, porque esta semana despídese ata a undécima Mostra e porque de seguro será moito mellor que a anterior". Así remataba Tamara Peña Vázquez, colaboradora de Certo, a súa "Crónica espasmódica da X Mostra de Curtas de Noia" que aínda poden ler aquí. A súa recomendación podería ser estéril de cumprírense os peores presaxios: a Xunta de Galicia deixa sen subvencións este certame.
Así o acaba de anunciar Josema González Canabal, concelleiro de Cultura e Festexos de Noia, no seu Facebook: "O novo esquema da Mostra de Curtas iniciado na X Edición fréase de súpeto. A Xunta decidíu retirar as axudas aos festivais de cine. En concreto Noia quédase sen 20.000 € concedidos o ano pasado pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual. O novo goberno segue cos recortes. Educación, Sanidade, Cultura, etc. Máis de 3.500 persoas pasaron polo Coliseo Noela nos 10 días de duración do ano pasado".
González Canabal (o da dereita) no certame do ano pasado
Mais o concelleiro socialista non se arredra: "A de Noia é unha das mostras máis antigas de Galicia na que conviven creadores galegos, españois e extranxeiros. A única cun premio á mellor curta da comarca. Veremos o que se pode facer este ano. Eu non penso quedarme inmóbil con esta decisión: e vós?", pon no seguinte comentario no seu Facebook persoal, hoxe ás once da mañá.
Fórmulas alternativas
Un comentario de Karlos Cobas anímao a buscar patrocinadores privados: "Se a Xunta non dá nada, haberá que buscar un patrocinador privado. Seguro que sendo un festival de tanta tradición algunha empresa poderá apoialo a cambio dunha boa campaña de publicidade. Ánimo".
Agardamos que a cor que piden que imaxinemos para a undécima edición en http://www.curtas-noia.es non se funda a negro.
Publicado: jueves 17-sep-09
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Pazo de Goyanes: novos usos!
Se os primeiros señores do pazo viran isto! Apuntaríanse seguro!
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia