O concello de Dodro, a través da concellaría de Igualdade e Benestar organiza un novo curso para o voluntariado ou para persoas que queiran formación para facer actividades de voluntariado, e así deste xeito afortalar a Rede de Voluntariado do concello, así como darlle calidade nas súas actuacións a través da formación. Nesta ocasión os temas son os que aparecen no cartel que se achega e a formación será dinámica impartida por persoal especializado.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario