19.7.10

Dodro: o II Festival Internacinal de Folk acubillou bailes de Rusia, Arxentina e Galicia


Dodro, 19 de xullo de 2010. A Concellaría de Cultura que dirixe o nacionalista Anxo Franco vén de celebrar no Campo do Bosque o pasado 14 de xullo unha nova edición, a segunda, do Festival Internacional de Folk. Se na primeira edición os países representados eran Bulgaria, México e Galiza, nesta ocasión foron Rusia, Arxentina e Galiza.

Comezou o concerto ás 22:30 h. coa actuación de danza a cargo do grupo Cero Cero 54, que ofreceron ao público a gran variedade de bailes tradicionais da Arxentina, comezando, cómo non, co tango e a milonga.

A continuación foi o turno de Bellón Maceiras Quinteto, grupo de Fene que xa ten publicados dous traballos. A súa música, folkfusión instrumental levou ao público da Arxentina a Galiza e daquí a Rusia.

E comezaron os rusos máis tarde do previsto nunha noite fría, pero conseguiron arrincar o maior interese e os meirandes aplausos de toda a noite. O grupo FOLK DANCE ENSEMBLE IRISTON orixinario de OSSETIA DO NORTE (Rusia) realizou uns bailes cheos de enerxía e de espectacularidade que fixeron as delicias do público.

O festival rematou aproximadamente ás dúas da madrugada.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: xa están en Youtube varios vídeos das Festas do Carme de Cabo de Cruz

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical