Así que xa saben: reserven datas entre o 16 e o 18 de xullo!
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Así que xa saben: reserven datas entre o 16 e o 18 de xullo!
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
O caso de Travolta é só un dos dez que poden ver en http://reflectionof.me/celebrities-that-got-fat
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
A Lei que propoñen os socialistas galegos obrigará a facer públicos os contratos de publicidade por parte das administracións públicas
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2010. O portavoz da Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage entregou hoxe no rexistro da cámara a Proposición de Lei de Publicidade Institucional de Galicia, a primeira iniciativa lexislativa do Grupo Socialista neste período de sesións. Esta iniciativa, explicou, nace co obxecto de “garantir a transparencia e boas prácticas na actividade publicitaria do conxunto das administracións públicas galegas.”
O PSdeG aposta por un texto innovador que introduce “garantías no período electoral, introducindo limitacións claras á realización de actos institucionais en época electoral”. Esta norma determinará tamén as limitacións e garantías en períodos electorais que afecten ao territorio da Comunidade Autónoma, prohibindo os actos publicitarios nos devanditos períodos, continuando coa liña marcada pola Lei 4/2006 de Transparencia e Boas Prácticas da Administración Pública Galega.
Lage Tuñas explica que “o texto legal obrigará ás administracións públicas a ser plenamente transparentes na contratación da publicidade electoral e no uso dos recursos públicos, co fin de evitar un uso partidario das institucións”. O parlamentario socialista sinala que esta norma “recolle expresamente as limitacións e prohibicións establecidas durante as campañas electorais de todos aqueles actos que supoñan a manifestación pública de presentacións, inauguracións e eventos similares”.
A iniciativa socialista, engade, incluirá por vez primeira a regulación das axudas da publicidade institucional aos medios de comunicación social “con criterios obxectivos e favorecendo a transparencia informativa” e “co obxectivo de erradicar prácticas opacas e discrecionais no manexo de fondos públicos”.
A lei proposta polo PSdeG establece tamén a obriga de remitir ao Parlamento cada catro meses a relación de contratos, axudas, subvencións e convenios. Finalmente, determina a constitución dunha Comisión de Publicidade Institucional que controle e fiscalice o uso dos recursos públicos neste sentido.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
"Creo que hai que traballar na liña da concienciación, por eso debemos voltar á difusión do noso traballo e á súa valorización. Hai que concienciar á xente do valor do seu Patrimonio para lograr que sexan eles os verdadeiros defensores deste. E se alguén cun detector ven ao xacemento e se pon a escañar o máis normal é que teña que dar explicacións á Garda Civil, que percorre a zona con frecuencia".
Toda a entrevista en http://certo.es/index.php?page=rafael_rodriguez_martinez
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Ribeira, 16 de xuño de 2010. Dentro do seu observatorio "Cidades polas fragas", a organización ecoloxista WWF, na súa sección de España, meteu á cidade de Ribeira xunto a outras 17 localidades galegas na súa lista vermella, ao considerar que non teñen os controis suficientes sobre o tipo de madeira que consumen. Segundo esta asociación ambientalista, son merecentes de estar neste listado as cidades con máis de 20.000 habitantes que aínda non desenvolveron instrumentos para evitar a entrada de produtos forestais de orixe insostíbel ou que non facilitaron información ao respecto a WWF.
O Observatorio Cidades polos Bosques, de WWF España, valorou as medidas que toman os gobernos das cidades de España con máis de 20.000 habitantes para evitar a compra de produtos forestais de orixe ilegal e dar prioridade a aqueles que proceden da xestión ambiental e socialmente responsable dos bosques.
WWF España incluíu a 18 cidades galegas na súa lista vermella: Ames, Arteixo, Cambre, Carballo, Culleredo, Ferrol, Lalín, Lugo, Marín, Monforte de Lemos, Narón, Ourense, Ponteareas, Pontevedra, Ribeira, Santiago de Compostela, Vigo e Vilagarcía de Arousa.
Esta organización non incluíu ningunha localidade galega na lista verde de cidades que contan cun programa de compra responsable de produtos forestais que controla a orixe sostíble de produtos e dá prioridade a aqueles certificados por un sistema certo como o FSC (Forest Stewardship Council ou Consello de Administración Forestal). Máis información en http://www.wwf.es/que_hacemos/bosques/nuestras_soluciones/gestion_forestal/
Só A Coruña e Oleiros están na lista ámbar de cidades que incorporan nas súas compras algún instrumento de control sobre a orixe da madeira, pero que resulta insuficiente.
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Unha sutil diferencia, titula Xurxo Ayán. Lean: http://neixon.blogspot.com/2010/06/unha-sutil-diferencia.html
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Desenvolvemento do exercicio
O desenvolvemento do exercicio terá lugar do seguinte xeito: ás 11 horas un responsable do centro educativo informará por teléfono ao 112 de que se está a producir un incendio nunha aula da primeira planta do edificio e de que proceden á súa evacuación. O 112 da aviso aos bombeiros comarcais, policías nacional e local, protección civil e Grumir para que se preparen para atender a suposta emerxencia. A policía local enviará unha patrulla ao lugar de aviso, onde acudirán tamén unha dotación de bombeiros, efectivos da policía nacional e un equipo de protección civil e Grumir cun camión motobomba e un vehículo dotado con medios de intervención e extinción en incendios urbanos.
Mentres tanto, no centro estarase a realizar o desaloxo polos cauces establecidos no plan de autoprotección, e levarase a cabo unha estrita vixilancia tanto da evacuación como da orixe da emerxencia. Unha vez rematado o desaloxo procederase ao reconto de alumnos no punto de reunión, e o responsable máximo da evacuación esperará a chegada dos medios de intervención externos para informar ao responsable destes da situación. No caso de que á chegada do equipo de intervención externa aínda non se rematase coa evacuación ou co reconto dos alumnos, este equipo colaborará na finalización destas tarefas.
A continuación, o equipo de intervención externa entrará no centro acompañado polo responsable do mesmo e revisarán o peche de portas e fiestras, así como o correcto desaloxo do edificio. Unha vez rematada o exercicio, valorarase o seu desenvolvemento con especial fincapé nos erros cometidos.
De todo o desenvolvemento do exercicio, así como da súa finalización, informarase puntualmente á Central de Emerxencias 112 a través de Protección Civil de Ribeira, telefonicamente ou por terminal remoto.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No acto exhibiuse un mural colectivo no que se podían apreciar imaxes dos hórreos máis sobresaíntes da Comunidade Autónoma e moi particularmente do municipio ribeirense. Ademais, media ducia de participantes no taller leron uns textos no que explicaban as orixes e funcións deste símbolo etnográfico de Galicia.
A concelleira de Educación de Ribeira felicitou ás mulleres que tomaron parte neste taller iniciado o pasado outubro e destacou a excelente labor desenvolvida polas seus alumnas. Estivo acompañada das tres integrantes do Voluntariado Social encargadas de impartir o curso: Cruz Rivadulla, María Gago e Antonia Vilas.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Non se deixen levar polo engado do título: http://certo.es/index.php?page=fala_te_quiero_o_osino_teddy
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia