3.1.11

Outes: Cen loureiros lembran ás vítimas do xenocidio franquista en Outes


Integrantes da asociación cultural "Terra de Outes" fan un descanso na prantación para a foto. Distinguimos co legón ao poeta Ramón Blanco.

Outes, 3 de xaneiro de 2011. A Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes na mañá do domingo 2 de xaneiro prantou 100 árbores de loureiro no xardín que rodea ao Monumento ás víctimas do franquismo da ría de Muros-Noia, que esta Asociación erguíu hai xa tres anos no lugar do Freixo (Outes), onde caera abatido polas balas falanxistas o deputado republicano Luis Barrena.


"Para darlle a dignidade que se merece a memoria de todas aquelas persoas que sacrificaron a súa vida non só para defender a legalidade republicana, senón tamén un mundo mellor e máis xusto, foi polo que se procedeu a construir un pasillo de loureiros en torno ao citado monumento", explicou Xoán X. Mariño, presidente da asociación cultural Terra de Outes.

Nos próximos meses vai ser pavimentado tamén este sendeiro de loureiros polos membros desta Asociación para que cando se cumpra o 75 aniversario do dramático acontecemento, a acto que alí se realice, se leve a cabo nun terreo adecentado, ao amparo destas nobres árbores, que noutrora serviron para coroar a heroes de guerra e hoxe son magníficos cortaventos en moitas partes de Galicia nas que aínda coidan hortas e pomares.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: a Consellería de Cultura da por rematada a restauración da Ponte de Traba

A Xunta rematou tamén actuacións nas pontes galegas de Pontedona, Marzá, Pontaleiras, Taboada e Vea.

Noia, 3 de xaneiro de 2011. Tras estar máis dun ano pechado ao tráfico, logo de continuos retrasos no comezo das obras e despois de meses de adiamentos na súa finalización, a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, da por concluída "as obras de posta en valor" da Ponte de Traba, en Noia, e doutras cinco pontes de Galicia co obxecto de reparar os danos orixinados pola acción de diversos axentes, como a auga, a vexetación, ou o propio paso do tempo. O chamado "Plan de restauración de pontes históricas 2010" incluíu accións en: Ponte de Pontedona (Coristanco), Ponte de Traba (Noia), Ponte Marzá (Curtis), Ponte de Pontaleiras (As Neves), Ponte Taboada (Lalín) e Ponte Vea (Teo).


Fendedura na ponte de Traba que houbo que arranxar

Para levar a cabo as obras de reparación e consolidación da Ponte de Traba, en Noia, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural destinou 285.000 euros. Estas intervencións eran necesarias para reparar o desplome dun dos tímpanos e a fendedura de separación da boquiña do arco 3, rehabilitar os pretís e outros tímpanos para evitar o seu progresivo deterioro. Asemade, tamén se realizou unha cimentación da oquedade na pila número 2, a pavimentación da calzada e unha limpeza dos muros.


Calzada actual

Calzada antes da actuación

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: cartel da Cabalgata de Reis 2010

Cortesía de Dani Gestoso (http://www.webboiro.com), que aproveita para desexarlles Feliz Ano 2011. Non deixen de pasar por http://www.webboiro.com para ver as últimas galerías de fotos deste fermoso concello e as posibilidades turísticas e de ocio que contén. Se é usuario de navegador gps no seu automóbil, nesta web pode atopar waypoints para eles. E moitas outras utilidades que Dani Gestoso, o seu incansable webmaster, recolle para dar a coñecer Boiro e facernos máis doada a estadía neste municipio de Barbanza.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: a segunda xornada do programa "Ceo das Letras" na Cidade da Cultura está adicado a Manuel Antonio

(Rianxo, 1900–1930). Ventos rebeldes, luces estantías, afogados inmortais, amigos fraternos, gaivotas anónimas, horizontes esculcados na procura da liberdade, a súa vila natal, veleiros empopados, son, na obra de Manuel Antonio, fareiro da nosa realidade, o sol que sempre volve á nosa terra.

12:00 | Relatorio: Xosé Luís Axeitos. Catedrático de Lingua e Literatura Castelá e Secretario da Real Academia Galega. Experto na obra de Manuel Antonio, ten publicado varios libros sobre a poética do visionario rianxeiro.

13:00 | Manuel Antonio e mais dispois (35’). A poeta performática María Lado acompañada polo xenial pianista Nacho Muñoz interpretan textos de Manuel Antonio que mostran a súa concepción radical da creación artística.

Hai que reservar praza, na páxina indicada.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este domingo 9 de xaneiro, 65 duros quilómetros na I Ruta de Bicicletas de Montaña de Nadal

Ribeira, 3 de xaneiro de 2011. O Concello ribeirense coorganiza, xunto ás peñas ciclistas Tahume e ÁcidoLáctico e á Asociación As Miñoteiras, a primeira Ruta de Bicicletas de Montaña de Nadal, que terá lugar este domingo día 9 de xaneiro. O edil municipal de Deportes Miguel Ángel Vidal, o presidente da peña Tahume, Manuel Tarrío, e o vicepresidente de ÁcidoLáctico, Lolo Paisal, foron encargados de presentar os detalles desta marcha con 65 quilómetros de esixente percorrido. 

A marcha, que ten carácter cicloturístico (non é unha competición) partirá do polideportivo de Coroso ás 9 horas e constará do seguinte percorrido: subida a San Alberto e Moldes, baixada a Lobeiras, subida ao Castelo de Burleu polos picotos ata a base Grallal e Esperoi, saída por Raña e subida a Monte Barbanza, baixada a San Isidro, Entrerríos e volta pola beira da autovía ata o polideportivo. Está previsto que a marcha finalice en torno ás 15 horas. 

50 prazas cunha cota de 10 euros

Hai 50 prazas convocadas e o prezo de inscrición é de 10 euros, que se efectuará  mediante un ingreso no número de conta 2091 0339 78 3000030804 (Caixa Galicia). O prazo para anotarse remata ás 12 horas do 7 de xaneiro, debendo realizarse nas oficinas da Concellería de Deportes. 

Todos os participantes deberán situarse por detrás dos vehículos ou compoñentes da organización, non podendo sobrepasalos en ningún caso, salvo nun tramo libre de 10 quilómetros delimitado na ruta. 

Haberá catro puntos de avituallamiento (con froita e barras enerxéticas por cortesía dun centro comercial da Centenaria) e un pincho-degustación ao rematar.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: a Cabalgata de Reis sae ás catro e media da tarde dende a Magdalena ata Escarabote

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical