A irmandade Secreta dos Devoradores de Libros é unha alternativa á cultura que as grandes fontes de poder fan mastigar ás masas. Non é unha corrente artística, non unha forma de expresar o eu interior que todos levamos. Tan só un medio onde canalizar as experiencias (literarias polo momento) que pasan polas nosas mans e que, polo escaso público, pola pouca difusión, ou pola consciente condea de certos estamentos, resulta complicado atopar referencias.2. A Irmandade Secreta dos Devoradores de Libros non ten un fin sectáreo ou relixioso, o seu obxectivo primeiro e último é o de imbuír dun sentimento cultural á sociedade de consumo, a cultura de lixo, ao pensamento único.Irmandade dos Devoradores de Libros
Como nos gustan estas sectas... Só pola invención do Cemiterio dos Libros Esquecidos xa paga a pena ler "A sombra do vento", de Zafón... E pola invención do Necronomicón, toda a obra de Lovecraft. E polo Libro de Area, toda a de Borges. En Mondoñedo intentárono co libro segredo de Cintolo, e non saiu...
Blogged with Flock